martes, 27 de febrero de 2007

Un asasino quérese converter en mártir.

Juan Ignacio de Juana Chaos, un asasino de ETA, un verdugo que foi quen de decidir sobre a vida dos demais, está en folga de fame.
Esta folga de fame é unha medida de presión para que sexa liberado da súa condea e así poder demostrar ó mundo abertzale que así pódese doblegar ó Estado.
Hai días os seus avogados grabaron un vídeo e realizaron unhas fotos (esta é unha delas) para demostrarlle ó mundo o ruín que é o Estado Español e como trata os presos de ETA.
Compre dicir que ata o de agora De Juana era alimentado por orde xudicial mediante unha sonda, pero hai uns días el mesmo arrincouna, para presionar máis todavía. E por eso polo que debe ser atado para poder cumprir a orde xudicial.
De Juana, baixo ningún concepto, debe ser liberado por motivos humanitarios, como se fai con otros presos. Esta situación foi provocada por el mesmo deliberadamente. Existen outros casos de liberacións pero de presos terminais ou moi graves de enfermedades non provocadas por eles mesmos.
O terrorista de ETA debe ser mantido, obligatoriamante, e empregando os métodos precisos con suero. Este desalmado o único que pretende é provocar a súa morte e converterse nun martir da esquerda nacionalista vasca. Por nada do mundo o Estado pode permitir que eso aconteza. De Juana debe cumprir a súa condea e logo ser liberado, pero este asasino non é quen de converterse nun mártir. Un asasino vil e cruel é sinxelamente eso un asasino.

3 comentarios:

Andrederabal dijo...

son un rapaz de 12 anos .non entendo moito disto ,pero atreveriame a decir que o asasino ise ,foi moi cruel coa suas visctimas.creo que se esta faendo un pouco o pobriño.por certo gustame moito o teu blogge.se queres pasar polo meu agradeceriacho .e:http://andrederabal.blogspot.com.espero que che guste

Andrederabal dijo...

achegueime ao teu blogge pot u comentario que habia en paula de boiro

Anónimo dijo...

eso é realmente o que é: un asasino, que fixo moito dano e non merece ningún tipo de miramento. despois de ser condeado e imputado de asasinato segue mantendo esa mirada altiva sen mostras de arrepentimento, polo cal ninguén deberiamos de sentir dor de ver a este home na situación na que está.
por outro lado, o sufrimento que lle pode acarrexar a folga de fame é completamente voluntario, co cal pode solucionalo no momento que desexe.
o outro sufrimento, o de cumprir unha condea polas súas víctimas, é algo polo que debe de pasar, e oxalá que o pase ata o final.