lunes, 19 de noviembre de 2007

Ogallá saias desta, amigo


Hoxe atragantouseme o almorzo. Ó pouco de chegar ó traballo deronme por teléfono unha terrible nova: Toño, o novo alcalde de Manzaneda, sofrera un derramo cerebral.

José Antonio Núñez Domínguez concorreu a estas eleccións como cabeza de lista do BNG e saiu elexido alcalde cos tres votos nacionalistas e os dous dos socialistas, con Herminio Cereijo á cabeza.

Onte, logo de vir dun incendio, atopouse mal (pensaron que era unha conxestión), pero ingresáronno no Hospital de Valdeorras, e logotrasladárono ó Complexo Hospitalario de Ourense.

Tiven a oportunidade de coñecer a José Antonio nestas eleccións e falamos varias ocasións despois da toma de posesión.

Teño que dicir que é unha persona con moitas ganas de traballar polo seu concello e con gans de mudar o tipo de política que viña facendo por Manzaneda. Tamén teño que dicir que foi o alcalde nacionalista que máis me gustou polo seu trato humano e amable.

José Antio, ogallá te recuperes, porque Manzaneda precisa de xente coma ti. Unha forte aperta.

A pregunta do millón



Por que en España está perseguido e penalizado, e nos escandalizamos cando alguén publica na portada dunha revista satírica unha viñeta sobre os Príncipes, e sen embargo non perseguimos, nin penalizamos nin tan sequera nos escandalizamos cando os ultras, os fascistas, os golpistas e toda esa clase de xente celebra que España houbese estado baixo o réxime dun golpista de ultradereita?
Esa é a pregunta do millón.
Espero que a partir de agora sexa moito máis difícil poder ver concentrada a esta xente sen que a Xustiza actúe.
Porque imaxino que según algúns partidos políticos están sempre prestos, raudos e veloces a escandalizarse polas concentracións que realizan os afíns ós terroristas bascos, tamén estarán prestos, raudos e veloces a escandalizarse e denunciarán as concenmtracións de estes nostálxicos das piores épocas na nosa historia.