viernes, 27 de febrero de 2009

Pachi Vázquez, o maricón

Que non, que non, que o titular non é meu. Que eu non lle chamo maricón a Pachi, porque creo que non o é. E aínda que o fose, non pasaba nada, que para min esto é algo moi respetable.

O de maricón é a última perla que lle soltou o político máis rastreiro que hai por estes lares, José Luis Baltar. Aínda que xa teño dúbidas de se é el o máis rastreiro ou o é o seu fillo. Agora volo explico.

Estes días o PP ourensano está levando a cabo unha política barriobaixeira chea de insultos, falsedades e descalificacións. O ideólogo de todo este lodazal é a cabeza ilustrada do PP provincial, o tan querido e tan admirado entre a militancia do Partido Popular ourensano, José Manuel Baltar.

Nestes últimos días levan feito de todo. Ven que as contas non lle saen logo da metedura de pata de colocar como cabeza de lista a un señor que defraudou a Facenda. Agora teñen que apandar con que os electores do PP teñen que votar unha papeleta que vai encabezada por un señor que xa tivo que renunciar ó seu posto.

Agora pídenlle ós seus siareiros que voten igual, pero cos ollos pechados e o nariz tapado.

Pero ó que ía. Estes días a dereita ourensana está sacando a relucir a súa faciana máis porca. Hoxe publican unha contraportada nun xornal coa cara dos candidatos do PSOE e do BNG dicindo que non fixeron nada pola provincia. Onte noutro xornal, neste caso madrileño, acusaban a Pachi Vázquez de non ter pagado unha licenza de obra. Ese mesmo día os do PP repartían pasquíns en Celanova dicindo que si volvía gañar a esquerda lle íamos quitar as casas e as fincas á xente. Esta pasada noite, funcionarios do Concello e membros da executiva local "popular" eran pillados in fraganti repartindo uns folletos nos que usurpaban os logotipos do PSOE e difamaban contra o meu partido. Ó mesmo tempo, no Concello da Teixeira, os "populares" colgaban uns anónimos insultando ós compañeiros do PSOE locais. E mentres todo esto era orquestado dende a sede do PP en Ourense, o líder, o gurú, a gran testa da dereita ourensana comezaba a escupir insultos conta Pachi Vázquez, o noso cabeza de lista e secretario provincial. Del dixo que era un "miserable e sinvergüenza" e  non o dubidou dúas veces e soltou que "Está obsesionado comigo e eu non son candidato, non me presento, nin sequera son muller porque entonces entendería que me tivera gañas, se ten obsesión por min teño que dicir que é maricón". 

E aínda quedan mulleres ou homosexuais que lle voten ó PP. De verdade, non o podo entender. Maltrátanos deste xeito, de palabra ou de obra e seguen sendo incondicionais deste energúmenos. NON O ENTENDO.


A miña primeira caricatura

Onte convidoume o xornal La Región a que escribise unhas cantas liñas para publicar nun apartado que ven sacando todos os días dende que comezou a campaña electoral. A min tocaríame pechar esta sección logo de quince días publicándose. O título é O diario de Eladio Osorio.

Nel relato un pouco o que é un día de campaña para min. Estou acostumado a sair nas fotos dos xornais, na televisión, a que falen de min e a escribir eu tamén, pero aínda nunca ningún medio tiña publicado unha caricatura miña. Esta é a miña primeira vez. E a verdade é que me fixo gracia (espero que nun futuro me sigan parecendo graciosas). Por eso deixovos aquí a caricatura e o texto que a acompañaba.


Dende que teño uso de razón estou de campaña permanente, porque creo nuns ideais e defendo uns principios socialistas, e iso para min non é ningún esforzo, é todo un luxo. É certo que nestes días todo é moito máis rápido, máis concentrado, máis estresante. Non paro de queixarme por isto, pero no fondo gústame. Gústame moito.


O que peor se leva de todo isto é ter que sacar tempo de onde non o hai, e ó final acábollo roubando a quen máis quero, a Belén. Ela é a persoa que me dá folgos todos os días, sobre todo aqueles máis críticos, cando as cousas non saen como un ten previsto. O mellor para min, sen dúbida, o día do mitin de Castro Caldelas. É unha inmensa satisfacción poder encontrarme cara a cara cos meus veciños, con aqueles que me viron medrar na vila caldelá.


Ó ser candidato e responsable de actos multiplícase a responsabilidade e case non queda tempo nin para una caña cos amigos. Estes días son os grandes esquecidos. Pero a cambio son moitas as horas que convivo con ducias e ducias de persoas que desinteresadamente veñen a ofrecer o seu tempo a cambio de nada, só para traballar nun proxecto que nos une, o PSOE.


Hai un par de cousas que non deixo de facer todos os días de campaña: administrar o meu blog e estar ó tanto da miña conta en facebook. Grazas a isto podo estar en contacto con moitos simpatizantes e votantes que me fan consultas e propostas.


Ó mellor acto do PSOE ourensano en moitos anos


No tema de organizar actos do PSOE en Ourense xa teño algúns quilómetros enriba. Con esto non quero presumir de nada, é sólo para dicir que gracias á experiencia podo xulgar cando as cousas non saen ben e cando saen case perfectas.

Onte foi un deses días nos que case se rozou a perfección. Teño tres actos do PSOE grabados na miña retina. O primeiro deles cando vin a Felipe González no Pavillón dos Remedios alá polo ano 82 (aínda estaba eu en EXB), quedei marcado. O segundo, foi tamén con Felipe, en Expourense nunha cea-mitin cando dixo que deixaba a política, quedei desilusionado. O terceiro foi onte, había anos nos que non vivía un mitin con eses ambientazo e esa entrega da xente. Nin cando ten estado Zapatero houbo ese clima.


Eu case sempre sei de antemán cando nos mítines imos encher ou pinchar. Onte, por diversos motivos que non vou a explicar, pensei que iamos andar xustiños. O sitio é unha tragadeira de xente. Colócanse sillas e non se dá cuberto o chan con elas. E ademáis Expourense é un lugar moi insulso. Ademais de todo esto a montaxe era moi austera e non había absolutamente nada de merchandaising.

Pero onte errei. Cheo total a rebentar. Centos, centos e centos de socialistas de pe polos pasillos e esquinas. Incluso tiveron que abrir un espacio a maiores nunha segunda planta para poder colocar máis xente. Pero o que máis me sorprendeu foi o emocionada que estaban os asistentes. Houbéseme gustado saber cantas veces se cortaba a Paco Pachi ou de la Vega cos aplausos, porque case non os deixaban de falar.

Algúns periodistas comentábanme que ver a miña cara durante o acto era un poema. A ver se me pasan algunha foto e xa a colgarei no blog.

Máis de catro mil persoas aplaudindo. Paco dando o mellor discurso que lle escoitei nunca. Pachi coma sempre, un verdadeiro crack, nunca me cansarei de decilo. E como guinda, María Teresa Fdez de la Vega despertando esas emocións que os/as socialistas levamos dentro.

Tardamos media hora en dar chegado a saliña de autoridades, falamos outra media hora e cando imos sair á rúa.....sorpresa......trescentas persoas esperaban fóra para poder saudar á vicepresidenta do goberno.

Tardarei en esquecer este día