viernes, 2 de marzo de 2007

Os matrimonios homosexuais e a moral do PP

Nestes días ven de debatirse no Congreso dos Deputados unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida por HazteOir.org e o Foro de la familia para derogar os matrimonios entre persoas do mesmo sexo e que só os matrimonios heterosexuais poidan adoptar cativos/as. Foi rechazada xa que votaron a favor PSOE, PNV, ERC, CC, IU, Grupo Mixto, dous diputados de CiU e unha drputada do PP, Celia Villalobos, o que provocou que o seu partido a multara. En contra posicionuse o PP e Unió Democrática de Catalunya, mentres varios deputados de CiU se abstiveron.

Podédesme crer, de verdade, que neste tema, como nalgúns outros, intento reflexionar e profundizar en todos os seus aspectos e facer un exercicio de empatía cara os que defenden cun fervor un tanto exacerbado que o matrimonio só debe ser entre dúas persoas de distinto sexo. Pero non logro entender o porque desta postura tan radical e tan pouco solidaria.
E o que menos entendo é esta postura tan radical e empapada de clericalismo rancio do Partido Popular. Tampouco entendo como algunha xente que comulga con este partido e que é homosexual non é capaz de alzar a súa voz contra tanta intolerancia. Respeto moito, no persoal, a Pepe Araujo, concelleiro do PP en Ourense, homosexual confeso, e unha das primeiras persoas en España que contraiu matrimonio coa nova Lei, pero non sei como é capaz de convivir co carnet do seu partido todos os días no seu bolsillo. (Aínda así quero enviarlle dende aquí a miña máis sincera noraboa polo seu matrimonio).

Hai xente que me di que eso debe ser así porque así o di Deus. Eu profeso o agnosticismo e polo tanto esta postura parece falta de toda razón, é unha postura apoiada na "sin razón", digamos que é unha posición fácil: O Cura na misa dí eso e polo tanto eu creo nela.

Outras personas defenden que non poden contraer matrimonio porque o diccionario di que o matrimonio é a unión do home e da muller concertada mediante determinados ritos ou formalidades legais e no catolicismo, é o sacramento polo cal o home e a se ligan perpetuamente con arranxo ás prescripcións da Igrexa. Pero, imos a ver, o diccionario está para cambialo. No diccionario cambiase o significado das palabras segundo o uso que lle deamos a poboación as mesmas. Entón, ¿non sería solidario e de igualdade que lle brindásemos o oportunidade de usar unha mesma palabra os homosexuais?. Porque non é máis ca eso unha palabra.
Outra xente dí que o do matrimonio vale, pero o da adopción de ningunha maneira, que eso é moi perxudicial e contraproducente para os/as cativos/as. Pero, ¿non é máis contraproducente ver a un pai e una nai que non se queren, que berra, ou pelexan?. Por cada informe que sae a luz pública defendendo que non é bó este tipo de adopcións, outro defende o contarrio.

Hai algúns que din que este tema non pode estar ben, xa que noutro países esto non se fai. É certo somos o terceiro país do mundo en que os matrimonios enter persoas do mesmo sexo está permitido. Para unha vez que imos en algo por diante, hai xente que reprocha este progresimo.

De verdade penso neste tema case todos os días e non atopo nin unha sóa razón para non defender que dúas persoas que se aman, queren e desexan poidan convivir sin ser encarcelados, perseguidos, insultados, mirados de reollo ou criticados polos demais.

Deixemos que cada quen elixa o seu destino, e non nós convirtamos nuns dictadores e donos do benestar dos demais.

P.D.: Por certo, acepto moi gustosamente razóns de peso en contra de todo o aquí exposto, para ver si tan confundido estou neste tema.