viernes, 22 de mayo de 2009

Faleceu María Amelia

Deixounos María Amelia ós 97 anos. Para os que non a coñeciades, esta muller era un chorro de vida, unha socialista convencida que administraba, coa axuda do seu neto, un blog que era unha marabilla. Case todos os días nos facía rir co seu xeito de contarnos as súas experiencias.

Onte foise un pedaciño se internet, e sabendo como era de ácida a veces, seguro que se foi moi a disgusto por non poderlle votar ó PSOE nas vindeiras eleccións.

Así era María Amelia.


jueves, 21 de mayo de 2009

Este partido xógase en Europa



Hoxe ás doce da noite comeza a campaña electoral para elexir o Parlamento Europeo. Non dá igual a quen votar, nin dá igual quedar na casa. Co teu voto podes decidir que é o que queres para Europa, para os teus e para ti.

Os do vídeo votarán todos á dereita, eso é seguro. Ti podes elexir se esta é a Europa que queres o si prefires unha Europa máis social, que estea máis preto das persoas.

Só ti o podes cambiar.




Foro La Región con Leire Pajín



Aquí vos deixo un estracto da conferencia a que asisitín o pasado día 20 onde Leire Pajín disertou entre outras moitas cousas da importancia de Europa e das políticas globais, sin deixar de adicarlle un bo rato a temas moi candentes como son os casos de corrupción do PP, o aborto ou as novas medidas postas en mrcha polo goberno para dinamizar a economía.

Pero ó mellor tivo lugar ó remate. Unha boa charla ata preto da unha da madrugada nun restaurante de Ourense e cunha excelente cea. Alí compartimos mantel ela e dez persoas máis onde falamos e tamén discutimos moito sobre temas de máxima actualidade.

Coma sempre, un enorme placer poder compartir e intercambiar opinións cunha muller que é unha das mentes máis lúcidas do socialismo español.


martes, 19 de mayo de 2009

Este partido xógase en Europa

Hoxe martes ás 20:00 horas no Centro Cultural Deputación de Ourense terá lugar unha conferencia de Leire Pajín enmarcada dentro do Foro La Región e presentado polo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez.

A conferencia versará sobre a importancia das vindeiras Eleccións ó Parlamento Europeo. Se vos animades, vémonos por alí.

 

miércoles, 13 de mayo de 2009

Adeus





Non sei a vós se vos pasa eso de ter unha canción especial na vosa vida. Unha canción que vos recorde situacións alegres, momentos felices, boas compañías, etc...

A miña canción sen dúbida ningunha é "Chica de Ayer" de Nacha Pop co gran Antonio Vega.

Antonio Vega finou onte, logo dunha vida bastante "movida". Aquí vos deixo esta gran versión coa Orquesta de RTVE da canción da miña vida.

Vai por ti Antonio Vega.

viernes, 8 de mayo de 2009

A promesa de Patxi López




Patxi López xa é lehendakari. O primeiro lehendaki que non pertence ó PNV, esto en sí é un feito histórico. Algúns analistas comentaban hai uns días que este era o último paso da transición en España. Eu non comparto en absoluto estas palabras. A transición en Euskadi está feita dende hai moitos anos. Non por estar o mesmo partido gobernando case trinta anos quere dicir que non se teña feito a transición política, porque senón o mesmo pasaría en Andalucía, Extremadura, Castela-León ou Castela-A Mancha. E ahí está en Alemania o Estado de Bavaria gobernado sempre pola dereita.

Ó que eu me refería é que é un feito histórico que haxa un cambio de goberno, igual que o será o día que se produza un cambio noutras comunidades que sempre estiveron gobernadas polo mesmo partido político.

Nótase que se van a producir cambios no fondo e na forma. O primeiro exemplo de cambio das formas é o de non xurar, senón prometer e o de facelo ante o Estatuto e non ante a Biblia e o Crucifixio.

Estes actos soen ser bastante rimbombantes, pero aínda así Patxi López mudou a fórmula de prometer o seu novo cargo por un modelo menos pomposo. Aquí o podedes ver:

A PROMESA DE PATXI LÓPEZ 

«De pie en tierra vasca, bajo el árbol de Gernika, ante vosotros, representantes de la ciudadanía vasca, en recuerdo de los antepasados, prometo desde el respeto a la ley desempeñar fielmente mi cargo de lehendakari».
O TEXTO TRADICIONAL DENDE JOSÉ ANTONIO AGUIRRE 

«Ante Dios humillado, en pie sobre la tierra vasca, con el recuerdo de los antepasados, bajo el roble de Vizcaya, juro cumplir fielmente mi mandato».

jueves, 7 de mayo de 2009

Núñez Feijóo o Pierre No Doy Una


A Núñez Feijóo non paran de medrarlle os ananos. Parece aquel personaxe de debuxos animados dos Autos Tolos, Pierre no doy una. 

Primero nomea cabeza de lista por Ourense a Luis Carrera Pásaro e resulta que o candidato evade capital ó paraiso fiscal de Illas Caimán, como xa dixemos aquí no seu día nesta entrada e nesta outra. Nesta ocasión Baltar quedou moi satisfeito porque como era sabido por todos, esta era unha aposta persoal do lider do PP galego e en contra de Baltar. Este último tomou tal decisión como unha afrenta.

Hai uns día descúbrese que Agustín Hernández o novo Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio (tamán unha aposta persoal de Feijóo) certificou en calidade de Director de Infraestructuras da Deputación de Pontevedracomo rematadas unhas obras inacabadas pendientes de realización en Salvaterra do Miño. Unha ilegalidade que Hernández ve como "unha práctica habitual".

E agora e logo de nomear a Rogelio Martínez como novo superdelegado da Xunta de Galicia en Ourense faise público que este será investigado por estafa e malversación xa que parece ser que validou obras sin executar para cobrar axudas, tal e como se fai eco o xornal "El País".

Mentras esto acontece Baltar está que dá saltos de alegría, porque aínda que Martínez foi durante moitos anos o seu vicepresidente na Deputación, é o home máis temido por Baltar xa que representa o sector contario ó del dentro do Partido Popular. Boinas e birretes como eles se denominan entre sí volven a sacarse os trapos sucios entre sí.


Baltar contento segue a tocar o trombón alá onde vai e segue a poñer dossieres a disposición dos medios para ir lapidando a todo canto lle intenta facer sombra no PP ourensano.