
Esta fin de semana celebráronse dous comicios moi importantes e interesantes en Europa. Uns de índole estatal, e outros de carácter rexional (por chamarlle dalgunha maneira, ó que eles lle chaman Land). Estou a falar de Austria e de Baviera (Alemania).
Vou comezar por estes últimos. Os resultados foron CSU/CDU (socialcristianos) 88, SPD (sodialdemócratas) 38, Verdes 18, FDP (liberais) 15, FW (dereita) 21 e La Izquierda (socialistas/comunistas) 0.
A simple vista obsérvase unha victoria aplastante dos socios de Angela Merkel, pero as veces as cousas enganan. Estes son os peores resultados da dereita moderada neste gran Estado. Había 50 anos que en Munich gobernaba a CSU con maioría absoluta.
Este gran Estado, un dos máis ricos de Europa, sempre foi un símbolo para a dereita a nivel mundial. Daba igual quen gobernara Alemania, cales foran as tendencias en Europa e en todo Mundo. Baviera, sempre era leal á CSU dándolle unha vez si, e outra tamén maiorías absolutas.
Analizando os resultados, séguese a ver que a dereita é hexemónica, porque ademais os Liberais e os Conservadores obtiveron 15 e 21 escanos, respectivamente. Pero algo está a cambiar en Alemania.
O CSU terá que pactar con alguén. Agora está por ver se será cos socialdemócrtas (SPD) socios do goberno da Nación, ou se o faran con conservadores ou liberais. Por certo este partido conservador ten uns tintes moi ecoloxistas, algo inédito na política do noso País.

A cousa en Austria foi ben distinta, e moi preocupante. Ata agora á fronte do goberno había unha gran coalición de socialdemócratas e populares comandados pola SPO (centro-esquerda). Estes dous partidos levaron un gran batacazo perdendo a SPÖ 10 escanos e a ÖVP 16. Os Veredes cairon 2 e os independentes outros 2. Os grandes beneficiados foron os dous partidos de ultradereita, a BZÖ e a FPÖ que gañaron 14 e 16 escanos, respectivamente.
Se estas dúas últimas forzas (que se levan a matar) foran coaligadas quedarían en primeiro lugar empatadas con socialdemócratas. Se Hayder remexeu as conciencias de Europa hai uns anos, estes datos son para preocuparse moito máis.
E sobre todo se se analiza de onde veñen moitos dos votos da extrema-dereita. Estes proceden, nunha gran parte, de barrios de clase obreira, tradicionalmente votantes de esquerda e que estaban descontentos coa gran coalición de esquerda e dereita ( que por certo, posiblemente de reedite).
Uns datos moi preocupantes , aínda que serían máis se a dereita acaba pactando coa ultra-dereita como xa tiñan feito hai anos nalgún Land (rexión).