miércoles, 11 de abril de 2007

Actos, actos e máis actos

Estes días dende a organización do PSdeG-PSOE non paramos. Xa case parecemos un circo ambulante. A miña xornada laboral comeza as 8:30 da mañá e moitas veces cando chego á casa xa é o día seguinte. Reunións, actos, conferencias,charlas, etc... Todo o día colgado o teléfono, chamadas, mensaxes, etc. Non vos digo canto me ven de factura do móbil porque vos podería asustar. Dende logo se ata o de agora esto era moi estresante, a partir de agora xa non ten nome.

Despois de semana santa xa estamos a tope. Esta semana comida da candidatura de Castro Caldelas, acto de homenaxe a Manuel Suárez (alcalde socialista de Ourense na República), acto de presentación en Verín con Ricardo Varela, homenaxe a Celso Montero con Alfonso Sobrado Palomares (que fora xefe de gabinete de Felipe González), acto de presentación dacandidatura de Ourense con Pepe Blanco, acto de presentación de Cortegada, acto de presentación de Piñor, e ufffff non paramos. Agora todavía quedan presentar as candidaturas na Xunta Electoral, a campaña, a constitución dos concellos, as reclamacións, e traballo e traballo sen parar ata agosto.


Espero ter algo de tempo para poder escribir, pero a verdade é que cada vez teño menos.