jueves, 21 de febrero de 2008

Nace a Blogosfera Progresista

Eramos moitas e moitos os que levavamos esperando esto dende había moito tempo, e agora xa, por fin, acaba de ser creada a Blogosfera Progresista a que o meu blog e eu temos a honra de pertencer.
Este será un punto de encontro de todos e todas aquelas que dende un punto de vista progresista e de esquerda trmos o "vicio" de escribir cando podemos nos nosos blogs.
Convídovos a que lle botedes un vistazo.

O PP esquécese da man dura

Imaxino que a estas alturas todas e todos coñeceredes o eslogan do PP para esta campaña: "Con cabeza e corazón".
Resulta que este lema é un plaxio do do Partido Patriota de Guatemala. Só que os do PP esquecéronse da terceira parte da mensaxe, xa que o orixinal dí: Con cabeza, corazón e man dura.
Por certo, como curiosidade comentarvos que o Partido Patriota de Guatemala, que compartía asesor con Mariano rajoy, perdeu as eleccións

Felipe González coloca o cartel de non hai billetes en Vigo


Felipe González colocou o cartel de non hai billetes no pavillón de As Travesas. Arredor de 6.000 persoas asistiron ao mitin de Vigo e tiveron a oportunidade de escoitar a un dos referentes do socialismo español nas últimas décadas. Foi un acto cargado de elementos simbólicos. Un mitin con moita ideoloxía e ningunha promesa electoral, un mitin entre pancartas, humor e berros de apoio a Felipe.

González pediu para o 9-M "una amplia victoria, porque hay que enseñarles a perder, para modernizar a la derecha". O ex Presidente do goberno engadiu: "el PP cuestiona al Banco de España, al INE, al CIS, al Tribunal Constitucional, ¿sabeis por qué? Porque no saben perder y el que no sabe perder en democracia, no sabe ganar. Tienen que perder y por mucho".

Felipe González criticou a Rajoy e ao PP “cualquiera de esos trabajadores culturales trabajan más que Rajoy en los ocho años que estuvo en el gobierno, si el lleva 25 años con el canon de registrador de la propiedad. Si no les cabe Gallardón en la lista, si hasta Fraga está preocupado de que se vayan tanto a la derecha, si sólo saben de la política de Doña Cuaresma con bigote o sin bigote”.

O ex Presidente do goberno avaliou a política antiterrorista de Zapatero: “hoy hay más detenciones que nunca, más cooperación con Francia que nunca, más eficacia que nunca”. Tamén eloxiou a política económica. Referiuse ao Ministro de Economía como San Pedro Solbes e dixo que estaba canso de oír tantas parvadas e concluíu que “Zapatero hasta tiene la culpa de que la banca española no tenga los problemas que el resto de la banca mundial”.

Por último, referíndose en xeral á política española dos últimos anos asegurou que “os últimos 25 anos son os mellores da historia de España nos últimos tres séculos”.

Ante un pavillón de As Travesas ateigado de xente, González recordou “no olvidéis nunca que sois un pueblo de emigrantes, cuando os hablen de contratos de costumbres. No puede ir a París a copiar el contrato de Sarcozy y no a copiar el resto de las costumbres del Presidente francés, no se puede ser un líder tan inconsistente y frívolo como Rajoy”.
Nova extraída da web do PSdeG-PSOE