
Esta foi unha fin de semana de neves en case toda Galicia. Tamén chegaron ata Castro Caldelas, e en boa cantidade.
O venres pola tarde-noite tiven que ir a Santiago de Compostela e no alto de Santo Domingo xa se anunciaba unha fin de semana blanca. Asistín ó primeiro Comité Nacional do PSdeG-PSOE dende que se renovou tras o 11 Congreso Nacional e alá deuse o pistoletazo de saída para elexir ó noso candidato á Presidencia da Xunta de Galicia. Tamén se elexiron ás sete persoas que formarán o Comité Nacional de Listas, e tiven o enorme pracer de ser un dos elexidospor aclamación polos/as compañeiros/as membros do Comité Nacional Galego, todo un orgullo.
Pero coma vos dicía, o sábado tivemos algunhas dificultades para subir ata Castro Caldelas por mor da neve. Tivemos que facer dous intentos, pero ó final chegamos para comer. O máis difícil foi pasar á media tarde cara a Torbeo xa que polas estradas secundarias non pasara o quitaneves e estaba todo o camiño con medio palmo de neve.
De todos os xeitos foi unha fin de semana completiña e pra disfrutar das primeiras nevadas