lunes, 23 de junio de 2008

O fútbol

Eu non son moi futboleiro, pero cando hai un bo motivo si que me gusta ver os partidos. Onte era un destes díase fómonos o Cadomoki, un gran café cunha pantalle de máis de 12 metros cadrados. Un lugar perfecto para ver a selección.
A imaxe creo que define á perfección o que aconteceu onte pola noite. Bares ateigados e a xente vibrando cun partido precioso contra o noso particular oso: Italia.
O noso carón estaban vendo o partido un par de italianos e un polaco (que ía de Italia) que quedaron cunha cariña de circunstancias que había que velos. O resto das máis de persoas que enchíamos o local vibramos con España, e sobre todo con Casillas.
A foto é do último penalti.

Rali de Ourense

Toda a vida fun un gran amante dos Rallyes e teño feito moitos quilómetros para ver probas do nacional e do mundial. Co paso dos anos parece que se desinfla esta afección, pero este ano volvemonos a xuntar Pedro, Ricardo de Sas, Juan Luis e máis eu para ir a ver o mítico Cañón do Sil, o mellor tramo de todo o nacional.
E mirade o que aconteceu diante dos nosos ollos. Levamos todos un medo impresionante xa que o coche quedou totalmente colgado dun valado de maís de 20 metros en vertical. Se caen abaixo non quero nin pensar en que houbese pasado.
E pensar que non hai moitos anos poñíamonos todos a ver a proba onde se saiu o coche. Menuda cabeciña tiñamos. Hai que dicir que o Rali de Ourense cad ano gaña máis en seguridade.
O vídeo é de Spyneer7

100 anos de Salvador Allende

"La Historia es nuestra, y la hacen los pueblos. Estas son mis últimas palabras y tengo la certeza de que mi sacrificio no será en vano. Tengo la certeza de que, por lo menos, será una lección moral que castigará la felonía, la cobardía y la traición". Así remata o derradeiro discurso radiado de Salvador Allende antes de morrer.Con el despediuse de Chile, o país que presidiu entre 1970 e 1973. As súas palabras non tiñan amargura, senón decepción. Nese intre, unha bomba estourou no Pazo da Moeda, semidestruído polo fogo da aviación e os tanques.
Salvador Allende foi un presidente popular que incomodaba ós poderosos. Un home que abanderou unha xeración na que política e utopía ían da man, que soñou con que a fusión entre socialismo e democracia podían facerse realidade. Un home que gobernou baixo a premisa de respaldar ós desfavorecidos, pero que soubo estar por riba da súa condición de revolucionario. Tralo seu finamento representou ó Chile reprimido durante 17 anos de dictadura. Se con Pinochet se impuxo a amnesia e o olvido como dispositivo de supervivencia, hoxe a figura do presidente mártir merece unha nova revisión.
Allende, que cumpriría cen anos o vindeiro 26 de xuño, foi investido presidente de Chile o 24 de outubro de 1970. Antes licenciarase en mediciña, fundara o Partido Socialista de Valparaíso e foi ministro e senador.
Extracto do artigo publicado por Jesús Centeno en Público o 23 de xuño de 2008.