Mostrando entradas con la etiqueta España. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta España. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de abril de 2009

Cambios ministeriais


Estes días estábase a especular sobre os posibles cambios ministeriais. Era un segredo a voces que Zapatero ía adiantar esta remodelacion de goberno para antes das Eleccións Europeas, pero as filtracións que se produciron estando el en Turquía fixerono volver a España antes do previsto para facer público os novo cambio.

O denominador común deste cambio é que se foma un goberno con moitísimo peso político.Salgado cambia de ministerio. Entran Chaves, Blanco e Jiménez, tres pata negra do PSOE. Tamén entran Gabilondo e González-Sinde. Saen Solbes (que o pedía a berros), Magdalena Álvarez (que non era moi afortunada coas súas intervencións), Garmedia, Soria e Molina (estes tres de moi baixo perfil político.

Zapatero acomete un cambio de ministros-xestores a ministros-políticos. Algo co que eu estou moi de acordo e que é o que veño repetindo dentro do PSOE a nivel galego sobre os males de algúns nomeamentos que se fan dende o noso partido. Persoas que xestionan ben pero que non saben aplicar criterios políticos. E en política estase para facer política.

Non son eu moi dado a ver as cousas eb clave territorial, pero Galicia segue a ter un peso moi grande neste executivo. Salgado será a número tres do goberno. Blanco ministro dunha das carteiras máis importantes. Espinosa titular do superministerio dos "tres medios", e Caamaño á fronte da súa recén estreada carteira de Xustiza.

Gústanme os cambios.



miércoles, 29 de octubre de 2008

Non se rompeu España, rompeuse o PP (e o que queda)

Lembrades cando Rajoy facía de pitonisa e repetía aquelo de "España se rompe" ata a saciedade. España rompíase por Galica, por Navarra, por Euskadi, por Cataluña... Ía quedar feita un andraxo e non a ía recoñecer ninguén. Había algúns que se adicaban a facer de altofalantes de Rajoy e non deixaban de saturarnos con aquelo da "Balcanización de España".

Pois coma sempre, o tempo pon a cada quen no seu lugar, resulta que España non se rompía, e non se rompeu. 

Eso si, o que se está a romper e o PP. O primeiro capítulo estase a escribir en Navarra. Xa non ten volta atrás. O PP liquida a alianza que tiña con UPN dende fai 17 anos.

Pero este non é o último paso. Xa veredes o que vai acontecer en Galicia logo das Eleccións Autonómicas, e máis concretamente na miña provincia, Ourense. Baltar quere despedirse da política con traca final, e acordádevos do que digo, antes dun ano hai refundación de aquel partido que aínda conservan no conxelador: centristas de Galicia. 

Só falta saber se se porá el á fronte ó principio ou deixará ó principiño que o comande.

Coma sempre, o tempo dirá...

viernes, 11 de julio de 2008

Sinto vergoña

Imaxino que a estas alturas xa todos/as estaredes enterados/as do último drama que acaba de acontecer no Estreito de Xibraltar. Antonte á noite arribaban ás costas almerienses 33 persoas a bordo dunha embarcación de salvamento marítimo. Había poucvo que foran rescatados dunha patera co motor avariado.
Pero o pior non foron esas 33 persoas que chegaron exhaustas e en estado de shock. O pior eran os seis adultos e nove bebés que tiveron que tirar pola borda, logo de morrer, nos seis días que andiveron á deriva.
Esta gravísima traxedia sumase á de hai uns días en Granada onde morreron 14 persoas logo de emborcar unha zódiac no rescate.
E cantos quedarán polo camiño sen que ninguén saibamos nada, porque morreron sós en alta mar sen ningún testigo.
Eu sínto vergoña, síntome culpable, síntome responsable, síntome cómplice de toda esta traxedia. Creo que xa non só a "clase" política, senón toda a sociedade deberiamos facer exame de conciencia. Porque está claro que algo estamos facendo moi mal cando permitimos que estas cousas ocorran.
Ninguén se embarca nunha patera, e menos cos seus cativos, xogándose a vida logo de facer unha travesía a pé de varios anos cruzando África, por vicio ou pracer.
Nós somos culpables de non axudar a eses países. E aínda hai quen protesta por invertir parte dos nosos cartos en Axuda ó Desenvolvemento.
Creo que máis palabras sobran.... Só invitarvos se queredes colaborar a que vos unades a unha ONG que está a traballar moito polo desenvolvemento sostible nalgúns países que pasan moitas necesidades: Solidaridad Internacional, e da súa irmán galega Solidaridade Internacional (con oficiña e tenda en Ourense).

lunes, 23 de junio de 2008

O fútbol

Eu non son moi futboleiro, pero cando hai un bo motivo si que me gusta ver os partidos. Onte era un destes díase fómonos o Cadomoki, un gran café cunha pantalle de máis de 12 metros cadrados. Un lugar perfecto para ver a selección.
A imaxe creo que define á perfección o que aconteceu onte pola noite. Bares ateigados e a xente vibrando cun partido precioso contra o noso particular oso: Italia.
O noso carón estaban vendo o partido un par de italianos e un polaco (que ía de Italia) que quedaron cunha cariña de circunstancias que había que velos. O resto das máis de persoas que enchíamos o local vibramos con España, e sobre todo con Casillas.
A foto é do último penalti.

lunes, 15 de octubre de 2007

¿Por qué vou a ter que condenar eu o franquismo? Mayor Oreja dixit



Este domingo La Voz de Galicia publicaba unha entrevista dunha páxina a Mayor Oreja, ex-ministro de interior e vicepresidente do Grupo Popular no Parlamento Europeo. Nesta noticia hai dous titulares que son demoledores. O primeiro deles í que "Zapatero fixo unha unión temporal de empresas con ETA". E o outro pregúntase que "¿Por que vou a ter que condenar eu o franquismo?".

Dende logo cada día que pasa eu sorpréndome máis con esta dereita española, centrista, democrática e de talante dialogante. Pero, imos a ver, está claro que día tras día e comentario tras comentario, estamos asistindo á aniquilación da centro-dereita española por un grupo de nostálxicos e fastizoides que controlan o PP.

Haberá quen diga, ¿e a ti que che importa se non eres do PP?, pero sí me importa esta a suceder o pior que pode pasar nunha democracia, que un grupo maioritario coma o PP se deixe arrastrar ó terreo da extrema dereita máis rancia.

Polo ben de todos/as, señores do PP poñan algo de cabeciña no que fan e no que din que parece que nos queren devolver ás épocas en que D. Manuel era ministro.

jueves, 11 de octubre de 2007

Mariano I, El Sucesor



Hoxe Mariano I, El Sucesor sorprendeunos a todos/as cun vídeo no que fai un chamamento ó patriotismo, a que o día 12 todos/as nos envolvamos na nobre insignia española que nos representa alén dos mares.


Mariano I o que fóra nombrado sucesor por obra e gracia de José Mari, el Grande está entrando nunha grave crise de identidade. Ou é que se cre o monarca de España, Mariano I, ou ben se nos acaba de pasar ó bando republicano e pretende facer de Xefe de Estado, Mariano I, el Republicano.


Pero este señor, non se deu conta de que o único que é, é o eterno sucesor, o xefe da oposición. Preséntanos un vídeo no que fai un chamamento ó patriotismo. Parece que o PP segue a querer levantar esa pantasma de que os radicais, os nacionalistas, os comunistas, os socialistas, e outras malas alimañas pretenden romper España e aquí esta o PP e Mariano I, el Sucesor para salvarnos a todos/as.


O vídeo non ten desperdicio, podédelo ver aquí. Fixádevos nos ollos de cenenos que pon, da medo mirarlle ós ollos. De todos os xeitos aquí vos deixo o texto da locución para que xulguedes.


Pasado mañana, doce de octubre, los españoles celebramos nuestra fiesta nacional. Mi deseo es que este año, por razones que todo el mundo conoce, los españoles celebremos de manera especial esta fiesta.Porque somos una nación y queremos celebrarlo y dejar constancia de que nos alegramos.Por eso vamos a honrar y a exhibir el símbolo que, con la Corona, mejor nos representa en todo el mundo:- La bandera que aprobamos en 1978.- La que exhiben nuestros deportistas con orgullo.- La que cubre el féretro de nuestros soldados.- La que saludan con respeto todos los jefes de Estado que nos visitan.- El símbolo de España.- El símbolo de la nación libre y democrática que formamos más de cuarenta millones de españoles.- La bandera de todos, porque en ella estamos todos representados.Yo estoy orgulloso de ser español. Sé que los españoles también lo están. Por eso, pido a todos que, por encima de cualquier diferencia ideológica, el doce de octubre lo manifiesten con franqueza. Y que hagan algún gesto que muestre lo que guardan en su corazón.En casa o en la calle, de forma individual o con la familia y amigos.Para que todo el mundo sepa lo que los españoles sentimos por España.Y que sabemos proclamarlo sin aspavientos pero con orgullo y con la cabeza bien alta. Y yo me adelanto ya y digo a todos los españoles: ¡Feliz día de la nación española! ¡Feliz fiesta nacional!


Eu para rendirlle honores á enseña nacional o próximo día 12 vouno a celebrar na casa, para elo eu, a miña moza e máis as dúas nosas gatas imos a facer un gran desfile conmemorativo da Festa Nacional. Xa merquei unhas ducias de metros de bandeira nacional, ímonos envolver todos nela e coas gatas faremos un desfile que partirá do salón para continuar polo pasillo ata rematar na nosa habitación, facendo parada fronte ó baño onde colocaremos unha peana co retrato da familia real ó completo.


¡¡ Arriba España!!

miércoles, 13 de junio de 2007

Gracias pola democracia

Hoxe, día 15 de xuño, cúmprense 30 anos das primeiras eleccións democráticas en España. Dende este pequeno portelo só quero darlle as gracias a todas e todos aqueles que fixeron posible que hoxe vivamos nun país libre.
A algúns de nós podenos parecer moi lonxana esta época, sobre todo os de menor idade, pero hai que recordar que hai só tres décadas en España estabamos sometidos a unha dictadura.
Temos ante nós un dos maiores dereitos dos cidadáns que é o de elexir a aquelas persoas que queremos que nos gobernen. Noutros países non teñen este dereito, e algúns de nós ou os nosos país ou avós tiveron que soportar longos anos nos que outros decidían por eles.
Por eso hoxe dende aquí quero facer un chamamento para que non desaproveitemos esta oportunidade que nos dá a democracia e que é poder elexir os nosos representantes políticos. Así que quero animarvos a que cada vez que teñades oportunidade votedes para poder expresar cal é o voso sentir.

viernes, 23 de marzo de 2007

Esto empezame a dar medo


Onte o presidente do grupo PRISA, Jesús de Polanco fixo unhas valoracións sobre a situación da política no noso país e manifestou que é moi difícil estar de acordo coa acción política dalgúns partidos, especialmente nuns momentos nos que hai quen desexa volver á guerra civil e considerou que se a dereita española recupera o poder, van a vir cunhas ansias de revancha que lle dan moito medo. Tamén afirmou que é moi difícil ser neutral cando unha das partes considera que todo vale con tal de recuperar o poder.

Polanco expresou ademais o seu desexo de que en España existise un partido de dereitas, moderno, laico, con gañas de manter o que hai que manter e de cambiar o que hai que cambiar. Na súa opinión, a dereita española mantén nestes momentos unhas posicións que a alonxan notablemente deste perfil de conservadurismo moderado. Puxo como exemplo desa actitude radical da dereita o apoio a manifestacións como a do outro día, que é franquismo puro e duro.

Eu comparto, practicamente, todo o que dixo. Posiblemente houbese suprimido a referencia á guerra civil. Pero no fondo comparto estas afirmacións, ó igual que as comparte outra moita xente.

Pois hoxe o Partido Popular, por medio do secretario de Comunicación, Gabriel Elorriaga fixo público o seguinte comunicado:

"Ante las intolerables declaraciones del Presidente del Grupo Prisa, Jesús Polanco, contra el Partido Popular al que imputa comportamientos, actuaciones e intenciones abiertamente antidemocráticos, manifestamos que: Dichas declaraciones van mucho más allá del legítimo posicionamiento editorial y de la crítica ideológica.
Las declaraciones ponen en evidencia el profundo sectarismo de Jesús Polanco, desvanecen cualquier pretensión de imparcialidad del Grupo Prisa y comprometen la capacidad de cualquiera de los medios que lo integran de informar de manera veraz y objetiva.
Las declaraciones suponen además una agresión injustificada contra millones de españoles que se ven reflejados en los valores de libertad y democracia que representa y defiende el Partido Popular.
Comunicamos a todos los ciudadanos, y de manera especial a los accionistas, anunciantes y clientes de ese grupo de comunicación que, desde este momento y mientras el Sr. Polanco no rectifique pública e inequívocamente sus lamentables declaraciones, el Partido Popular dejará de atender todas las convocatorias de entrevistas, tertulias y programas del Grupo Prisa y demás empresas controladas por Jesús Polanco".

Non lles chega con controlar a práctica totalidade de medios nacionais e varios rexionais ou provinciais, senón que os queren controlar absolutamente todos. Así o que se salia da súa liña será marcado e repudiado para que se veña a ben. Esto a min recordame a este país e a outras épocas. Incluso chega a facer un aviso a accionistas, anunciantes e clientes para que dalgunha maneira fagan presión ó presidente do grupo PRISA.

Creo que chegamos a un punto no que nós debemos de mobilizar e reaccinar ante esta cadea de sinsentidos que está a levar a cabo a dereita deste país, unha dereita que se escora máis e máis a súa diestra.

Acabamos de dar un paso máis hacia un mundo ó revés. polo ben de todos, da dereita, da esquerda, de España, creo que o PP debe de dar un golpe de temón na súa organización e rachar con esta panda de ultras que o controla. Repito, polo seu ben e polo de todos. Esto é insostible.

jueves, 22 de marzo de 2007

O inxenio de Blas, o desnudo de Pataki e as reaccións do PP

Estes días como poderéderes ver non estou moi prolífico en artigos. É por mor das vindeiras eleccións municipais, xa estamos en precampaña e practicamente non teño tempo para nada. Hoxe tampouco vos vou a escribir nada da miña colleita. Só vós quero invitar a que visitedes un blog dun compañeiro do PSdeG-PSOE, e á vez gran amigo (aínda que pareza raro). A dirección é http://blasgarcia.wordpress.com/.
Trátase dun desternillante artigo que as peores “virtudes” da dereita española. De recomendada lectura. Entrade e xulgade por vós mesmos/as.

martes, 13 de marzo de 2007

Canto peor...mellor

Este é o lema do Partido Popular dos días de hoxe: Canto peor...mellor. Canto peor vaia a política, para eles moito mellor.
Estamos a atravesar un dos mellores ciclos económicos da historia, o paro está a sofrer un gran recorte chegando a aproximarse a media europea, estase a por en marcha o cuarto piar do estado de benestar (Lei de Dependencia), estamos a ser un dos países claves nas relacións europeas, co mediterráneo e con latinoamérica, estamos a xulgar ós asasinos do 11-M, estamos a ampliar a gratuidade dos libros de texto, estamos a por en marcha máis leis que ningún outro goberno, pero nada desto se ve, nin se escoita.... Ó PP non lle interesa que se vexa nin se escoite.
Agora que a súa (e a de El Mundo) teoría conspirativa sobre o 11-M xa se caiu e se esta a levar a cabo o proceso contra os terroristas islámicos, o PP está a crispar cada día máis a vida política co tema de De Juana para que outros temas pasen inadvertidos.
Os señores do PP excarcelaron a 62 presos por redencións extraordinarias, algúns deles por facer cursos de punto de cruz. Estes mesmos señores achegaron a 42 presos ó País Vasco mentres o secuestro de Ortega Lara, pero todo esto parece que ninguén o quere ver nin escoitar, e está ahí, é certo. ¿Como se pode ir a unha manifestación para condenar a política antiterrorista do PSOE cando é a mesma que a do PP?
Parece que hai xente a quen lle interesa que a paz non se produza, porque senón non hai outra explicación.
Estes días Zaplana encárgase de recordar que as excarcelacións que eles fixeron son legais. E deixa a frase ahí, para sembrar a dúbida. Pero é que as do PSOE tamén son legais. Podemos estar ou non conformes con elas (eu fago constar que algunhas decisións costáronme bastante entendelas), pero son legais.
Poñámoslle entre todos un pouco de sentidiño a este tema, intetemos enfriar a cabeza e sosegarnos, que España está moito mellor do que o PP nos quere facer ver e somos moitísimos, millóns, os españois de ben que non queremos acudir as súas concentracións.
Eu dende aquí quero facer un chamamento a todos/as aqueles/as persoas de esquerdas a que axuden a contribuir a serenar España.
Din que non hai pelexa se un non quere, pois sexamos nós os que non queiramos pelexar, non nos deixemos levar por Aznar, Rajoy, Espe, Pío Escudero, Zaplana, Acebes...

lunes, 5 de marzo de 2007

Os axitadores de gaseosa

Todo o mundo sabe que se se axita a botella da gaseosa antes de abrila, ó sacar o tapón bota todo para fora. Estes dous señores, Alcaraz e Jiménez Losantos son, entre outros uns dos que máis lles gusta menear o recipiente. Estamos vivindo uns momentos convulsos en España. Xente como estes dous elementos dedícanse a poñer a palla. Rajoy, Aznar, Acebes, Zaplama e Espe poñen o mechero. Logo por detrás veñen estes grupúsculos de extrema dereita que hoxe habitan dentro do Partido Popular e son os que pegan lume.
O problema de todo esto é que detrás desta radicalización da sociedade están arrastrando a xente sensata e serena que sempre militou no centro dereita. A base de enganos, mentiras e manipulacións están a levar a milleiros de persoas o terreo da radicalización. Non hai máis que ver as bandeiras e as pancartas que portan nas manifestacións. Nesas que vai Rajoy.
Hoxe podía escoitar unhas declaracións de Mariano Rajoy nas que dicía que na próxima concentración que están a preparar non lle importaba en absoluto que apareceran bandeiras preconstitucionais nin que se unisen á mesma xente de extrema dereita. Dicía que el convocaba a manifestación para que se unisen todos os cidadáns que estiveran en contra das decisións do goberno en materia de terrorismo.
Que fráxiles de memoria somos moitos, ou non nos queremos dar conta da realidade, ó esquecer un pasado tan recente no que se produciron 53 excareracións de presos de ETA e que levou a cabo o PP. Como curiosidade compre dicir, por se alguén se esquecera, que algúns dos máis radicais agora no Partido Popular foron os que asinaron tales liberacións: Mariano Rajoy e Ángel Acebes.
Hoxe por curiosidade entrei en tres webs: Falange, Falage-Auténtica y España 2000, tres grupos de extrema dereita, estiven lendo as súas novas e comunicados. E, de verdade, non difiren en absoluto das lindezas que estes días están a pronunciar os políticos do Partido Popular.
Dende logo neste país bótase de menos esa outra dereita que hai por Europa adiante, esa dereita nacida do liberalismo e loitadora en pro das liberdades. Aquí seguemos a ter unha dereita rancia e retrógrada basada nos restos dun réxime totalitario e fascista.