viernes, 19 de junio de 2009

Pai, fillo e espírito santo

Hai unha frase que se lle atribúe a Núñez Feijóo de cando el regresou a Galicia: "A Baltar me lo pulo en diez minutos". É certo que lle está levando máis de dez minutos, pero todo vai camiño de que a defunción política do barón do PP vaina oficiar Núñez Feijóo.

Estes días volven as ameazas cruzadas. Agora xa non vale que o fillo, co consentimento do pai lle diga o espírito santo que Ourense está sendo maltratada (como xa fixeran hai anos), quenes se sinten maltratados son os baltaristas, ese e só eses é o xerme de toda esta crise. Baltar e os seus queren seguir tendo a cota de poder que tiñan ata o de agora, e eso segundo eles pasa porque o fillo sexa o novo secretario provincial. Pero segundo o pai era respectado por unha ampla maioría dentro das filas do PP, os alcaldes agora identifícanse máis co espírito santo (que é quen reparte a pasta dende a Xunta) que co fillo (que non reparte nada, como se encargou Núñez Feijóo cando o nomeou secretario da mesa do Parlamento).

Os acólitos de Baltar aínda non deron dixerido o nomeamento de Rogelio Martínez como delegado da Xunta de Galicia en Ourense, e día si e día tamén encárganse de pasar dosieres á prensa por capítulos sobre as falcatruadas que este cometeu cando era alcalde de Arnoia.

Aquí vos deixo unha serie de artigos da prensa de hoxe para que vexades como está evolucionando o tema.












Non nos dobleguarán


Unha vez máis, a banda de asasinos de ETA volve a matar a un inocente. Hoxe, outra vez máis, todos/as os/as demócratas debemos de estar unidos e falar cunha mesma voz, esa voz que berra o repudio ós/ás que intentan impoñer as súas ideas cunha pistola.