miércoles, 21 de enero de 2009

Satisfación total coa candidatura do PP



Teño que confesar que nunca estivera tan contento ó saber dunha candidatura do PP. A verdade é que eu estou tremendamente satisfeito co equipo (¿?) que acaba de construir non sei quen.

E digo non sei quen, porque esta lista está feita por varios. Núnez Feijóo mete algúns del en contra do criterio de Baltar, baltar mete a outros en contra de Núñez, incluso Bermello tamén coloca a algunha, e por riba de todos poñen a un extraterrestre que nin é de Ourense nin vive en Ourense. pero todo esto dá igual, Luis Carrera, o número un deste equipazo xa dixo que el ía a facer política en Ourense desde Vigo e por internet.

A calquera ourensano/a se lle pode falar dos cabeza de lista do PSdeG ou do BNG, porque practicamente son coñecidos por todos/as. Pero este Luis Carrera só é coñecido polos empleados de Caixanova.

E eu convido a calquera a que entre nunha oficina desta entidade e pregunte polo tal crack. Todos/as absolutamente todos/as os/as empregados/as botan pestes contra el. Este home foi quen entregou a antiga Caixa Ourense á caixa viguesa.

Do resto da lista que comentar, que Núñez cepíllase a metade dos de Baltar, e este último intenta salvar da queima como pode a seu fillo (tamén moi querido entre a militancia da dereita ourensana, non hai máis que preguntar) pasando do número dous ó seis. Santalices vai de oito co cal o vai a ter imposible, menudo pao para el. E Poli, o alcalde máis breve da cidade, pasa de ser deputado provincial a optar a unha acta no Parlamento de Galicia. Vou facer de pitonisa, esta xogada baltariana de patada no cú cara arriba cheirame a chamusquina. Explícome, o reserva número un para entrar na deputación suprindo a Poli é o seu fillo. Non lle estará preparando xa a sucesión ó gran amado polas bases "populares" JM Baltar.

Por outra banda o PP, firme defensor da igualdade e dos dereitos das mulleres, fai gala delo ó presentar esta candidatura, xa que pervertindo dita lei só coloca a dúas mulleres entre os oito primeiros.

Pois nada, ó dito, que no PP estamos tremendamente contestos con este grupo que presentan os partidos de Baltar e de Núñez Feijóo. Imos ver canto duran xuntos.

Fotografía de Galicia-Hoxe.