viernes, 31 de julio de 2009

Descanso, descanso, descanso


Cando escribo estas liñas fáltanme unhas horas para poder coller vacacións. A verdade é que creo que este ano foron merecidas, pero non me vou a poñer aquí a relatar todos os momentos de traballo estresante que houbo nestes meses.


Xa só penso nestes días de descanso que vou a pasar entre Ourense, Castro Caldelas, varias escapadas por ahí adiante, e sobre todo unha viaxe que tiña metida entre cella e cella para facer, e que xa intentei durante os dous últimos veráns pero que logo tiven que cambiar.


Por fin vou ir ás Illas Azores. A ver se se cumplen todas as expectativas que teño sobre este arquipélago no medio e medio do Atlántico.


Espero poder traer tan boas fotos como estas atopadas no flickr de Roy McGrail (krm gib), Patxi 64, EudaldCJ (out) e Casimiro Valério, respectivamente. Xa as colgarei aquí no blog ou na miña conta de Panoramio.

De todos os xeitos espero seguir escribindo estes días. Unha aperta a todos e todas os/as que ledes este blog.

jueves, 30 de julio de 2009

Todos/as coa Guardia Civil

Fotografía do xornal EL PAIS

Un día máis os asasinos volveron a actuar, pero a diferencia de onte, hoxe conseguiron levarse dúas vidas por diante. Dous mozos de 27 e 28 anos, Carlos Sáenz de Tejada e Diego Salva tiveron que pagar coas súas vidas o antollo delirante desta banda de criminais. O delicto que cometeran estes gardas civís fora o de velar pola nosa seguridade e protexernos. Pero, así é ETA, xa todos/as a coñecemos.

Pero hoxe o que máis rabia me produce, non é saber que estes canallas seguen na súa teima, porque todos sabemos que ata que non estean todos na cadea han seguir facendo das súas. Ó que me produce unha profunda dor é pensar, que nos tempos que corren, aínda hai xente en Euskadi e tamén no resto de España que xustifica as accións destes moustruos. Unha proba podédela ter nun asiduo comentarista deste blog, que aínda deixou a súa pegada na entrada anterior. Faise chamar rePreSsOrEs (xogando coas letras e afirmando que o represor é o PSOE) e segue ca teima de que ETA e as Hermanitas dos Anciáns Desamparados son a mesma cousa e que todos/as os/as demócratas de España somos os verdadeiros represores.

O fin de ETA chegará cando esta xente sexa capaz de ver que o seu prisma óptico destorsiona totalmente a realidade. Ahí chegará o fin da banda terrorista, cando xa ninguén lle ría os seus asasinatos nin a súa represión.



miércoles, 29 de julio de 2009

Terroristas: Dícese daqueles que practican a dominación polo terror

Fotografía de EFE para EITB

O título defíneos perferctamente. Son unhas banda de terroristas que o único que buscan é impoñer as súas ideas co terror.

Agora mesmo poderiamos estar falando dunha enorme masacre, pero por sorte, só foi un enorme susto. Ó redor de 200 quilos de explosivos dentro dunha furgoneta foron estourados pola banda de asasinos de ETA sin previo aviso. Só buscaban unha cousa, unha gran masacre.

Nestes intres a sociedade non podemos dar nin un só paso atrás na loita contra estes criminais, e todos/as unidos debemos loitar contra o fin desta praga.


martes, 28 de julio de 2009

Unha homenaxe moi emotiva







Onte, día 27 de agosto, uns centos de ourensáns e ourensás démonos cita ó carón do Convento de san Francisco, xusto onde hai 72 anos doce balas atravesaron o corpo de Manolo Suárez, primeiro alcalde socialista de Ourense para rematar coa súa vida.

Onde tivo lugar o merecido e esperado homenaxe póstumo a este demócrata que foi asainado vilmente por eso, por ser demócrata.

O acto tivo lugar ante os seus dous fillos Pablo e Dolores, xa que desgraciadamente a súa outra filla, Paz, fora enterrada esa mesma mañá na cidade da Coruña. Unha mágoa que non poidese ter visto como a cidadanía ourensana lle rendía homenaxe a seu pai.

José Luis Cuerda foi o encargado de ler a desgarradora carta (pódedela ler máis abaixo) que Manolo Suárez poido escribir gracias a un lápiz e un papel que lle deu un cura, que logo se encargaría de facerlla chegar a súa familia.

Cuerda non foi quen de conter ás bágoas, como así nos pasou a moitos. Eu xa a tiña leído algunha vez, pero escoitala en boca do director albaceteño e coa música de fondo dos mestres da Escola de Música de Ourense foi moi dramático.

Ó remate puiden compartir un par de cañas e moitas verbas co fillo adoptivo do Ribeiro, José Luis Cuerda. E coma todas as veces que desfrutei da súa compañía debatemos e charlamos de moi variadas cousas, pero sempre botándonos unhas risas.

Non deixedes de ler a desgarradora carta que Manolo Suárez lle escribe a súa dona, Celedonia e ós seus fillos/as que aquí vos ofrezo.



Lola Suárez Breta, sostén o retrato de seiu pai, Manuel Suárez Castro, fronte ó Concello de Ourense.
Diego Lemos para El País

Queridísima Celedonia y queridos hijos:

A este padre y este esposo, que durante toda su vida no ha prodigado más que el bien a todo el mundo, dentro de unas horas lo van a matar en nombre de la ley de la fuerza, pues es la que hoy sigue en los pueblos que dominaron para el terror unos hombres que habían jurado respetar la Constitución de esta España digna de mejor suerte. Hoy la están destrozando y para mayor escarnio lo hacen invocando a un Dios que, según su doctrina, decía que los hombres éramos hermanos. Tengo la seguridad completa de que si volviera a la tierra sería otra vez el que expulsase del templo a estos mercaderes de su religión que en este momento intentan para mayor escarnio que me confiese, cosa que he rechazado con las manifestaciones que se merecen por la farsa que vienen representando, ultrajando su religión, por el asentimiento que presentan a la matanza que se viene realizando a pesar de que ellos manifiestan que para matar, sólo Dios.

Por lo tanto, si aún quisieran cometer el nuevo escarnio de decir que lo hice, conste que es una falsedad más, como todas las que vienen propagando en los periódicos mercenarios de que disponen.

Dile a mis hijos siempre y en todo momento que su padre perdió la vida de una manera violenta, no por ser ladrón ni asesino, ni un mal ciudadano, y que por el contrario, perdió la vida por ser una persona decente, amante de todos sus ciudadanos, sin fijarse nunca en el ideal que tenían ni en su condición social, muriendo convencido de que ésta es la razón suprema por la que me hacen desaparecer. Porque en la España que quieren crear no tienen cabida las personas de buenos sentimientos, amantes de la familia y que jamás, ni de hecho ni por el pensamiento, pretendió hacer desaparecer a ningún ser humano.

Pues a pesar de esto y según la sentencia que me han leído hace un momento, eran tales invenciones, como si yo fuera un asesino, para justificar este hecho que van a realizar, como lo han hecho ya con tantos otros hermanos.

Y nada más, tengo la seguridad de que muy en breve los culpables pagarán también con su vida tan horrorosa tragedia, porque no tienen razones y porque además no pueden triunfar los que para conseguirlo se están ahogando en sangre.

Esta sangre derramada dará sus frutos y con esta comunicación plena, muero tranquilo, porque mi única preocupación sois vosotros y la situación en que de momento quedáis, situación que será reparada en el momento próximo en que sean vencidos los que me hacen desaparecer.

¡¡Adiós para siempre amantísima esposa y queridísimos hijos, con muchos besos y abrazos de tu esposo y padre!!

Cuartel de Ourense, 27 de julio de 1937


Máis información sobre a homenaxe:

A emoción preside os actos de lembranza da cidade ó ex rexedor socialista Manuel Suárez.

Un silencio roto polo berro social.

Morro tranquilo...

Ourense, honrou emocionado, ó derradeiro alcalde republicano que asasinou o golpe militar do 36.

O día no que a Cuerda se lle quebrou a voz.

A homenaxe ó ex alcalde Manuel Suárez une a todos os partidos 72 anos despois de ser fusilado.

Era un home bo e xeneroso.

O alcalde Suárez retomou a palabra.

Un dos responsables da modernización da cidade nos anos 30 e que foi clave na mellora do hospital.

Ourense homenaxea a Manuel Suárez, o derradeiro alcalde da República.

Homenaxe póstumo en Ourense ó alcalde republicano Manuel Suárez.

Homenaxe a título póstumo ó ex alcalde republicano Manuel Suárez.

O concello de Ourense homenaxea o alcalde Manuel Suárez, impulsor da modernización da cidade nos anos trinta, que foi represaliado no 1937.

Ourense lembra o seu derradeiro alcalde republicano.


lunes, 27 de julio de 2009

In Spain, These Hills Are Alive


Hoxe rematou a II Feira do Viño de Castro Caldelas, da cal desfrutei moito, e sobre todo descubrín e aprendín moitas cousas novas sobre os viños da miña terra gracias as catas guiadas que había organizadas.

Nas catas falamos de moitas cousas, pero unha delas é que lle solemos dar máis valor ás cousas de fóras que ás da casa, aínda que moitas veces non debera ser así.

Pois para aqueles que lle dan máis valor ó de fóra co da casa, dicir que fóra comézase a falar moito e ben dos viños da nosa casa, para mostra dádelle un vistazo o extenso reportaxe que lle adica o xornal norteamericano The New York Times ós caldos da Ribeira Sacra.

Tamén teño que dicir que aprendín moito da amena cata e charla que nos deu Luis Paadín no Castelo de Castro Caldelas. Esta pequena introducción ó mundo dos nosos viños animoume moito a seguir aprendendo sobre este tema.

E a partir de hoxe esperando que a III edición da feira saia tan ben como esta. Xa só quedan 364 días.


miércoles, 22 de julio de 2009

Estimada Señora Dona Rita Barberá....


Estimada Señora Dona Rita Barberá, non teño o placer de coñecela, nin tampouco moito interés (todo sexa dito de paso). O motivo de dirixirme a vostede é que me sentín ofendido, como cada vez que escoito alguén do PP coa mesma cantinela, de que todos/as somos iguais. Dixo vostede estes días que todos/as os/as políticos/as recibiamos agasallos.

Vostede fixo tales afirmacións logo de que a implicasen como receptora de unhas dádivas en forma de bolsos de firmas pouco asequibles para o resto dos mortais. As persoas, que parece ser, a obsequiaron con tales complementos, son os mesmos que aparecen imlicados no Caso Gurtel e que agasallaron a Francisco Camps cuns traxes a medida.

Eu non sei cal foi o motivo polo que vostede recibiu estes agasallos, e non quero parecer desconfiazo, polo que vou a pensar que foi sinxelamente porque quen llos fixo era seu amigo.

Se é así, eu teño que recoñecer que recibo moitos agasallos de amigos, pero sempre na miña condición de cidadán da pe. O que non teño recibido é ningún obxecto sen abonar diñeiro a cambio na miña condición de concelleiro e por facer "favores".

Aquí está o "tic" da cuestión. Calquera pode recibir agasallos?. A resposta é sí. Pero sempre na súa condición de cidadán e sen dar nada a cambio. O problema ven cando o obsequio é reibido polo alcalde, concelleiro ou presidente de turno, pero por ter feito algunhas "cousiñas" a cambio. E ahí é onde hai que dicir NON taxantemente.

Entón non pretenda meternos a todos no mesmo saco, porque eu xamais recibin ningunha dádiva como concelleiro nin por ter feito nada a cambio.

Moi atentamente, o seu adversario político, Eladio Osorio Montenegro.


martes, 21 de julio de 2009

A maxia existe


Fotografía de Suso Regal para o xornal Faro de Vigo

As Xuventudes Socialistas de Ourense demostraron onte que a maxia existe. Foron quen de adiviñar con quince días de antelación varios dos nomes das persoas que resultarían "agraciadas" cunha praza fixa na Deputación Provincial de Ourense.

Este feito tivo unha enorme repercusión mediática. Tal foi así que se fixeron eco do mesmo varias canles de televisión e todas as radios con cobertura provincial.

Tamén foi moi ampla a cobertura nos medios escritos. Aquí vos deixo uns enlaces coa nova dada polos principais xornais:


E ante o obvio, que é que non fai falta ser mago para adiviñar quen vai aprobar as oposicións na Deputación, Baltar contestalle ás mozas e mozos de XXSS de Ourense que se adiquen a traballar e que non o critiquen. O problema é que para traballar en Ourense é moitísimo máis doado se tes o carné do PP.

O presidente da Deputación de Ourense que sempre obviou tomas as recomendacións que se lle fan dende o PSdeG-PSOE en prol da limpeza nos procesos de selección de persoal, non se amilana e ven de convocar estes días once prazas máis para traballar no seu particular "cortixo" onde xa son máis de 1000 as persoas que acolle.

Entre os aprobados nestes días e que teñen unha estreita relación so Partido Popular atópanse o fillo do portavoz provincial do PP e alcalde de Muiños, unha concelleira do PP en Xinzo de Limia e parella do fillo do alcalde, un concelleiro do PP en Sarreaus, a muller do alcalde do PP de A Merca, o xenro do alcalde do PP e de Vilamarín e senador, a sobriña do tenente-alcalde do PP de Cartelle, un ex-concelleiro de Nogueira de Ramuín, o irmán da alcaldesa do PP de Vilamartín de Valdeorras, un concelleiro do PP de Punxín, un concelleiro do PP de Larouco, o xefe de prensa do PP nas últimas eleccións, a filla do ex-xefe de prensa da Deputación e Director do Centro Cultural, así como varios fillos de funcionarios afíns ó PP.

Suma e segue. Pero ante todo esto, Núñez Feijóo que hai unhas semanas dixo que ía acabar co caciquismo, non dice nin mú.

Baltar anda estes días bastante apurado para asegurase apoios entre os alcaldes do Partido Popular da provincia de cara ó vindeiro Congreso Provincial, onde pretende deixar "colocado" ó seu fillo. E como os alcaldes "baltaristas" lle costa tragar o seu fillo, José Luis Baltar Pumar anda a facer encaixe de bolillos.

Agora vou facer eu de pitonisa, e xa veredes como nas vindeiras oposicións entran a traballar, entre outros/as, un fillo do alcalde de O Bolo, un fillo do alcalde de Padrenda e o irmán da nora de Baltar. Esto é así porque o Presidente da Deputación os deixa para outra vez, porque desta era bastante escandaloso que entraran todos coas críticas que lle chovían por parte do PSdeG-PSOE.


lunes, 20 de julio de 2009

Xuventudes Socialistas de Ourense adiviñan os premiados na "lotaría" da Deputación

Viñeta de Forges

As mocidades do PSOE organizaron un espectáculo satírico para denunciar o "enchufismo" no ente provincial e o veto á entrada "a persoas válidas por non teren padriño".

Rubén Álvarez García (Administrativo de Administración, Grupo C1): fillo do Alcalde de Muiños. Carmen María Casal Enríquez (Administrativo de Administración, Grupo C1): noiva do fillo de Isaac Vila e Raúl Soto Martínez (Informático, C2): ex concelleiro de Nogueira de Ramuín. Son os tres nomes dos catro que, aseguraban as Xuventudes Socialistas (XXSS) aprobarían en Ourense os seus respectivos procesos de oposición.

As mocidades do PSOE expuxeron durante dezaseis días unha urna na sala de exposicións da Casa da Xuventude na que o mago "Antoñito Blake" introduciu o sobre cos nomes dalgúns dos que aprobarían e que foi aberta na mañá deste luns. O mago procedeu posteriormente á lectura dos nomes e ao seu cotexo coa lista de 24 aprobados. Dos catro nomes contidos no sobre, o mago acertou tres. "Todos con vínculos claros co PP", quéixanse os mozos do PSOE en Ourense, denunciando ao fío que entre os aprobados aparecen moitas outras persoas relacionadas co PP "como a muller do alcalde d'A Merca ou o concelleiro de Sarreaus do PP Manuel Rodríguez Martínez, que entrarán na Deputación como conserxes". "Tamén, como auxiliar administrativo entrará a filla da actual compañeira do alcalde de Cartelle; dato curioso xa que na Deputación traballa tamén a filla da súa primeira esposa, entre outros familiares", debullan. "Asimesmo, entrará como técnico superior informático o xenro do alcalde de Vilamarín, e nada menos que senador, Amador Vázquez", indican as XXSS.

"Á marxe da pantomima do mago, é un escándalo o que está sucedendo dende hai tempo", afirmou durante o acto o secretario xeral das Xuventudes Socialistas, Jonathan Da Silva, "estes datos e estes prognósticos pode facelos realmente calquera cidadán da provincia, como teñen reflictido algúns medios de comunicación". "Descoñezo o truco, pero é evidente que algo cheira moi mal", dixo. Insistiu o Da Silva en que se trata dun exemplo de "perversión da democracia baseada no caciquismo puro e duro".


Fonte Vieiros

Aquí podedes ver os dous vídeos da performance. O primeiro é de canto introducen os nomes na furna e o segundo de cando extraen o sobre.



domingo, 19 de julio de 2009

A forza lexítima das ideas

Fotografía: Pili Prol

Artigo publicado hoxe día 19 de xullo de 2009 no xornal La Voz de Galicia, de Xosé Manuel Rodríguez.

Eladio Osorio comparte co seu fillo a militancia no PSOE e a presenza na corporación de Castro Caldelas, donde son alcalde e concelleiro do goberno.

Nas primeiras eleccións municipais da agora cuestionada transición democrática un daqueles indestructibles Jeep Comando percorría as rúas de Castro Caldelas cun mozo que facía campaña a prol do seu pai lanzando a consigna de: «¡ Caldelao ! se eres intelixente vota á Asociación de Electores Independente». Naquel ano de 1979 o candidato era Eladio Osorio Castro, que tivo que liderar unha candidatura independente polos problemas que había daquela entre as dúas correntes do partido, e o rapaz que exercía de axitador político era outro Eladio Osorio, neste caso o seu fillo.

O exemplo

Hoxe, 30 anos despois, o pai é alcalde de Castro Caldelas e o fillo un dos concelleiros que integra o grupo de goberno do PSOE. E os dous coinciden coma dúas gotas de auga ao recoñecer que na discrepancia e na confrontación de ideas lexítima, sen extremismos, está a fórmula que os leva a traballar e a compartir o proxecto político sen grandes diferenzas de opinión.

Eladio Osorio Montenegro cre ver a orixe da súa vocación política «en que sempre o fun mamando na casa, xa dende pequeno vivín compartindo as miñas actividades cos temas políticos e aos 14 anos xa estaba no Sindicato de Estudiantes e participando nas folgas contra o PSOE». Aos 19 anos entrou de concelleiro -botou dous mandatos, deixouno catro anos e recuncou en 2007- e recoñece a seu pai como modelo, ao tempo que asegura que non hai problemas con el no día a día político: «El é o alcalde e eu un dos seus concelleiros e levámonos moi ben porque dende cativo ensinoume a discrepar e a defender as miñas opinións e os meus argumentos. Discutimos ou podemos ter diferenzas de criterios ou de opinións, ás veces somos os que máis discutimos do grupo -o PSOE ten 6 dos 9 concelleiros de Castro Caldelas- pero fóra diso non pasa nada. Meu pai sempre me ensinou que hai que ter capacidade crítica e de discrepancia, sempre no plano político e no marco do debate lexítimo e do respeto. E con iso medrei».

Logo de varias tentativas, á terceira foi a vencida e Eladio Osorio Castro é alcalde de Caldelas dende 1987 -agás entre finais de 1996 e 1999 por mor dunha moción de censura-. Do concelleiro co que comparte nome e leva o seu apelido di que «está na política porque o viviu de pequeno, xa na casa, e pediu el estar e á agrupación local do PSOE pareceulle ben por ser unha boa oportunidade para darlle presenza na lista a un mozo. Eu non llo aconsellei, nin se deixaría porque sempre tivo criterio propio -dos catro irmáns só Eladio se decantou pola política activa-». Nun hipotético futuro o pai non se posiciona sobre unha sucesión: «Nin o vexo nin o deixo de ver como candidato á alcaldía. Nin vou influir nin llo aconsello, e sobre a miña opinión está o que decida a agrupación local».

Da resignación á ledicia

O pai recoñece que é difícil loitar no rural «porque consigues cousas a base de moito esforzo pero a xente acaba marchando porque ten traballo noutro lado», aínda que aposta por un futuro baseado no sector primario, a natureza e o turismo ao tempo que reivindica mellores comunicacións e infraestructuras. O fillo, concelleiro de cultura na primeira etapa, sinala que «con poucos medios podes facer cousas igual».