martes, 13 de marzo de 2007

Un Luxo par aos oídos,Eduardo Madina en Ourense

O pasado día 8 de marzo, día da muller traballadora, tivemos o enorme pracer de escoitar no "Foro La Región" de Ourense a voz do deputado socialista Eduardo Madina.
A verdade é que nunca escoitara a Edu Madina, pero xa me falaran moito e moi ben del, sobretodo Laura Seara e Lalo G. Rosales. Foi todo un luxo poder escoitar as súas verbas tranquilas, esperanzadoras e tranquilizadoras. Fixo un percorrido, dende o punto de vista social, político e antropolóxico, da sociedade vasca e do panorama actual que se vive tanto en Euskadi como en España. Defendeu que a orixe do "conflicto vasco" xurde como un choque de identidades entre os que defenden a concepción romántica e mitolóxica do nacionalismo e os que defenden dende a ilustración o Estado de Dereito. Ante este conflicto Madina fixo un chamamento á razón fronte ó corazón para defender os ideais. Unha razón que invite o diálogo, e é que Edu invita o diálogo. Vendo o panorama actual no que o PP está a crispar todos e cada un dos días do ano, a veces a algún como a min entranos a dúbida de que é o que quere o PP, se quere a paz ou lle compensan máis outras cousas para sacra rendibilidade política. Pero para Eduardo Madina, non hai lugar á dúbida defende sen titubeos que o PP busca a paz. Dinos que non lle cabe a menor dúbida, que teñen traballado moito por ela e tamén sofrido, pero o problema é que non se fían de quen a xestiona.
É esperanzador ver a unha persoa que viviu nas súas carnes a violencia de ETA (padeceu un atentado que lle costou unha perna e case a súa vida)e que aposta pola vía do diálogo fronte a sin razón dalgúns que van ó fácil: a dicir que eles non se moven da súa postura que se movan os outros. Quedeime cunha frase de Madina que é certa como a vida mesma: Nun proceso de paz o último paso pasa sempre, ineludiblemente, pola vía do diálogo. Esto está escrito en todos os manuais de resolución de conflictos, e quen non sexa capaz de ver esta realidade é que non é capaz de resolver o conflicto.
Dende este pequeno rincón, coa miña maior modestia querolle facer unha pequena homenaxe a este home tan grande (non só en altura). Edu dende aquí transmitirche todos os meus respectos e amiña admiración. Unha aperta

Chema Madoz. Un fotógrafo que pinta ideas.


Creo que sabedes que son un namorado da fotografía. teño publicado algúns libros e nalgunhas revistas. Tamén tiven a honra de expoñer tres veces. Pero a parte de disfrutar ó facer as miñas fotos, disfruto moito máis obsevando a obra dos grandes da fotografía. Hoxe quero invitarvos a que disfrutedes cunha das obras do fotógrafo máis inxenioso que temos no noso país. Chema Madoz, xulgade por vós mesmos na súa web ou en Photobolsillo.

Arto Tuncboyaciyan e Armenian Navy Band

Con esta entrada só vos quero convidar a que escoitedes algo de música. Hoxe que moita xente busca o purísmo eu reivindico esa música máis complexa.
Descubrín hai anos a Arto Tuncboyaciyan e a Armenian Navy Band, músicos armenios que intentan mistura todo aquelo que os rodea, esas músicas asiáticas e europeas coas que medraron. Outro tipo de música que seguro nunca escoitaredes nos 40 Principales

Canto peor...mellor

Este é o lema do Partido Popular dos días de hoxe: Canto peor...mellor. Canto peor vaia a política, para eles moito mellor.
Estamos a atravesar un dos mellores ciclos económicos da historia, o paro está a sofrer un gran recorte chegando a aproximarse a media europea, estase a por en marcha o cuarto piar do estado de benestar (Lei de Dependencia), estamos a ser un dos países claves nas relacións europeas, co mediterráneo e con latinoamérica, estamos a xulgar ós asasinos do 11-M, estamos a ampliar a gratuidade dos libros de texto, estamos a por en marcha máis leis que ningún outro goberno, pero nada desto se ve, nin se escoita.... Ó PP non lle interesa que se vexa nin se escoite.
Agora que a súa (e a de El Mundo) teoría conspirativa sobre o 11-M xa se caiu e se esta a levar a cabo o proceso contra os terroristas islámicos, o PP está a crispar cada día máis a vida política co tema de De Juana para que outros temas pasen inadvertidos.
Os señores do PP excarcelaron a 62 presos por redencións extraordinarias, algúns deles por facer cursos de punto de cruz. Estes mesmos señores achegaron a 42 presos ó País Vasco mentres o secuestro de Ortega Lara, pero todo esto parece que ninguén o quere ver nin escoitar, e está ahí, é certo. ¿Como se pode ir a unha manifestación para condenar a política antiterrorista do PSOE cando é a mesma que a do PP?
Parece que hai xente a quen lle interesa que a paz non se produza, porque senón non hai outra explicación.
Estes días Zaplana encárgase de recordar que as excarcelacións que eles fixeron son legais. E deixa a frase ahí, para sembrar a dúbida. Pero é que as do PSOE tamén son legais. Podemos estar ou non conformes con elas (eu fago constar que algunhas decisións costáronme bastante entendelas), pero son legais.
Poñámoslle entre todos un pouco de sentidiño a este tema, intetemos enfriar a cabeza e sosegarnos, que España está moito mellor do que o PP nos quere facer ver e somos moitísimos, millóns, os españois de ben que non queremos acudir as súas concentracións.
Eu dende aquí quero facer un chamamento a todos/as aqueles/as persoas de esquerdas a que axuden a contribuir a serenar España.
Din que non hai pelexa se un non quere, pois sexamos nós os que non queiramos pelexar, non nos deixemos levar por Aznar, Rajoy, Espe, Pío Escudero, Zaplana, Acebes...