martes, 13 de marzo de 2007

Un Luxo par aos oídos,Eduardo Madina en Ourense

O pasado día 8 de marzo, día da muller traballadora, tivemos o enorme pracer de escoitar no "Foro La Región" de Ourense a voz do deputado socialista Eduardo Madina.
A verdade é que nunca escoitara a Edu Madina, pero xa me falaran moito e moi ben del, sobretodo Laura Seara e Lalo G. Rosales. Foi todo un luxo poder escoitar as súas verbas tranquilas, esperanzadoras e tranquilizadoras. Fixo un percorrido, dende o punto de vista social, político e antropolóxico, da sociedade vasca e do panorama actual que se vive tanto en Euskadi como en España. Defendeu que a orixe do "conflicto vasco" xurde como un choque de identidades entre os que defenden a concepción romántica e mitolóxica do nacionalismo e os que defenden dende a ilustración o Estado de Dereito. Ante este conflicto Madina fixo un chamamento á razón fronte ó corazón para defender os ideais. Unha razón que invite o diálogo, e é que Edu invita o diálogo. Vendo o panorama actual no que o PP está a crispar todos e cada un dos días do ano, a veces a algún como a min entranos a dúbida de que é o que quere o PP, se quere a paz ou lle compensan máis outras cousas para sacra rendibilidade política. Pero para Eduardo Madina, non hai lugar á dúbida defende sen titubeos que o PP busca a paz. Dinos que non lle cabe a menor dúbida, que teñen traballado moito por ela e tamén sofrido, pero o problema é que non se fían de quen a xestiona.
É esperanzador ver a unha persoa que viviu nas súas carnes a violencia de ETA (padeceu un atentado que lle costou unha perna e case a súa vida)e que aposta pola vía do diálogo fronte a sin razón dalgúns que van ó fácil: a dicir que eles non se moven da súa postura que se movan os outros. Quedeime cunha frase de Madina que é certa como a vida mesma: Nun proceso de paz o último paso pasa sempre, ineludiblemente, pola vía do diálogo. Esto está escrito en todos os manuais de resolución de conflictos, e quen non sexa capaz de ver esta realidade é que non é capaz de resolver o conflicto.
Dende este pequeno rincón, coa miña maior modestia querolle facer unha pequena homenaxe a este home tan grande (non só en altura). Edu dende aquí transmitirche todos os meus respectos e amiña admiración. Unha aperta

3 comentarios:

Anónimo dijo...

encantoume escoitar a eduardo madina, e opino que todo o que dixo da pé a facer unha gran reflexión , a plantexarse moitas cousas. agora ben, discrepo no punto de que o pp non se fía de quen xestiona a paz, na miña opinión o que lles sucede ós dirixentes do pp é que non queren por ningún medio que sexan outros os que consigan levar a cabo o proceso de paz.
e tamén creo, sinceramente, que as persoas deste país xa estamos cansadas dunhas políticas tan duras, de tanta confrontación. en temas tan importantes coma este é necesario ter posturas máis moderadas, porque senón non sabemos en que imos acabar. necesitamos que os/as nosos/as políticos/as sexan capaces de chegar a acordos, de facer unha política pola paz de forma conxunta. somos persoas, non?, pois comportémonos como tal. non pode ser que polos intereses patidistas non sexamos capaces de ver os beneficios para toda a cidadanía de resolver un conflicto con eta.

Eladio Osorio Montenegro dijo...

A verdade e que eu tamén creo que nos toca a todos/as os/as políticos/as facer unha seria reflexión. Eu creo que o PP está a tensionar e a crispar a vida política deste país, pero os socialistas non podemos avivar este lume, temos que respostar dende o diálogo e baixar a tensión do debate

Andrederabal dijo...

VESE QUE EDUARDO E UN BO TIPO