domingo, 18 de noviembre de 2007

Por fin o fin...



Hoxe pode que por fin sexa o fin...
O fin?, preguntarédevos, o fin de que?
Pois o fin dunha infamia que se ven producindo ano tras ano por estas datas.
Os nostálxicos do réxime franquista veñen conmemorando todos os anos o pasamento do seu heroe particular, o golpista Francisco Franco.
Hai uns días acaba de aprobar o Congreso a Lei da Memoria Histórica, esa lei que non lle gusta nada á dereita española porque di que é unha lei que só vale para abrir unha fenda no noso País. Esta lei vai a servir para moitas cousas, e unha delas é para que no futuro nunca máis se poda conmemorar no Val dos Caídos o pasamento do dictador Franco.
A Lei da Memoria Histórica impide que o Val dos Caídos, ese gran soño que tivo Franco en vida, sirva para as celebracións do puñado de fascistas que queda en España. A partir de agora o monumento levantado con suor e sangue polo bando vencido na Guerra Civil servirá para honrar a todas as víctimas do franquismo e non para loar e alabar a un golpista xenocida que aínda hai algúns que añoran.
Cada día estou máis convencido da necesidade da posta en marcha da Lei da Memoria Histórica, aínda que só valia para esto, para poñer fin ás celebracións dos fascistas dun réxime que asasinou a moitos españois e que serviu para alonxarnos durante corenta anos dos avance do Mundo.
Como podemos ver na viñeta publicada por Manel no xornal Público, comézanlle a cair as plumas á galiña, ogallá pronto non quede ninguén que sinta nostálxia dunha época tan oscura do noso pasado