miércoles, 21 de mayo de 2008

Manu Chao e Radio Bemba Sound System en Ourense

Hoxe, se non hai novidade, aistirei a un dos poucos concertos que Manu Chao ten programados de momento. Acaba de iniciar unha nova xira mundial, que pasa por Ourense. Estará acompañado da bando Radio Bemba Sound System e actuará as 22.oo no Café Xesteira. Espero poder desfrutar do concerto, porque témome polo que din os xornais que seremos 1.100 os presentes, e sen embargo na entrada do local hai unha chapiña que reza "aforo máximo 700 persoas". A ver que pasa. Xa vos contarei.

Ata cando imos seguir mirando cara outro lado?

Estes días fíxose público un informe que constata o fracaso da comunidade internacional na erradicación dos nenos soldados.

EE.UU. e Europa non nos implicamos o que debéramos neste tema e seguimos permitindo guerras fraticidas lideradas por cativos menores de idade.

O listado de países que permite estas prácticas é tan longo que produce escalofríos. Cativos ó servizo de interes obscuros e utilizados polos maiores para conseguir uns fins case sempre ilícitos.

Esta é unha lista de países que teñen nenos soldados loitando en conflictos recentes ou progresivos. (G: forzas armadas gubernamentais, P: paramilitares, O: grupos armados de oposición)
Colombia (P,O)
México (P,O)
Perú (O)
Federación de Rusia (O)
Turquía (O)
Iugoslavia (P,O)
Arxelia (P,O)
Angola (G,O)
Burundi (G,O)
Chad (G)
República do Congo (G,O)
República Democrática do Congo (G,O)
Eritrea (G)
Etiopía (G)
Ruanda (G,O)
Serra Leoa (G,P,O)
Somalia (todos os grupos)
Sudán (G,P,O)
Uganda (G,O)
Irán (G,O)
Iraq (G,O)
Israel e os territorios ocupados (G,O)
Líbano (O)
Afganistán (todos os grupos)
India (P,O)
Indonesia (P,O)
Myanmar (G,O)
Nepal (O)
Pakistán (O)
Filipinas (O)
Islas Salomón (O)
Sri Lanka (O)
Timor Oriental(P,O)
Taxikistán (O)
Papúa Nova Guinea (O)
Uzbekistán (O)
PAREMOS ESTO XA.

Será Obama por fin o candidato?

Parece ser que logo de gañar nas primarias desta noite no Estado de Oregón, Barack Obama será o candidato "demócrata" á Casa Branca. Logo dunha longuísima campaña o senador demócrata lógrase impoñer á Hillary Clinton.
Agora mesmo e logo dunha campaña tan dura e longa na que un candidato e outro se foron desgastando mutuamente, creo que Obama debería invitar a Hillary a que fose a súa número dous. E esta debería aceptar a invitación polo ben do seu partido, se é que queren desbancar ós republicanos da presidencia dos EE.UU.
Creo que o sistema de causcus e primarias que pervive en EE.UU. e demasiado longo e agónico, e que moitas veces fai que se desgasten demasiado entre os posibles candidatos dun mesmo partido.
Calquera dos dous demócratas será moito mellor presidente dos EE.UU. que o candidato republicano. Pero este último, aínda que está desaparecido, non está desgastando. mentras tanto Barack e Hillary tiveron que loitar moi duro un contra outro nestas primarias.
Creo que este tipo de eleccións, que está moi implatado na cultura democrática dos EE.UU. debera ser moito máis curto no tempo, de maneira que se aforraría moito tempo e cartos.
De todos os xeitos, ogallá lle vaia ben a Obama, porque creo que o Mundo sempre será máis xusto e máis pacífico co candidato demócrata de Presidente que non con John MacCain como inquilino da Casa Branca.
Se vos interesa o tema das eleccións nos EE.UU. podedes atopar unha boa guía en inglés neste especial do The New York Times.