
Imaxino que logo de destaparse o gravísimo escándalo de que Aznar e Bush tiñan un pacto segredo referente ó caso dos vóos a Guantánamo ó PP e o señor Aznar pedirán disculpas publicas.
Pero repito, imaxino. Porque seguro que só o vou poder imaxinar. Coma sempre o PP botará balóns fóra e será incapaz de recoñecer que nos levou a unha guerra ilexítima e que aínda por riba axudou a vulnerar todos os dereitos dos presos que foron transladados a ese limbo da xustiza internacional que se chama Guantánamo.









