
Mostrando las entradas con la etiqueta Bush. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta Bush. Mostrar todas las entradas
martes, 2 de diciembre de 2008
AZNAIR

Imaxino que logo de destaparse o gravísimo escándalo de que Aznar e Bush tiñan un pacto segredo referente ó caso dos vóos a Guantánamo ó PP e o señor Aznar pedirán disculpas publicas.
Pero repito, imaxino. Porque seguro que só o vou poder imaxinar. Coma sempre o PP botará balóns fóra e será incapaz de recoñecer que nos levou a unha guerra ilexítima e que aínda por riba axudou a vulnerar todos os dereitos dos presos que foron transladados a ese limbo da xustiza internacional que se chama Guantánamo.
Etiquetas:
Aznar,
Bush,
Guantánamo,
guerra,
PP
miércoles, 5 de noviembre de 2008
Sayonara babies
Remata o pesadelo
De Pinto & Chinto para La Voz de Galicia
Hoxe seguramente en case todos os blogs, webs, periódicos, etc... faranse análises moi profundos e sesudos sobre as Eleccións dos EE.UU.
Eu, máis que a escribir, voume adicar a ler todo o que poida sobre este proceso electoral, que é un paso adiante na historia de EE.UU. e do Mundo.
A partir de hoxe, quédanos esqueder. Esquecer este pesadelo que levamos sofrendo estes oito anos. Agora, como vemos na viñeta de Pinto e Chinto só queda limpar esa suxa mancha que deixou Bush por todo o Mundo, froito da súa política.
Esperemos que todo o que se faga agora sexa mellor para o ben de todos.
Eu desta campaña quédome con tres fotos do The New York Times. A primeira delas é de Damon Winter e as outras dúas de Doug Mills. Creo que expresan con total claridade o que foi todo este proceso electoral.
A emoción dos votantes negros, maioritariamente o partido Demócrata, reflíctese perfectamente na cara deste elector. Está vivindo un momento histórico, un paso máis para acabar con certos tabús racistas e xenófobos.
Gaña en EE.UU. un candidato fillo dun inmigrante, algo que posiblemente tardemos moito tempo en ver en Europa. Moitas veces presumimos os europeos de aperturistas respecto ós americanos, pero creo que hoxe recibimos unha lección de democracia. Esta muller, afroamericana, parece darlle gracias o seu Deus por terse cumprido o seu soño.
Obama, ante centos de votantes dá un dos seus últimos mítines. É tanta atención que desperta que a ninguén lle importan as inclemencias do tempo.
Só quería facer un apunte sobre a campaña electoral. Obama baseouna na cidadanía dos EE.UU. e do Mundo, McCain baseouna na terra, na Patria, nos EE.UU. Esa é a gran diferencia entre quen pensa na xente e quen pensa no terruño. Este tamén é un mal que se dá en España por parte de todos os nacionalismos, os que só miran cara as súas rexións e os que só miran cara a esa "gran España", fronte a estes hai outros que se preocupan máis do que lles pasa as persoas.
Creo que vós xa me entendedes ;)
Ogallá hoxe sexa o último día dunha época moi escura para a humanidade e comece unha moito máis clara.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



