miércoles, 26 de marzo de 2008

Xa estou aquuiiiii..............




Xa estou aquí de novo. Algúns pensaron que xa abandoara esto do blog, pero non. Non foi así. Tan só me tomei uns días de relax, tranquilidade e de romper un pouco con todo o que viña facendo ata o de agora.


Esta era a miña terceira campaña electoral con responsabilidades a nivel provincial. Pensei que todo ía ser máis doado, pero nada máis lonxe da realidade. Esta foi a campaña que peor levei. Esto de que a veteranía é un grao, non se deu esta vez.


Foron infinidade de quilómetros pola provincia, mitines, actos, visitas, etc... Coma sempre aprendín moito e puiden compartir moitos momentos con persoas moi interesantes. Pasei moitos día con Elena Espinosa, a nosa candidata, e puiden ver de preto o volume de traballo que é capaz de desenvolver unha persoa. Non para de traballar nin un segundo.

Tamén compartín momentos con Cristina Narbona, Diego López Garrido, Mariano Fernández Bermejo, etc... Cuns máis e con outros menos, pero programamos actos con todas e todos os conselleiros socialistas. Pero hai unha persoa coa que tiven oportunidade de estar e que é un vello coñecido e amigo meu (dende cativo), Antolín Sánchez Presendo, unha persoa pola que profeso unha grande admiración e lle teño un gran cariño.

Os resultados foron inmellorables: o PSOE gañou en Castro Caldelas, na comarca gañouse en catro concellos e noutros catro a subida foi espectacular. Na provincia de Ourense deuse un gran volco e acadouse o segundo deputado (foi unha das provincias que Zapatero puxo como exemplo na última executiva). Acadouse o goberno do estado cunha ampla e mellorada maioría.

A verdadee que foi unha gran victoria.

Tamén teño que dicir que estou moi alegre porque un moi bó amigo meu acadou un escano como senador: Miguel Fidalgo Areda, un traballador incansable que seguro que acadará grandes logros para esta provincia.

Pero bueno, estes días ireivos contando máis cousas e ensinado algunhas fotos da campaña.

Dende aquí as gracias para todos e todas as que axudástedes a que España siga gobernada por un presidente socialista.

Noraboa a todos e a todas e unha aperta