domingo, 30 de diciembre de 2007

Uns días de descanso



Ídesme a permitir que me tome uns días de descanso. A verdade é que lles tiña moitas ganas. Nestes últimos días no Grupo Provincial Socialista da Deputación tivemos bastante traballo preparando o debates dos Orzamentos do 2008, e logo no Partido andivemos a preparar as candidaturas ó Congreso e o Senado para as vinceiras eleccións do 2008. Tanto nunha como na outra van ir como reservas dous caldelaos. Na da cámara alta irá Paco Magide (alcalde de Parada do Sil) e na da cámara baixa irá Eva Méndez (coñecida como a Eva de Correos). A composición das listas será a seguinte. Congreso: Elena Espinosa (Ministra), Alberto Fidalgo (actual deputado), Antía García (de Xuventudes Socialistas) e Juan Carlos Francisco (portavoz municipal en Verín. Senado: Miguel Fidalgo (Secretario Provincial de Organización e Asesor do Conselleiro de Medio Ambiente), Elvira Lama (Concelleira en Xinzo de Limia) e Alfredo Vázquez (portavos municipal en Celanova). O venres aprobamos as candidaturas por aclamación (había moito tempo que esto non sucedía) no Comité Nacional do PSdeG-PSOE do que formo parte. Pois nada, agora espanor un montón de traballo para preparar a recta final da vindeira campaña así que toca un descansiño coa miña parella polo sur. Estaremos por Córdoba, Granada, Sevilla e Málaga. Vémonos á volta, e feliz aninovo para todas e todos.

viernes, 28 de diciembre de 2007

Esto non é unha inocentada, aínda que poda parecelo


Onte quedeime atónito e estupefacto ó ler a entrevista que unha periodista do xornal La Opinión de Tenerife lle fixo ó bispo de dita illa. Entre outras lindezas obsequiounos con algunhas como que a homosexualidade perxudica ás persoas e a sociedade ou veu a xustificar a pederastia porque hai cativos que provocan.
“Se te descuidas, provócante”. Así falaba dos cativos de 13 anos (¿cantos terán pasado polas súas mans?). O bispo de Tenerife, Bernardo Álvarez, xustifica deste xeito a orixe dundelicto, os abusos sexuais a menores. Considera a pederastia unha derivada da homosexualidade. “Non hai que confundir a homosexualidade como necesidade existencial coa que é practicada como vicio. A persoa [a] practica como pode practicar o abuso de menores”, sinala. O seu xuizo, este delicto nace da busca da “novidade” e convírtese así “nunha forma de sexualidade distinta”.
Mentres tanto o Vaticano exercendo a política do avestruz, escondendo a cabeza e non dicindo nada ó respecto. O que cala otorga.
Espero que o Defensor do Menor e a Fiscalía Xeral do Estado actúen de inmediato (non sei como aínda non o fixeron) ante este atentado contra os dereitos dos menores e os dereitos dos homosexuais.
Cada día que pasa síntome máis orgullosos de ter iniciado o camiño da apostasía (aínda que teño as miñas guerras coa Igrexa, que non me quere recoñecer tal dereito) e non ser partícipe en absoluto de todo este colectivo que o único que fixo ó longo da Historia foi enganar e manipular á Humanidade para poder manterse e perpetuarse no poder.
Seguro que os do PP faran unhas declaracións na prensa estes días ó respecto, e como puiden ler nun comentario anónimo en internet: "¿A culpa? Pois da masonería, do ateísmo, do laicismo, dos roxos, dos comunistas, dos republicanos, dos socialistas, da SER, do País, do Público, dos moros, dos xudíos, dos pagáns, do secularismo, dos nacionalistas, da pérfida Albión, da Modernidade, da Ilustración, de Marx, de Nietszche, de Kant, dos homosexuais, dos ecoloxistas e sobre todo, máis que de nadie, de Zapatero".
Mentras tanto os bispos gardan silencio e van a volver a convocar unha manifestación con Rouco Varela á cabeza, e da man do PP, para facerlle a campaña á dereita baixo a tapadeira de "Concentración a favor da familia cristiana"
Menuda familia.

sábado, 22 de diciembre de 2007

O PP e a súa música


Non fai falta dicir nada máis.
Viñeta de Manel Fontdevila publicada no xornal Público.

jueves, 20 de diciembre de 2007

Cambio de chaquetas no PP lucense



Estes días víñase rumoreando nos mintideiros que Paco Cacharro Gosende, fillo de Cacharro (ex-presidente da Deputación de Lugo) acababa de fichar polo UPyD, ese novo partido que acaba de crear Rosa Díez que seica nin é de dereitas, nin de esquerdas, nin de centro, nin nacionalista, nin anti-nacionalista.... a verdade que non se sabe o que é.

Pero agora o que sí se sabe e que Cacharro Gosende acaba de romper o seu carné do PP e facer o da UPyD. A lectura que conleva esto é que Cacharro pai está detrás de todo este tinglado. É de todos sabido que o ex-caudillo do PP lucense está doido con todo o que teña que ver co seu partido, e está a facer todo o dano posible. Cacharro Gosende posiblemente sexa o cabeza de cartel do partido que non é nin de dereitas, nin de esquerdas, nin de centro, nin de nada...Ahí porase en movimento a poucaq maquinaria que lles quedas "os Cacharro" en Lugo, pero que o que é certo é que será para facerlle todo o dano posible a Barreiro (no seu día man dereita de Cacharro, e agora o seu pior inimigo).

De todos os xeitos eu dende aquí deséxolle o mellor a Caharro Gosende na súa andaina política (sempre e cando non lle faga moito dano ó PSdeG lucense, ;-) ) porque no político non sei, pero podo afirmar que no profesional e no intelectual é un bó activo.

O tempo dirá...

(Por certo a foto é do acto fundacional do UPyD en Lugo, sacada do blog de Vaqueiro, xornalista do diario El Progreso)

miércoles, 19 de diciembre de 2007

O titiriteiro



Escoitade o noso titiriteiro particular. José Luis Baltar, presidente da Deputación de Ourense e do Partido Popular na provincia. Con el, podemos escoitar a toda a súa troupe: Valladares, Baltar Jr. "El Nene" e Amparito. Un agasallo recopilatorio dos seus mellores momentos na Cadena Ser. Dende logo é patético.


Dous xeitos distintos de entender a política



Onte clausurábanse en Ourense unhas xornadas sobre "O futuro das Deputacións". Estaban invitados ó acto os catro presidentes das Deputacións ( Xosé Ramón Gómez Besteiro Presidente da Deputación de Lugo non asistiu por estar convaleciente) e poidemos escoitar os de Ourense e Pontevedra, Baltar e Louzán do PP, e o da Coruña Salvador Fernández Moreda do PSOE.
Logo eu e máis uns deputados provinciais tivemos o pracer de compartir mantel con Moreda e debater longo e tendido sobre cal ten que ser o futuro das Deputacións no século XXI. Foi unha mágoa que non poidera estar Xosé Ramón, co que hai unhas semanas compartimos un debate similar Alfredo García (alcalde do Barco de Valdeorras e portavoz do PSdeG na Deputación de Ourense) e máis eu en Lugo.
Houbo unha frase de Moreda que foi lapidaria sobre as Deputacións e o "san benito" que se lles colga sempre de que son uns entes caciquís. Moreda, sentado ó carón de Baltar, afirmou que as Deputacións non son caciquís, que caciquís poden ser as persoas que as gobernan, e nese intre xirouse e mirou para Baltar. Este acto seguido púxose colorado coma un tomate, xa que que nunha comparecencia ante os medios dous días antes acababa de recoñecer o que todos sabemos, que el sí que é un cacique.
Logo nunha intervención dunha persoa do público (unha empregada da Deputación) está dirixiuse a Moreda confundindo a institución da Deputación co partido no que militan ela e máis Baltar, o PP, e o presidente raudo e veloz espetoulle á rapaza algo así como "filliña, non me extraña que vos chamen caciques cando confundides o voso partido coa Deputación". Baltar xa non sabía onde meterse, e tanto é así que ó rematar as xornadas (que eran na súa "casa") desapareceu.
Nesta semana que ven, a ver se teño tempo, e pasa o pleno do debate dos orzamentos (que nos trae un pouco tolos estes días) e as asambleas do PSdeG para propoñer candidatos ó Senado e o Congreso e vós vou a facer unha comparativa daxestión das catro deputacións para que vexades que o que pasa nesta provincia é de órdago.

domingo, 16 de diciembre de 2007

Caciquismo igual a Baltarismo


Hai moitos anos que os socialistas da provincia de Ourense levamos denunciando as cacicadas que Baltar (presidende do PP provincial e da Deputación) comete todos os días. Levamos repetindo ata a saciedade que Baltar utiliza a Deputación no seu propio beneficio. Ten o triste récord de ter a Deputación máis endebedada de Galicia (ten máis débeda que orzamento, cerca de 80 millóns de euros). ten o triste récord de ter a Deputación que máis invirte en persoal (preto de mil persoas, case todos cargos do PP ou familiares). Ten o triste récord de ser presidente da Deputación que menos investimentos fai na provincia (menos do 10 % do orzamento e a metade do que gasta en persoal). Ten o triste récord de ser o presidente do PP máis sectarista que existe (todo aquel que non é da súa corda desaparece da política no PP ourensano).
Pois con todo este currículum e todas as tropelías que comete a diario, o PSdeG-PSOE de Ourense denunciamos día sí e día tamén quen é este personaxe. Pero Baltar sempre negaba que él era un cacique. Só o seu fillo (Xosé Manuel Baltar), que é deputado do PP no Parlamento Autonómico o recoñecía en público e dicía que o caciquismo era bo para a provincia de Ournse.
Nesta semana Baltar trocou o discurso e por fin recoñeceu o que todos sabiamos. Recoñeceu que el era un cacique ó estilo deo século XVIII (eso sí acto seguido apostillou que o BNG e PSOE máis). Como pasa co psicólogo, xa avanzamos algo, posto que o primeiro paso é recoñecer o problema. Baltar xa non nega que é un cacique. Agora xa só lle queda pedir perdón a todos os ourensanos e ourensanas e irse para a casa, porque a nosa provincia non merece que nos estea gobernando un cacique. Xa non vale a xustificación que sempre dá de que a xente o vota. En democracia non todo vale e non se pode permitir que a provincia de Ourense, unha das máis atrasadas de España estea gobernada por un especimen desta calaña.
O día seguinte ó número dous do PP galego, o Sr. Rueda saíu na defensa de Baltar, ante a chuvia de críticas que lle estaban a cair por parte do PSdeG, e xustificouno como que "A Baltar hai que entendelo". Semella o caso de cando un rapaz che sae torto e o pai dí "Claro, pobriño, hai que entendelo".
Estamos fartos de estar gobernados polo último cacique de España, por este que entre os seus alcaldes ten a franquistas, señores do PP, polo ben do seu partido, da democracia e da nosa provincia fagan que o último CACIQUE se vaia para a casa.

jueves, 13 de diciembre de 2007

Manda "güevos"


Pois sí, manda "güevos" como diría Trillo. Onte soubemos da nova de que nesta próxima campaña electoral haberá dous debates (a falta dun) entre Zapatero e Rajoy.
Paréceme moi boa idea que os dous líderes das principais forzas políticas de España aceptasen debatir entre eles.
Pero hai algo desta nova que me deixou perplexo e anonadado. Agora resulta que Rajoy non quere debatir en TVE. Polo que el di non é terreno neutral. Non recordo en toda a democracia unha televisión pública máis neutral. Non o foi así nin con Felipe nin con Aznar. Ó mellor Rajoy ten como modelo de televisión pública plural e independente á Telemadrid de Espe.
Manda "güevos" con Rajoy, el que se valeu de U.R.D.A.C.I. para intentar manipularnos a todos nas vésperas das últimas Eleccións Xerais ven a gora dicindo que el non debate na televisión pública española.
Creo que o Mundo se volveu do revés.

miércoles, 12 de diciembre de 2007

Aínda que pareza incrible, esto é verdade



Estes días ven de dimitir como deputado provincial polo PP en Ourense Senén Pousa, alcalde de Beade. O motivo da súa dimisión é deixarlle paso na institución provincial a Rogelio Martínez, alcalde de Arnoia. Este último presionou a presidenta dunha mesa (por certo muller dun concelleiro do PP e empregada na Deputación de Ourense) para que cometera irregularidadesnas nas eleccións municipais do seu concello. Como consecuencia a Xunta Electoral Central ordenou repetir as eleccións e polo tanto a Martínez non o deixaron optar a formar parte da Deputación.
Pero, ó que ía. Senén Pousa é moi coñecido por ser franquista e añorar o réxime totalitario de Franco. Non o esconde, senón todo o contrario, alardea delo. Ata hai ben pouco tiña unha misa polo dictador todos os anos en Beade (ata que se enemistou co cura). Pois o último venres de setembro tivemos na Deputación un Pleno no que el presentaba a dimisión. No apartado de rogos e preguntas o compañeiro Nacho de Ribadavia pregoulle o Presidente da Deputación que fixera o necesario para que Senén Pousa acatase a Lei de Memoria Histórica e lle cambiase o nome á rúa principal de Bede que se chama "Calle del Generalísimo". A primeira reacción de Senén Pousa foi levantarse do seu escano e espetarlle ó compañeiro do PSOE: "Paiaso, eres un paiaso". Logo cos ánimos máis calmados o Presidente da Deputación e PResidente do PP en Ourense, José Luis Baltar dixo que el non o ía instar a nada xa que a Lei aínda non entrara en vigor e que había algúns do BNG que non colocaba as bandeiras de España nos seus concellos.
Pois nada amigos, aí tedes na foto a Senén Pousa, en segunda fila á dereita, un home de centro e conciliador onde os haxa, detrás doutros dous homes de centro Alberto Núñez (presidente do PP en Galicia) e Mariano Rajoy (presidente do PP en España) que non teñen o valor suficiente xa non para instalo a que cumpra a Lei de Memoria Histórica, senón para esixirllo. Como un partido como o PP, que moitas veces se define como moderado e de centro pode consentir que nas súas filas haxa elementos coma este que se enorgullecen dos anos máis tristes e máis escuros da Historia de España.

jueves, 6 de diciembre de 2007

Varios días de inactividade (ou vagancia)



Levo varias días sin escribir nada no blog. En parte debido a actividade no traballo, que me absorve gran cantidade do meu tempo, pero en parte tamén a un pouco de vagancia.

E o certo é que estes días ocorreron cousas de gran importancia que me gustaría comentar. A primeira delas, e máis importante, o vil asasinato de dous Gardas Civís en Francia. Outra vez volve ETA a empregar "a razón" das súas balas para convencernos a todas e todos de que as súas teses son as mellores e están no certo.

Dende aquí quero mostrar toda a miña solidariedade coas familias destes dous mozos que foron branco da sinrazón dunha xente que non sabe que neste mundo xa só valen as palabras e a política para defender argumentos distintos ós demais.

Parabéns para a Xendarmería francesa e os corpos de seguridade españois polo rápido apresamento de dous dos tres presuntos asasinos.

Creo que a partires de hoxe, e despois de que ANV non condenase este vil atentado, só cabe que o Estado poña en marcha toda a súa maquinaria en marcha para iniciar o procedemento de ilegalización desta formación, o igual que a do PCTV. Hoxe, e cos acontecementos que teñen pasado nos últimos meses (negociacións con ETA, ruptura da tregua, atentados, asasinatos...), non ten cabida xa que haxa algúns que non condenen estes actos. Tampouco o Estado se pode deixar guiar pola demagoxia oportunista e electoralista do PP e ilegalizar ós partidos ó día seguinte. Temos que deixar actuar á Fiscalís e os xuíces, e se hai probas suficientes que a Xustiza dicte sentenza.

Tamén teño que falar dun tema que me parece penoso. O outro día na concentración de repulsa a ETA, un grupo de "centristas" de Falange e do PP estiveron insultando e increpando a varios dirixentes socialistas, pero especialmente a Pedro Zerolo, chamándolle entre outras lindezas maricón.

Imaxino que Zerolo tivo que pasar un moi mal momento, mentres case todos os dirixentes do PP estiveron calados sen arroupalo, tan só o vice-alcalde de Madrid tivo agallas de defendelo.

Logo nunha manifestación (moi reducida, parece que xa só saímos á rúa para protestar polos manitromios gais, pola asignatura de educación para a cidadanía, ou cousas así) enfrontáronse persoas de dereitas e de esquerdas. Esto é o último que podería acontecer nunha manifestación de repulsa contra ETA. A estes actos vaise a protestar contra ETA e non contra a política de Zapatero ou as declaracións de Rajoy. Por primeira vez en catro anos parece que o PP e o PSOE estamos dacordo en saír á rúa xuntos por algo, e hai xente que se dedica a increpar ós que pensan distinto ca eles, pero sempre dentro do marco democrático. É de vergoña.

Só espero que sexa detido, canto antes, o terceiro membro de ETA que está implicado no asasinato e caía sobre el e os seus dous compinches (un deles aparece na foto do inicio) todo o peso da Lei.

sábado, 1 de diciembre de 2007

Día Mundial da loita contra o SIDA

Hoxe é o día mundial da loita contra o SIDA. Unha das enfermidades que máis vida se leva ano tras ano no Mundo, sobre todo nos países africanos e do leste de Asia.
O SIDA é a gran descoñecida entre as enfermidades do noso século. Gran descoñecida porque parece que a xente temos reparo a saber máis dela. Aínda somos moitos e moitas os que escapamos ou evitamos a alguén o saber que é posuidor dos anticorpos do SIDA. Moitos non sabemos nin tan sequera como se trasmite, e mentres tanto pensamos que por contactar cunha persoa posuidora desta enfermidade xa nos imos a contaxiar.
Eu cada vez que falo deste tema, férveme o sangue ó ver que a Igrexa Católica lonxe de axudar a que esta enfermidade non se propaguen como unha praga nos países menos desenvolvidos economicamente, parece que pon unha venda nos ollos e que deixa que día tras día morran centos de persoas. Parece mentira que a Igrexa siga xustificando que non se pode usar o preservativo mentres familias enteiras morren mentres se transmiten esta enfermidade. Menudos salvadores de almas...
A todo esto teño que dicir tamén, xa que ven ó caso, que hai uns meses en Ourense, cidade na que resido, houbo unha gran polémica polo cambio de ubicación da casa do Comité Anti-Sida. Esta é unha ONG que está a facer unha gran labor de concienciación e axuda tanto á sociedade en xeral como aquelas persoas que teñen o SIDA. A vella ubicación do Comité estaba na zona vella, nos viños, e cambiou para a Rúa Cabeza de Manzaneda (uns 200 m. máis arriba pero xa fóra do casco vello) e os veciños botáronse todos á rúa en contra da ONG porque como eles dicían íanlle encher o barrio de maricóns, putas e drogadictos.
Mentres hai xente que desinteresadamente se deixa o seu tempo, os seus cartos e a súa vida en axudar desinteresadamente ós demais, outros somos incapaces de que o SIDA non é unha enfermidade dos outros, é unha enfermidade que nos pode tocar a calquera. Sí, sí, a calquera...