Hoxe recibín un correo electrónico do meu amigo Mariano. Non sei se o coñeceredes, pero seguro que o seu primo sí. É un estudiosos do cambioclimático moi famoso que acaba de demostrar que co tema do clima non pasa nada, que podemos seguir contaminando a esgalla xa que eso non é malo, é máis, cre que hasta é bo para o planeta.
O caso é que o meu amigo Mariano estaba paseando o outro día por Madrid e atopou esta cousa que vos reproduzco na foto. Mariano nunca tal cousa viu, e esperaba de todos vós que lle mandásedes un correo electrónico a súa dirección explicándolle para que consiste dito papel.
El dí que lle parece algo relacionado co transporte, polo que se ve escrito nel, pero non está seguro. E é que Mariano coma sempre andivo en coche oficial, desto do transporte non sabe moito.
Eu creo que está nas nosas mans axudalo a que dunha vez por todas Mariano poda coller o autobús e saiba para que sirva o papeliño.
Axudemos a Mariano a libralo de tanto coche oficial e démoslle a oportunidade de coller o transporte colectivo de viaxeiros. eso faise votando PSOE.