miércoles, 2 de abril de 2008

Refraneiro popular: Só nos acordamos de Santa Rita cando chove

Creo que o primeiro que faredes moitos/as é preguntarvos a que ven este título dun ateo e apóstata confeso coma min. A resposta é que non atopaba unha expresión máis axeitada entre o refraneiro popular para iniciar a reflexión que vos quero facer.

Seguro que así, a primeira vista tampouco atopades ningunha relación entre Gaspar Llamazares e a nena Mari Luz (supostamente asasinada e boom mediático nestes días polos programas da televisión).

Imos comezar dun en un para logo unir os dous temas.

En España temos unha Lei Electoral que rexe todos aqueles comicios que celebramos. Esta Lei foi o froito do esforzo e do consenso de varias formacións políticas que souberon ceder en moitas cousas para chegar a un punto de unión e sacar adiante esta Lei tan importante.

¿A Lei é boa?. ¿A Lei é xusta?. A Lei apostou porque a circunscripción electoral fose a provincia e segundo está beneficia ás provincias máis pequenas. A Lei fai unha discriminación positiva cara os territorios menos poboados e acaba favorecendo (debido a como foi evolucionando o escenario político) os partidos minoritarios ou medios de territorios onde concorren máis de dúas formacións políticas en boas condicións e por outra banda acaba castigando os partidos políticos de índole nacional que nos sexan os grandes partidos.

É dicir con esta Lei saen perxudicados psrtidos como UPyD e IU e saen beneficiados partidos como o BNG, NaBai, CC, etc...

Pero a Lei é así e non vale protestar logo dunhas eleccións porque non nos gutan os resultados.

A Lei xa era así antes do 9-M e case ninguén dicía nada. Por certo, na deputación de Córdoba o PP ten seis deputados e 123.000 votos e IU ten sete deputados e 106.000 votos. ¿E logo esto non é tamén unha inxustiza visto como eles plantexan as cousas?. ¿E como é que aquí non protestan?

Eu estou dacordo con que a Lei non é xusta dende o punto de vista proporcional. Pero se non estamos dacordo con ela, abramos un debate agora para reformala no futuro, e non botemos as mans a cabeza logo duns comicios ou non intentemos xustificar unha debacle electoral como a de IU por culpa da Lei Electoral. (outro día falareivos dunha proposta de reforma que fan dende a Universidade de Granada que, cando menos, é interesante).

E agora vou pasar o tema do suposto asasinato desta cativa que se chama Mari Luz. Este terrible feito aconteceu hai uns días e parece que está destinado a ser o fito mediático destes días.

Está claro que ó respecto deste caso, e falando do suposto asasino aconteceron unha serie de despropósitos e desaguisados xudiciais e policiais propios dunha película. Pero o que é moi perigoso e que haxa xente que a raíz deste caso, no que se producen erros non o xulgar o suposto asasino senón respecto a súa detención e encadeamento, que pida que se cambie a lei respecto os delitos dos pederastas e que se poña en marcha a cadea perpétua.

Non se pode reaccionar á brava logo dun feito no que o que fallou non foi a pena imposta, senón o non habela cumprido. E non é de recibo que agora haxa un partido político oportunista, o PP, que pretenda abrir un debate no que reclame a cadea perpétua para os pederastas. Porque entón por que non a reclama para os asasinos das súas parellas, ou para os terroristas que poñen unha bomba e matan a 200 personas. Esto é hipocresía e oportunismo, e como dicía antes e enlazando co tema de IU e Llamazares non se pode pedir que se cambien as regras do xogo por oportunismo. Sexamos serios, fagamos reflexións e debates coa cabeza fría e nunca como reacción logo de que aconteza un tema concreto.

Prometo escribir máis a miúdo estes días.