viernes, 21 de noviembre de 2008

Ruta do Río Mao, non hai fotos nin palabras que poidan describir tanta beleza


A pasada fin de semana fomos facer a ruta do Río Mao en Parada de Sil(recentemente aberta) Belén, Juan Luis, Natalia, Alfonso, Dori, Teti, Sul e máis eu. Sei que pode soar algo cursi, pero non hai palabras nin fotos que poidan describir a beleza destas fragas de castiñeiros.



O día foi perfecto, a época do ano sen duda que a mellor, a compañía inmellorable, a comida estivo moi ben e qu máis se pode pedir...


Dende aquí quero convidarvos a que vos animedes a facer a ruta, porque non vos ides ir indiferentes. Creo que esta é a mellor época, aínda que ó cruzar a fraga imaxino que en cada estación parecerá que estades facendo un camiño distinto.


Pois nada a camiñar, e logo xa nos contaredes. Por certo se queredes ver unha boa chea das fotos dese día pasade polo blog do Ponte Louco.

Feisbú caldelao (facebook para os que non saiban idiomas)

Esta entrada vai dirixida para todos/as os/as caldelaos e xente da comarca ou que teña algo que ver coa nosa terriña. Estes días Lucía comezou a montar un grupo no facebook sobre Castro Caldelas. Pediume que lle botara unha man e neso andamos.
Xa temos contactos coa xente do Ponte Louco que foron dos primeiros en integrarse, pero tamén andan por ahí xente de Montederramo e da Teixeira.
Estades todos/as convidados a participar e aportar ideas, fotos, vídeos, textos.... todo o que vós queirades. Esperámosvos no grupo, e para os que tedes blog, se podedes facede extensiva esta mensaxe nas vosas bitácoras.