martes, 22 de enero de 2008

O libro de Cefe. A esforzada conquista da autonomía (1979-1981)

Hoxe estivemos acompañando a Ceferino Díaz na presentación do seu libro A esforzada conquista da autonomía (1979-1981).
Con el estivemos ducias de compañeiros e compañeiras de partido, moita xente do mundo da cultura e diversas personalidades.
Eu comezarei a ler o libro estes días e xa vós contarei como viviu Cefe en primeira persoa o parto do
Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981.
Perdoade pola calidade da foto, pero é o que ten utilizar un móbil para algo para o que non é o seu.

Son un adicto ós Fachós

Si, teño que confesalo. Teño unha adicción, é a Festa dos Fachós. Que eu lembre, e dou grazas, nunca faltei a Festa dos Fachós.
Xa non é que teña adicción á festa, teño adicción a levar o fachón grande. Estaba botando contas e creo que comecei a levar un fachón dos grandes ó redor dos dez anos, cando todavía era un taponciño. dende aquelas deixei de levalo tres anos. Estes tres anos quixen ver a procesión dende a barreira e cultivar outra da miñas afeccións: a fotografía. Apenábame moito non poder portar o fachón, pero quería ter unhas fotografías da miña colleita sobre a festa (houbo un ano que ata levei o fachón e a cámara e fixen fotos, non llo recomendo a ninguén.
Hoxe quero deixarvos unhas fotos das que fixen dos anos 2003 ó 2005 a ver que vos parecen.
A mín, particularmente gústame levar o fachón grande pero ir adiante. Polo xeral vou entre os catro ou seis primeiros. Pero este ano cambiei de labor. Fun co fouciño cortando os atadixos de palla para regular a forza das lapas. Como poidéstedes ver os que asistístedes á festa as lapas fóronsenos das mans en dúas ocasións este ano. O fachón ía ardendo regularmente e con non moita forza durante a subida, pero un cambio no vento dúas veces ( na unión das rúas do Sol e Grande, e logo onda casa do Xosé do Portugués) fastidiounos a táctica que levabamos de controlalo ardendo de vagar ata chegar á Pousada Vicente Risco para a partir de aí darlle aire a tope e que as lapas levantasen uns metros. Tivemos que tira o fachón o chan dúas veces e non dimos contolado o lume pola palla adiante, polo que o tivemos que cortar, co perigo que eso conleva, xa que quedan ardendo varios metros na rúa contra as casas e pode queimarse algo ou alguén que veña detrás. Eu estiven hoxe contando os buracos que lle fixen á chaqueta por mor do lume e pasa das tre ducias. Pero un ano máis pasámolo de marabilla e mereceu a pena.

Aí vós van as fotos prometidas, espero que vós gusten.


Comocabras. Unha boa nova para Caldelas


Dende hai un tempo vense fraguando en Castro Caldelas unha iniciativa pioneira na nosa comarca. Javier Lozano e Jorge Rico entre outros puxeron en marcha a cooperativa Comocabras que se adica a elaboración e venda de queixo da súa cabaña caprina.
Podedes atopar máis información no xornal La Voz de Galicia. Dende aquí quero loubar a persoas como Javier, Jorge ou Rocío pola aposta que veñen de facer. Eu non tomo productos lácteos, pero prometo facer moita publicidade do seu novo queixo Touza Vella.