
Berlusconi está a facer un cásting entre mulleres italianas para confeccionar a súa candidaturas ás vindeiras eleccións europeas. Sei que vos pode sonar a broma, pero é tan certo como que el é o "premier" italiano.
O político de de dereitas italiano e presidente do conglomerado "Popolo della Libertá" (Pobo da Liberdade), noutra das súa excéntricas ocurrencias, non tivo mellor idea que organizar unhas xornadas (exclusivas para mulleres) para captar novas caras para o seu partido. A muller de Berlusconi, Verónica Lario declarou que esto é unha desvergonza para diversión do emperador.
Neste novo episodio de surrealismo político, máis parecido a un episodio de "Gran Hermano" que a elaboración dunha candidatura dun partido serio, estaban invitadas Angela Sozio, Barbara Matera y Eleonora Gaggioli.
Bailarinas, presentadoras de televisión, actrices ou concursantes de Gran Hermano poden chegar a ser as novas representantes da dereita italiana, e compartir grupo parlamentario cos representantes do Partido Popular en España, porque todos/as eles/as se integrarían no Partido Popular Europeo.
Ver para crer.