![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhejCjC-qKv88EwTYGsdJ4XFdNlUtopTRzSOxt_H_gBaOKTw9J7tx35ZIsonjP5uAvLqpC1iC77Ca7VsQFjJW-lDhCfzC9Ma5UbOWjw-ci5r115SrGtp5N_7LHDS1XV4YD0o0TMyTDHQwc/s400/suiza.jpg)
Tedes que disculparme estes días. Tiña pensado informar de todo o acontecido no Congreso do PSdeG-PSOE e non o puiden facer. O volume de traballo foi tal que non tiven un intre para sentarme diante do ordenador.
Durante o Congreso fun a persoa encargada da portavocía da Comarca de Trives-Caldelas, tiven que intervir no plenario, estar na comisión de estatutos (a máis liosa e máis longa de todas) e fun unha das cinco persoas ás que lle foi encomendadad a labor de formar parte da Comisión Electoral do 11 Congreso do PSdeG-PSOE.
En fin, saín tan canso do Congreso e tiña tantas cousas que facer por Ourense que non me deu tempo a escribir.
Onte perdínme un evento de primeira en Castro Caldelas, a actuación do contacontos Carlos Blanco. Unha mágoa, pero o tempo é o que é. Non dá para máis. Pero hoxe, logo de sair correndo cara a Trives onde teño unha reunión do Agader, irei ver a Quico Cadaval o Mosteiro de San Paio (iniciativa organizada por Amigos de Caldelas)
E por fin, collo as tan ansiadas vacacións ( ó malo delas e que me perdo outra actividade de primeira, o Ponte Louco)
Pero de verdade, necesito as vacacións, e necesitoas xa....
Á volta xa vos contarei, pero un pequeno avance: estes días andarei por Milán, Lugano, Lucerna, Zurich, Constanza, Meersburg, Überlingen, Interlaken, Berna, Ginebra, Chamonix.
Unha semaniña visitando Italia, Suiza, Alemaña e Francia.
Espero non estresarme máis.
Unha apeta para todos/as e ata a volta