miércoles, 3 de diciembre de 2008

Asasinado Ignacio Uria. O seu delicto xerar riqueza e postos de traballo en Euskadi

Gardas civís, políticos, militares, funcionarios de prisións, policías, empresarios, traballadores... todos somos obxectivos de ETA.
Que valientes son. Asasinaron a unha persoa que cometeu o delicto de xerar riqueza e postos de traballo en Euskadi. Son uns valentes.
Independentistas, autonomistas, españolistas, dereitas, esqueras, nacionalistas, progresistas, liberais, conservadores, todas e todos podemos pensar o que queiramos, pero esto condeámolo todos e todas.
Pero a culpa non é só de quen aperta o gatillo da pistola. Hai xente que pasa información, xente que non condea, xente que consinte. Hai moita xente corrompida en Euskadi. E esto nunha democracia non ten cabida.

O PP fai dobre salto mortal invertido con tirabuzón


Sí, os do PP acaban de facerse malabaristas e funanbulistas dignos do Ciro do Sol. Onte tiñan a aoportunidade de condenar a moción de censura plantexada contra a alcaldesa de Mos polos concelleiros do PP e un tránsfuga, e como sempre non o fixeron.
En Ourense eso non nos sorprende porque tampouco condenaron as mocións de censura de Calvos de Randín e A Pobra de Trives.
Logo viran con que eles son os garantes das esencias da democracia, pero así é o PP en Galicia. Núñez Feijóo cada día practica máis a política do "todo vale" á que nos ten acostumados Baltar.

Investimentos nas comarcas e selado do vertedoiro de Castro Caldelas

Hai hoxe dous meses anunciaba que se acababa de aprobar, por parete da Xunta de Galicia, a clausura do vertedoiro de lixo do Teso. Antonte foi aprobada no Consello de Ministros unha partida de 216.000 euros para poñer un punto e final sobre este vertedoiro incontrolado.

Pero non só estas son as boas novas para Castro Caldelas. O noso Concello, ó igual que todos os de España, vaise ver beneficiado polas medidas adoptadas polo goberno para incentivar a economía e o emprego. Así Castro Caldelas percibirá preto de trescentos mil euros para investir en obras e así poder poñer o seu grao de area para reactivar as obras e a economía española.

Hoxe pola tarde acudirei a unha reunión a Santiago de Compostela onde se nos explicarán os pormenores destas actuacións.

O montante que percibirán os Concellos da Comarcaé o seguinte:

Parada do Sil: 133.000 €, Montederramo: 190.000 €, A Teixeira: 92.000 €, Castro Caldelas: 299.000 €, Chandrexa de Queixa: 127.000 €, A Pobra de Trives: 464.000 €, San Xoán de Río: 144.000 €, Manzaneda: 189.000 €, e Vilariño de Conso: 129.000 €. O total para a comarca ascende a 1.767.000 €, é dicir 294 millóns das antigas pesetas.

Esto si que é o que de verdade precisan as entidades locais, que lle dean cartos para investir onde é mellor e non que o goberno ofreza paquetes pechados que moitas veces son de difícil aplicación. A autonomía local vese así reforzada.