Mostrando entradas con la etiqueta Mos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mos. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de diciembre de 2008

Gracias a "Las malas lenguas"

Quero agradecerlle o blog de Las Malas Lenguas que se fixera eco do que o PP está a facer en Galicia comprando concelleiros, contratando a "matóns" vestidos de negro e asaltando a vontade popular de concellos como Mos, Calvos de Randín ou A Pobra de Trives mediante mocións de censura.

Hai uns días colgou un post no que recollía información de varios medios, entre eles do meu blog, para explicar e informar sobre esta trama caciquil e seumafiosa e seudofascista.

Moitas gracias a Las Malas Lenguas por axudar a informar sobre este tema.


viernes, 12 de diciembre de 2008

PP = Patetismo popular


Escribo cheo de rabia e de impotencia, unha vez máis.
Unha vez máis, e xa van tres nesta lexislatura, o Partido Popular e os seus dirixentes van contra a vontade do pobo e auspician unha moción de censura cun tránsfuga. O que non consiguen nas urnas, consígueno comprando ós chaqueteiros.
Eu que xa pasei por este mal trago (hai agora 11 anos) sei a impotencia e a rabia que teñen ós/ás compañeiros/as de Mos.
Antes o PP xa o fixo en Calvos de Randín e en Trives. Pero case sempre o electorado faille pagar a estes "lambóns da política" a tropelís que cometeron.
Toda a miña solidariedade co PSOE de Mos.
Por certo, ó igual que en Calvos de Randín, empregaron uns matóns a soldo do PP para avasallar ós veciños.
Eu denunciei a tres deles que me agrediron en Calvos de Randín e hoxe, xustamente hoxe, saiu a sentenza. Os tres condeados a dez días de localización permanente e deberán pagarme unha indemnización.
Eu sei que a eles vaille sair barato, Baltar encargarase correr cos gastos, pero eu e os que estivemos en Calvos de Randín habemos comer unhas cigaliñas a conta do Partido Popular.

miércoles, 3 de diciembre de 2008

O PP fai dobre salto mortal invertido con tirabuzón


Sí, os do PP acaban de facerse malabaristas e funanbulistas dignos do Ciro do Sol. Onte tiñan a aoportunidade de condenar a moción de censura plantexada contra a alcaldesa de Mos polos concelleiros do PP e un tránsfuga, e como sempre non o fixeron.
En Ourense eso non nos sorprende porque tampouco condenaron as mocións de censura de Calvos de Randín e A Pobra de Trives.
Logo viran con que eles son os garantes das esencias da democracia, pero así é o PP en Galicia. Núñez Feijóo cada día practica máis a política do "todo vale" á que nos ten acostumados Baltar.