miércoles, 31 de octubre de 2007

Hoxe remata a gran falacia do Partido Popular

Hoxe por fin rematou a gran mentira do PP, esa que nos intentaron facer crer dende o 11-M ata o día das eleccións do 14 de marzo de 2004, esa mesma que día a día se encargou Pedro J. Ramírez e Jímenez Losantos (altavoz dos bispos), esa mesma que alimentaba Aznar, Acebes, Zaplana, Martínez Pujalte e Esperanza Aguirre, esa mesma ante a que Rajoy uns días se mostraba ambigüo e outros días axudaba a que medrase.
HOXE REMATA A GRAN MENTIRA DO PP DE QUE ETA TIVO ALGO QUE VER NOS ATENTADOS DO 11-M DE MADRID.
Hoxe remata a fabulación, a cospiración a mentira e a falacia do PP da COPE e do diario El Mundo.
Todos os líderes políticos de distinto signo se mostran satisfeitos porque por fin o xuiz diga alto e claro o que xa todos sabiamos, pero segue a haber un partido que aínda sementa a dúbida. Rajoy aínda pide que se siga investigando.

Se teñen algo de vergoña, estes señores deberían recoller os bártulos e irse para a casa. E os bispos se tiveran o máis mínimo decoro hoxe mesmo deberían retirar dos micrófonos da COPE a Jiménez Losantos.

Aquí vos deixo unhas cousiñas relacionadas con este tema por se vos interesan.

Comunicación do Presidente do Goberno sobre a sentencia do 11-M.

Declaración do Presidente do PP sobre a sentencia do 11-M.


martes, 30 de octubre de 2007

Acto de inauguración do Curso Galicia vista polo Dereito


Fotografía do acto inaugural do Curso Galicia vista polo Dereito adicado a Manuel Casado Nieto, Claudio Movilla e Orencio Pérez, tres xuristas caldelaos que foron uns grandes promotores da lingua galega no mundo xudicial.

Na mesa están de esquerda a dereita Xosé González Martínez, secretario da Asociación de Funcionarios; Carlos Varela, Fiscal Xefe de Galica; Eladio Osorio Castro, Alcalde de Castro Caldelas; Begoña Santos Fernández, Directora Xeral de Xustiza; Xosé Manuel Cid, decano da Facultade de Educación da Universidade de Vigo e Inés Celia Iglesias Canle, decana da Facultade de Dereito da Universidade de Vigo.

Entre os asistentes estiveron moitos familiares dos homenaxeados, xuíces, fiscais, avogados, estudantes e outras persoas.

Asistiron tamén ó curso Olegario Sotelo Blanco, Pefecto Andrés Ibañez, Xosé Manoel Salgado, Xosé Xoan Barreiro, Ramón Villares, Marisol López Martínez, Elisa Polanco, Jesús de Juana, Luís García Mañá...

Logo procedeuse a descubrir un monolito na parte de abaixo do parque da igrexa en homenaxe ós tres xuristas.

lunes, 29 de octubre de 2007

Menudo día



Onte volveu a haber eleccións municipais na Arnoia. Volvéronse repetirdebido a un fraude producido ó día da súa convocatoria oficial. Naquela data a presidenta da mesa, por orde do alcalde do Concello introduciu na urna un feixe de votos que non eran válidos, coa nosa postura en contra. Esto costoulle a Rogelio Martínez non poder ser elexido alcalde ata o de agora. Pero o que máis lle doe é que non puido ser elexido deputado provincial e polo tanto vicepresidente da Deputación.
O día foi moi longo e a tensión moita. Digamos que estabamos en territorio "hostil". Repetíronse as eleccións e repetíronse os resultados: 7 concelleiros para o PP, 1 para o PSOE e 1 para o BNG. Aínda que nós quedamos a 2 votos do segundo concelleiro.
A verdade é que un quédase estupefacto o poder observar de preto a maquinaria electoral que Rogelio Martínez ten montada tanto na Arnoia como no exterior.
Na urna chegaron a entrar tantos votos de emigrantes como de residentes e mentres que os votos dos residentes eran case parexos para o PP e a suma do PSOE e BNG, os da emigración foron 186 para o PP, 23 para o PSOE, 7 para o BNG e 1 branco.
Para o PP entraron na urna 186 votos da emigración e só 179 de residentes. Está claro que Rogelio ten montado en Uruguay e Argentina un "tinglado" que o día que alguén llo dea desmontado este señor deixa de ser alcalde dun dos concellos máis bonitos de Galicia

25 anos despois

Onte fixéronse 25 anos do triunfo do PSOE e Felipe González nas Eleccións Xerais de 1982.
Estas foron un punto e aparte na historia da democracia española. Por primeira vez dende o nacemento da democracia vencía o Partido Socialista.
Os resultados catapultaron a Felipe á presidencia do goberno co respaldo máis grande acadado nunca por un líder político nunhas eleccións a Cortes.
202 deputados do PSOE, 107 de AP-PDP, 12 de CiU, 11 de UCD, 8 de PNV, 4 do PCE, 2 do CDS, " de HB, 1 de ERCe 1 de EE. Estas eleccións supuxeron o descalabro de Adolfo Suárez e da UCD, que perdeu 157 deputados, o PSOE gañou 81 e AP-PDP 97. O PCE tamén foi un dos grandes derrotados ó retroceder 19 deputados.
Este día foi un gran paso adiante na historia da democracia española.
Pódedes profundizar máis no tema lendo este artigo de Joaquín Estefanía no diario El País, ou ver este especial do diario El Mundo.

sábado, 27 de octubre de 2007

A sede da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ven para Ourense

Hoxe os/as socialistas da provincia de Ourense celebramos unha convención de cargos públicos socialistas como vimos facendo todos os anos. Unha vez máis o acto celebrouse no Auditorio de Ourense.

Lembro que a última vez que fixemos un acto nesta mesma sala, o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño anunciou a gratuidade da autoestrada AG-53 Ourense-Lalín. Un avance importantísimo no reequilibrio territorial de Galicia. Teño que dicir que o goberno do Partido Popular contemplaba esta vía de comunicación con peaxe como xa fixera co treito de Lalín a Santiago de Compostela.

Pois hoxe Touriño deunos unha nova que esperabamos con gran ansiedade na sociedade ourensana: A sede da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que se vai a crear nuns meses vai a vir para Ourense.

Lugo, A Coruña e incluso outras cidades e vilas pugnaban por levar a sede para o seu territorio, pero ó final co traballo de xente como Pachi Vázquez, Conselleiro de Medio Ambiente a Confederación vaise ubicar na cidade da Burgas.

A parte do feito testimonial de que estea nesta cidade, hai unha vertente económica, que é que na Confederación van traballar ó redor de 150 personas, e polo tanto esto vai influír positivamente na economía da provincia.

No acto podemos ver na foto que estiveron Alfredo García (alcalde do Barco de Valdeorras e portavoz do PSOE na Deputación), José Benito Reza (Director Xeral de Conservación da Natureza), Miguel Fidaldo (Secretario de Organización do PSdeG-PSOE en Ourense), Laura Seara (Deputada Autonómica), Paco Rodríguez (Alcalde de Ourense), Emilio P. Touriño (Presidente da Xunta e Secretario Xeral do PSdeG-PSOE), Ricardo Varela (Conselleiro de Trballo e Secretario de Organización do PSdeG-PSOE), Pablo López (Deputado Autonómico),Conchita Camiña (Delegada de Presidencia), Paco Fumega (Delegado de Medio Ambiente), Luis Milia (Alcalde de Carballeda de Avia), Eladio Osorio Castro (Alcalde de Castro Caldelas), Carlos Montes (Alcalde de Carballiño), Ana Garrido (Concelleira de Ourense), Marga Martín (idem), Aurea Soto (idem), María Devesa (idem),Agustín Fernández (idem), Eladio Fernández (deputado provincial e concelleiro en San Cibrao das Viñas), Celso Fernández (Alcalde de Maside), Carmen R. Dacosta (Delegada de Traballo), etc.
Mentras tanto falaba Manuel "Pachi" Vázquez Secretario Provincial do PSdeG-PSOE en Ourense e Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

O vídeo orixinal das declaracións de Rajoy

Mira e xulga. A ver que che parece.

viernes, 26 de octubre de 2007

Primo non hai máis que un

Primo non hai máis que un

Díxome o meu primo


Esto é o que me dixo o meu primo.

Galicia vista polo dereito, en Castro Caldelas



Na próxima semana, do luns 29 ó mércores 31 celebraránse en Castro Caldelas as xornadas Galicia Vista polo Dereito.

Posiblemente as mellores xornadas celebradas nunca en Castro Caldelas.

Entre outros ven Conde-Pumpido.

Aquí vos deixou o programa

jueves, 25 de octubre de 2007

Sarko chámalle tonto a Rajoy



Sarkozy, o presidente de Francia, chamoulle hoxe tonto a Rajoy por obviar os danos que producimos os humáns no planeta.

En tono xocoso dixo que sin citar nomes e sin referirse a ninguén en concreto só lle merecía o calificativo de tonto aquel que non fose capaz de ver que hai unha serie de datos reais que avalan as teses de Al Gore.

Rajoy e o seu primo, non son só o centro das risotadas de España, senón que se rin delesen todo o Mundo.

Este é o líder cósmico da dereita española. Como diría Sarkozy "C'est la vie"

miércoles, 24 de octubre de 2007

"A esquerda ó longo da historia ten demasiadas cousas das que avergoñarse" José Mari dixit


José Mari I "de las Españas" volvenos a sorprender a todos/as. Acaba de publicar un novo libro que se titula "Cartas a un joven español". Que rancio sona, non?
No libro simula contestar unhas cartas que lle escribe Santiago, o mozo español. A min esto levame a lembrar os libros que empregaban de texto que empregaban os nosos pais e nais nas escolas baixo o réxime de Franco.
Sabedes que é moi raro que escriba neste blog en castelán, pero hoxe vouvos a transcribir literalmente, na lingua de Cervantes, algunhas pasaxes do libro de Jose Mari I "de las Españas".
Xulgado vós mesmos/as:

Sobre la "izquierda real": "El comportamiento de la izquierda a lo largo de la historia tiene demasiadas cosas de las que avergonzarse".
Sobre ser "facha": "Me dices que califican tu postura de 'facha'. Pero tú tranquilo. No sé qué haría cierta izquierda si no tuviese a mano la palabra 'facha' para utilizarla cada vez que no sabe muy bien qué decir".

Sobre su llegada al Gobierno: "La tasa de paro era del 24%. Entre los jóvenes, esa misma tasa de paro llegaba nada menos que el 50%. La de las mujeres era del 35%. Todo muy 'social'. Más bien, muy socialista".

Sobre el nacionalismo: "El nacionalismo simplifica y reduce la acción a una dimensión única, la defensa de la nación (...) El nacionalismo ha sido uno de los peores enemigos del pluralismo (...) es alérgico, cuando no contrario, al pluralismo (...) una trampa en la que no hay que caer".

Sobre la negociación: "Hay que ser optimistas, como lo fuimos en 1996 con el terrorismo de la banda ETA. Nadie pensaba entonces que fuera posible romper el espinazo de la banda mafiosa y terrorista y, en 2004, estaba ya prácticamente muerta (...) Por suerte, hasta 2004 las cosas se hicieron bien y espero que el apaciguamiento no nos haya hecho retroceder demasiado".

Sobre la educación: "Lo que se ha puesto en marcha es algo que no tiene nada que ver con la transmisión del saber, y sí con una voluntad (...) de adoctrinamiento nueva en los países democráticos (...) La escuela tiene que infundir en los alumnos el respeto a los valores cívicos (...) pero eso no quiere decir inculcarles una ideología".

Sobre la familia: "No me parece correcto que se le dé el carácter de matrimonio a una unión que no sea entre un hombre y una mujer. Es algo respetable, pero no forma un matrimonio. Ni equivalente, ni alternativo (..) No sé, y creo que nadie lo sabe, qué pasará cuando un niño o una niña no puedan llamar padre ni madre a quienes se dicen sus progenitores pero que en muchos casos no lo van a ser. No sé si se están anteponiendo los sueños de los adultos a los derechos, esta vez muy reales, de los niños".
Por certo, esto non é unha coña, aínda que volo poda parecer. É real, ó igual que as tonterías de Rajoy sobre o cambio climático.
Que xentiña...

Segue a xira


A nosa particular xira segue sen parar por todas as comarcas de Ourense. Hoxe tocounos O Ribeiro. Fixemos un acto de partido para analizar a situación comarcal e as vindeiras eleccións xerais entre outras moitas cousas.
A actividade desenvolveuse no Pazo Abadía Caldaria de Arnoia. Como recibimento o alcalde encheu o camiño dende o pobo ata a abadía de carteis en contra do parque ambiental. Rogelio Martínez tennos acostumados a este tipo de manifestacións moi propias do sur de Italia. É o Martínez "El facha" particular desta provincia.
Por certo, o domingo vólvense a celebrar eleccións municipais na Arnoia logo de que a Xustiza o ordenase debido as irregularidades levadas a cabo por este elemento do PP sobre o voto emigrante.
Sabemos que está moi difícil mellorar os resultados, pero eu aposto a que aínda gañamos un concelleiro máis. O domingo saberémolo. Ánimo Jorge.

martes, 23 de octubre de 2007

E ti tés algún primo que saiba de cambio climático?



Esto que estás vendo na foto non existe. É pura ficción, froito dunha montaxe a nivel mundial orquestada polas ordas roxas e os masóns para que non consumamos máis derivados do petróleo. Esto debe ser o que pensa o profesror Rajoy, licenciado e master cun laude en ciencias, ecoloxía e especialista en cambio climático.

O líder da dereita española atreveuse onte a cuestionar o cambio climático en tono coñero e citando como autoridade no tema a un primo seu, que seica estudou física. Dixo que "ningún científico me ten garantido o tempo que ía ir mañá en Sevilla. Como alguén pode dicir o que vai a pasar no mundo dentro de 300 anos?

Eu non sei se é que o mundo está do revés ou que é o que aquí acontece. Como alguén lle pode votar a un partido cuio líder se ríe do que pode ser o problema máis serio do noso planeta en moitos miles de anos?.

Mentres el se ría deste tema, onte un grupo de 4000 científicos insistía na alerta sobre a situación climática mundial.

Pois nada amigos/as, a seguir soportando as tonterías do caudillo dos conservadores.

lunes, 22 de octubre de 2007

Seguimos co Tour 2007-2008

Nós seguimos co tour 2007-2008. Todos os días por ahí adiante facendo actos do PSOE.
Hoxe tocounos a comarca máis lonxana de Ourense, Valdeorras. As 19:00 h. tivemos unha reunión comarcal para analizar como se atopa o Partido en Valdeorras e ver como imos afrontar as vindeiras eleccións xerais. Logo as 20:30 fixemos un acto sobre os dous anos de goberno na Xunta.
A verdade é que vir ó Barco de Valdeorras é moi alentador, é a comarca onde mellor se atopa o PSdeG de toda a provincia, por primeira vez na historia o noso partido foi a forza máis votada. Esto hai que llo agradecer a todas as personas de Valdeorras, pero especialmente ós/ás nosos/as compañeiros/as do PSOE valdeorrés e en especial a Alfredo García, o secretario comarcal.
Na foto entre outros están Toño (ex-Alcalde de Rubiá), Carmen (Delegada de Traballo), Paco (Alcalde de Ourense), Alberto (Deputado no Congreso), Gonzalo (Delegado de Educación), Alfredo (Alcalde do Barco de Valdeorras), Pachi (Sº Provincial do PSdeG-PSOE e Conselleiro de Medio Ambiente), Macu (Deputada Autonómica, Conchita (Delegada de Presidencia), concelleiros/as do Barco de Valdeorras, Fumega (Delegado de Medio Ambiente), Raúl (Delegado de Obras Públicas), Miguel (Alcalde de Petín), Santos (portavoz en Vilamartín de Valdeorras), Luis (portavoz e próximo alcalde de A Rúa)...

Ledicia e tristura na política internacional



Hoxe na política internacional unha de cal e outra de area.

Onte celebraronse en Suiza eleccións xerais e gañou o Partido Popular de Suiza, un partido de dereitas e corte populista. O UDC-SVP levou a cabo unha campaña racista e xenófoba. O seu cartel electoral díceo todo, cun eslogan que reza "creando seguridade", unha ovella branca expulsa dunha patada no cu a unha ovella negra fora do tapiz que forma a bandeira suiza. Como diría un amigo meu "para que falar..."

Por outra banda, onte tamén se celebraron eleccións parlamentarias en Polonia. Non gañou a esquerda, que foi a terceira forza, pero gañou un partido de dereitas (liberal) normal.E digo normal porque o Partido de Lei e Xustiza dos irmáns xemelgos Kaczyski que levan gobernando Polonia dende hai uns anos é de todo menos normal. Un partido que rompe a cada pouco a estabilidade en Europa, ultracatólico, antieuropeísta e perseguidor dos ex-comunistas. Por certo, para Aznar son os seus ídolos en Europa.

Pois nada, que o sinto polos suizos que sempre foron un exemplo de convivencia entre distintas nacionalidades e etnias e que a partir de agora seguro que entran nun grave retroceso en canto a convivencia, e noraboa ós polacos por darlle un pouco máis de seriedade a política do su país.

Unha aperta, compañeiro

Estes días atrás Pasqual Maragall sorprendianos a moitos anunciando a súa baixa de militancia no PSC, e por conseguinte no PSOE.
Hai tempo que o ex-President Maragall discrepa co posicionamento do noso partido sobre diversos temas, sobretodo coa nosa relación co nacionalismo e os/as nacionalistas.
Teño que dicir que nestes temas non coincido moito coa postura expresada polo compañeiro Pasqual Maragall, pero tan respetable é a súa opinión como a miña.
Para min é unha mágoa perder no PSOE a unha persoa que tanto ten aportado ó socialismo en España, pero é a súa decisión e polo tanto respectoa.
Aínda me sorprendeu máis a súa rolda de prensa que deu ó día seguinte e na que anunciou que lle diagnosticaran que padecía alzheimer. Sorprendeume, non porque llo diagnosticaran a el, senón pola entereza con que o fixo público e a dignidade con que se ve que afronta unha enfermidade tan temida.
Quero, compañeiro Maragall, enviarche unha aperta dobre. Primeiro porque che vaia ben na túa andaina fóra do PSC, e logo porque sexas capaz de vencer a ese monstruo que é o Alzheimer.
Unha aperta.

viernes, 19 de octubre de 2007

A educación non é toda igual


A educación non é toda igual, ti escolles.

jueves, 18 de octubre de 2007

Zupermán

Zimplemente....Zupermán

A Ministra Elena Espinosa encabezará a candidatura do PSOE ó Congreso por Ourense



A ministra de Agricultura, Elena Espinosa, encabezará a candidatura socialista ó Congreso por Ourense, segundo se pode oír en todos os mentideiros políticos. Hoxe de feito xa recollen esta nova case todos os medios de comunicación. A proposta que se ven comentando dende hai semanas ten o apoio do partido en Ourense.

O propio secretario xeral do PSdeG-PSOE, Emilio Pérez Touriño, anunciou onter que proporá que un ministro/a encabece unha das listas socialistas galegas ás próximas eleccións ó congreso. A súa designación, que aínda ten que someterse á aprobación dos órganos do partido, conta xa co respaldo do PSOE na provincia.

Está previsto tamén que o secretario de Organización del PSOE, José Blanco, abra a lista de Lugo e Antón Louro en Pontevedra. O ministro de Cultura, César Antonio Molina, posiblemente encabece a candidatura por A Coruña.

Dende aquí quero manifestar todo o meu apoio a esta proposta de que encabece a nosa candidatura Elena Espinosa, unha ourensana que leva feito unha gran labor polo mundo rural de España e que sempre ten presente a nosa provincia nas súas políticas

Carod-Rovira, menuda cagada



Onte poidemos asistir pola televisión á terceira entrega de "Tengo una pregunta para usted...". Asistiron o cordenador de IU Gaspar LLamazares, o portavoz de CiU no Congreso, Duran i LLeida e o presidente de ERC, Josep LLuís Carod-Rovira.

Ó igual que nos outros dous programas, ós que asistiran Zapatero e Rajoy, o ton de todos foi de carácter suave e conciliador, sen ningunha estridencia. Foron amables e intentaron contestar o mellor posible ós/ás cidadáns e saír airosos das encerronas nas que as veces eran metidos.

Pero nesto chegou Carod-Rovira.... Sometéreno a varias preguntas que o podían poñer en apuros, o ton de varios cidadáns era para retar e botar contra as cordas ó líder independentista catalán, pero Carod-Rovira en vez de intentar ser amable e contestar ás preguntas amablemente enfronouse persoalmente a todos/as e cada un ha das persoas que o poñían en apretos.

Un político que se precie, que queira gañar votos e que non queira empeorar a súa imxe, a do seu partido e a do seu ideario nunca debería facer o que fixo J.L. Carod-Rovira.

Está claro que calquera persoa española que poidera ter algo de reparo cara ó catalanismo esta noite aumentouno pola obra e gracia desta personaxe provocadora, e tamén está claro que calquera persoa que vote a ERC, pero que estea nunha esfera moderada costaralle volver a votar ó líder dun partido que só fomenta a confrontación cos habitantes do que el chama "o país veciño".

Comparto co Sr. Carod-Rovira algúns dos seus plantexamentos e entendo que estea irascible polos ataques ós que é sometido polo nacionalismo español pero eso non xustifica que un político perdaós papeis e abronque dese xeito a todas quelas persoas que non pensan coma ela.

Sr. Josep Lluís Carod-Rovira, menuda cagada...

lunes, 15 de octubre de 2007

¿Por qué vou a ter que condenar eu o franquismo? Mayor Oreja dixit



Este domingo La Voz de Galicia publicaba unha entrevista dunha páxina a Mayor Oreja, ex-ministro de interior e vicepresidente do Grupo Popular no Parlamento Europeo. Nesta noticia hai dous titulares que son demoledores. O primeiro deles í que "Zapatero fixo unha unión temporal de empresas con ETA". E o outro pregúntase que "¿Por que vou a ter que condenar eu o franquismo?".

Dende logo cada día que pasa eu sorpréndome máis con esta dereita española, centrista, democrática e de talante dialogante. Pero, imos a ver, está claro que día tras día e comentario tras comentario, estamos asistindo á aniquilación da centro-dereita española por un grupo de nostálxicos e fastizoides que controlan o PP.

Haberá quen diga, ¿e a ti que che importa se non eres do PP?, pero sí me importa esta a suceder o pior que pode pasar nunha democracia, que un grupo maioritario coma o PP se deixe arrastrar ó terreo da extrema dereita máis rancia.

Polo ben de todos/as, señores do PP poñan algo de cabeciña no que fan e no que din que parece que nos queren devolver ás épocas en que D. Manuel era ministro.

jueves, 11 de octubre de 2007

Mariano I, El Sucesor



Hoxe Mariano I, El Sucesor sorprendeunos a todos/as cun vídeo no que fai un chamamento ó patriotismo, a que o día 12 todos/as nos envolvamos na nobre insignia española que nos representa alén dos mares.


Mariano I o que fóra nombrado sucesor por obra e gracia de José Mari, el Grande está entrando nunha grave crise de identidade. Ou é que se cre o monarca de España, Mariano I, ou ben se nos acaba de pasar ó bando republicano e pretende facer de Xefe de Estado, Mariano I, el Republicano.


Pero este señor, non se deu conta de que o único que é, é o eterno sucesor, o xefe da oposición. Preséntanos un vídeo no que fai un chamamento ó patriotismo. Parece que o PP segue a querer levantar esa pantasma de que os radicais, os nacionalistas, os comunistas, os socialistas, e outras malas alimañas pretenden romper España e aquí esta o PP e Mariano I, el Sucesor para salvarnos a todos/as.


O vídeo non ten desperdicio, podédelo ver aquí. Fixádevos nos ollos de cenenos que pon, da medo mirarlle ós ollos. De todos os xeitos aquí vos deixo o texto da locución para que xulguedes.


Pasado mañana, doce de octubre, los españoles celebramos nuestra fiesta nacional. Mi deseo es que este año, por razones que todo el mundo conoce, los españoles celebremos de manera especial esta fiesta.Porque somos una nación y queremos celebrarlo y dejar constancia de que nos alegramos.Por eso vamos a honrar y a exhibir el símbolo que, con la Corona, mejor nos representa en todo el mundo:- La bandera que aprobamos en 1978.- La que exhiben nuestros deportistas con orgullo.- La que cubre el féretro de nuestros soldados.- La que saludan con respeto todos los jefes de Estado que nos visitan.- El símbolo de España.- El símbolo de la nación libre y democrática que formamos más de cuarenta millones de españoles.- La bandera de todos, porque en ella estamos todos representados.Yo estoy orgulloso de ser español. Sé que los españoles también lo están. Por eso, pido a todos que, por encima de cualquier diferencia ideológica, el doce de octubre lo manifiesten con franqueza. Y que hagan algún gesto que muestre lo que guardan en su corazón.En casa o en la calle, de forma individual o con la familia y amigos.Para que todo el mundo sepa lo que los españoles sentimos por España.Y que sabemos proclamarlo sin aspavientos pero con orgullo y con la cabeza bien alta. Y yo me adelanto ya y digo a todos los españoles: ¡Feliz día de la nación española! ¡Feliz fiesta nacional!


Eu para rendirlle honores á enseña nacional o próximo día 12 vouno a celebrar na casa, para elo eu, a miña moza e máis as dúas nosas gatas imos a facer un gran desfile conmemorativo da Festa Nacional. Xa merquei unhas ducias de metros de bandeira nacional, ímonos envolver todos nela e coas gatas faremos un desfile que partirá do salón para continuar polo pasillo ata rematar na nosa habitación, facendo parada fronte ó baño onde colocaremos unha peana co retrato da familia real ó completo.


¡¡ Arriba España!!

miércoles, 10 de octubre de 2007

Voltan os malnacidos



Onte eran pouco máis das dúas cando nunha reunión que mantiñamos no Pazo de San Damián (Amoeiro) con todos os alcaldes socialistas de Ourense nos sorprendeu unha nova desalentadora: ETA atentaba contra un escolta dun compañeiro socialista do País Vasco.

Gabriel Ginés, escolta privado de profesión, militante do PP e veciño de Zaragoza fora o obxectivo da banda asasina de ETA. Foi case unha casualidade que dera salvado a vida, xa que o artefacto que os terroristas colocaron no seu coche era unha bomba-lapa incendiaria adosada nos baixos ó carón do depósito de combustible.

Eu sempre fun un firme defensor de que para lograr acadar a paz en Euskadi só habís un camiño: o diálogo. A verdade é que a pesar de todo este recrudecemento dos actos terroristas sigo pensando que é imposible chegar ó final do conflicto se ámbalas dúas partes non chegar a un acordo, no que todos/as teremos que ceder. Pero tamén é certo que cada vez creo que é máis difícil chegar a un acordo con aqueles que son incapaces de moverse das súas posicións radicais. Eu aplaudo a Felipe, a Aznar, a Zapatero e a todos aqueles que intentaron poñerlle fin a esta lacra mediante o diálogo (aínda que algúns intenten distorsionar a realidade), pero creo que de momento tocanos volver a pasar unha época de falta de diálogo e de confrontación. Oxalá os asasinos se dean pronto conta de que levan moitos anos matando sen conseguir nada, pero cando o burro tira para atrás nin pegandolle paos vai para diante. Dende aquí só me queda pedir a PAZ.

lunes, 8 de octubre de 2007

Corenta anos da morte do "Che".



Hoxe celébrase a homenaxe central ó mítico guerrilleiro Ernesto "Che" Guevara polo cuadraxésimo aniversario do seu pasamento nas selvas de Bolivia. O acto nacional, segundo un anuncio publicado onte na portada polo diario oficial "Juventud Rebelde", será presidido por un dirixente da Revolución Cubana e comezará ás oito da mañá hora local (13:00 GMT) na Praza da Revolución Ernesto "Che" Guevara de Santa Clara (provincia de Villa Clara), a uns 300 kilómetros da Habana. Tamén podedes atopar información no diario cubano Granma.
Onte no especial Domingo do diario El País publicaba Mauricio Vicent un gran e bo reportaxe titulado El Che Íntimo 1 e 2 que é de moito interés.
Dende aquí a miña homenaxe a unha persoa que con todos os seus acertos, e todos os seus erros, loitou por aquelo polo que creía, polo socialismo e pola liberdade... logo o futuro e Fidel convertiron Cuba no que é hoxe, posiblemente, él non estaría moi dacordo con que ese tipo de sistema político pervivise ata hoxe