lunes, 22 de octubre de 2007

Unha aperta, compañeiro

Estes días atrás Pasqual Maragall sorprendianos a moitos anunciando a súa baixa de militancia no PSC, e por conseguinte no PSOE.
Hai tempo que o ex-President Maragall discrepa co posicionamento do noso partido sobre diversos temas, sobretodo coa nosa relación co nacionalismo e os/as nacionalistas.
Teño que dicir que nestes temas non coincido moito coa postura expresada polo compañeiro Pasqual Maragall, pero tan respetable é a súa opinión como a miña.
Para min é unha mágoa perder no PSOE a unha persoa que tanto ten aportado ó socialismo en España, pero é a súa decisión e polo tanto respectoa.
Aínda me sorprendeu máis a súa rolda de prensa que deu ó día seguinte e na que anunciou que lle diagnosticaran que padecía alzheimer. Sorprendeume, non porque llo diagnosticaran a el, senón pola entereza con que o fixo público e a dignidade con que se ve que afronta unha enfermidade tan temida.
Quero, compañeiro Maragall, enviarche unha aperta dobre. Primeiro porque che vaia ben na túa andaina fóra do PSC, e logo porque sexas capaz de vencer a ese monstruo que é o Alzheimer.
Unha aperta.

No hay comentarios: