viernes, 24 de agosto de 2007

As amistades peligrosas de Alcaraz



Invítovos a que leades esta nova que me publicaron no Menéame sobre as amistades peligrosas de Alcaraz, o presidente da Asociación de Víctimas do Terrorismo, basada en información do diario El Plural. Este señor, íntimo amigo da plana maior do PP, partido no cal milita a súa esposa mantén unha extraña relación con Ynestrillas, líder da ultradereita española.
Ricardo Sáenz de Ynestrillas estivo acusado de asasinar ó dirixente de HB Josu Muguruza e foi absolto pola Xustiza.
Alcaraz que di defender ás víctimas do terrorismo (aínda que só defende a algunhas) resulta que é colega dun terrorista. Vaia, vaia...
Podedes atopar toda a información neste enlace.

Un día triste para todos os/as demócratas.



Hoxe debería ser un día triste para todas e todos os demócratas. ETA fixo estalar unha bomba en Durango, con máis de 80 quilos de material explosivo. Houbo dous feridos e poidose producir unha masacre. Pero mentres todos deberiamos de estar pechando as cancelas contra os terroristas, algo distinto está a acontecer. Algo ó que xa case estamos acostumados dende que Rajoy comanda o Partido Popular: “No podemos seguir dejándonos engañar por el PSOE", advierte María San Gil, líder dos populares bascos. O PP insiste en "pedir cuentas" ó Goberno tralo atentado de ETA. Tendes máis información e moi interesante neste enlace de El Plural.