Cando escribo estas liñas fáltanme unhas horas para poder coller vacacións. A verdade é que creo que este ano foron merecidas, pero non me vou a poñer aquí a relatar todos os momentos de traballo estresante que houbo nestes meses.
Xa só penso nestes días de descanso que vou a pasar entre Ourense, Castro Caldelas, varias escapadas por ahí adiante, e sobre todo unha viaxe que tiña metida entre cella e cella para facer, e que xa intentei durante os dous últimos veráns pero que logo tiven que cambiar.
Por fin vou ir ás Illas Azores. A ver se se cumplen todas as expectativas que teño sobre este arquipélago no medio e medio do Atlántico.
Espero poder traer tan boas fotos como estas atopadas no flickr de Roy McGrail (krm gib), Patxi 64, EudaldCJ (out) e Casimiro Valério, respectivamente. Xa as colgarei aquí no blog ou na miña conta de Panoramio.
De todos os xeitos espero seguir escribindo estes días. Unha aperta a todos e todas os/as que ledes este blog.
3 comentarios:
Será a quincena ou o mes enteiro?
Non me contestes agora, faino despois das vacacións, ja, ja.
Pasao ben.
Que pases unas buenas vacaciones. A disfrutar de tus dias y a descansar, o no?.
Ola Eladio, que teñas unhas boas vacacións polas illas atlanticas. Supoño que non poderás estar en dúas noites de música. Este ano polo calendario dos artistas houbo que elexir o día 12 e 13 de agosto e esperamos poder contar con moitos amigos do ano pasado e outros que visitan a nosa bisbarra en agosto. Sáudos.
Publicar un comentario