Por primeira vez nestes 130 anos, os/as socialistas ourensanos/as imos ter unha estructura provincial nacida dun congreso.
Onte tiña lugar no Conservatorio de Música de Ourense, na rúa Pablo Iglesias (menuda casualidade) o I Congreso Provincial do PSdeG-PSOE, no que saiu elexido con case o 90% de apoio Raúl Fernández.
Raúl é un mítico do socialismo ourensán, alcalde do Concello de Castrelo do Val dende 1987 deixou o bastón de mando no ano 2005 para asumir a Delegación da Consellería de Política Territorial en Ourense.
Foi un dos nomes que sempre sonou para asumir este cargo, pero non deu o paso definitivo ata tres días antes do Congreso, por diferentes motivos.
Dende que confirmou que el aspiraría á Secretaria Provincial foron 72 horas frenéticas de múltiples contactos, nas que un reducido número de persoas estivemos ó seu carón botándolle unha man para que todo o proceso resultara o máis satisfactorio posible, pero claro, con tan pouco tempo nunca se pode chegar a todos/as os/as compañeiros/as.
Por eso, un dos retos que asumiu foi que no prazo de tempo máis breve posible recorrerá os 92 concellos da provincia reuníndose cos afiliados/as e militantes para escoitalos a todos/as.
A segunda parte do Congreso é na que se elixe a executiva. Aquí teño que dicir que contei coa confianza do novo Secretario Provincial para levar unha das encomendas máis sensibles dos vindeiros anos que é ser o responsable da área de acción electoral.
Raúl Fernández escolleu un equipo de trinta e dous homes e mulleres que imos dar todo o mellor de nós para que o socialismo se consolide e vance na provincia de Ourense.
Non podo rematar este post sen facer mención ós principais artífices do despegue do PSOE en Ourense nos últimos anos que foron Pachi Vaázquez e Miguel Fidalgo, que acadaron sacar ó noso partido das loitas fraticidas e do pelotón de cola para lograr os momentos máis dulces do socialismo na nosa provincia. E como non, facer unha mención a Eladio Fernández, o último secretario provincial que foi quen de levar as riendas deste partidos nos últimos meses.
A nota tráxica deste día, foi o falecemento en accidente de circulación de Félix Redondo Ruiz, chófer de Leire Pajín. Regresaba para Madrid, logo de deixar no aeroporto de Vigo a nosa Secretaria de Organización, e perdeu a vida na estrada á altura da Gudiña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario