Onte arrincou a nova “tempada política” para os/as socialistas ourensáns. Despois de levar a cabo o I Congreso do PSdeG-PSOE de Ourense e elexir a executiva, este sábado tivemos a primeira “toma de contacto”.
Constituíuse a nova executiva, da que formo parte como Secretario de Acción Electoral, e fíxose unha análise e unha posta en común da actualidade e da actividade política.
Díxeno durante o congreso, onte na executiva e sigo repetindo, estou tremendamente orgulloso do equipo do que formo parte, porque sei que nel está unida a longa experiencia de moitas persoas coa savia nova doutras moitas que van a ser o futuro do socialismo nesta provincia.
Haberá altos e baixos como en todas as situacións desta vida, pero auguro un bonito futuro para o PSdeG desta provincia con este equipo.
1 comentario:
¿Cal é a responsabilidade dun Secretario de Acción Electoral?, ¿xestionar a campaña?
Publicar un comentario