Chegou o outono. Para moitos unha época de depresións pola volta ó traballo, pola falta de luz e pola caída da folla. Para min comeza, posiblemente, a éopca máis bonita do ano.
Moitos/as de vós non sei se conoceredes unha das miñas facetasmáis "artísticas". Son dende hai moitos anos un gran amante e entusiasta da fotografía.
Para min co outono non só comeza a época dos figos, as uvas, o magosto e os chouparros. Para min tamén comeza unha época moi interesante para capturar imaxes.
As fotos que aquí vos presento son todas da miña autoría e pertencen todas ó outono. Esta serie está toda realizada en Castro Caldelas ou nos seus arredores.
Se vos interesa o tema e vos gustan as miñas fotografías podedes pasar pola páxina onde colgo as miñas colección e botarlle unha ollada a ver que vos parecen.
Unha aperta.
5 comentarios:
Todos os que nos gusta a fotografía estamos esperando esta época do ano para capturar eses momentos que nos deixa o outono. Esa mezcla de cores, nos nosos montes e viñas deixanos unhas estampas fermosisimas.
Un saúdo.
Fermosas fotos. Eu agardo tamén esta época par sacar algunhas.
Chouparros... Choupins pola miña zona. ¿A foto é deste ano?
Enhorabuena. Las fotos son muy hermosas. Dan ganas de pasarse por el Castro (aunque cualquier época es buena para eso).
Saludos.
Ola, este fin de semana irei A Teixeira a traballar na casa, e depaso a ir buscar uns Chouparros, e tamen a mercar unhas Bicas a Malena, que estan moi boa
Un saudo, que este fin vai facer vo tempo, asi que andaremos polos campos de Celeiros
Publicar un comentario