Mostrando entradas con la etiqueta Congreso; PSOE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Congreso; PSOE. Mostrar todas las entradas

sábado, 20 de diciembre de 2008

Patxi López contesta as miñas preguntas

Patxi López é un dos políticos máis activos na rede, con blog propio e sitio no facebook. O que vos vou contar aconteceu hai xa unhas semanas, pero por falta de tempo non volo contei. 

Patxi fíxonos unha proposta a un grupo de amigos a través do facebook e do blog, que lle formulasemos preguntas que quixeramos que nos respostara e que o faría a través dun vídeo que colgaría no seu blog.

Eu lanceille unha serie de cuentións, e aquí están respostadas dentro do vídeo "Cuando sea Lehendakari".

Desde logo esta é outra forma de facer política, máis preto da cidadanía, cara a cara, e empregando as novas tecnoloxías, que son o futuro.

Moitas gracias Patxi e estou seguro que seras o vindeiro Lehendakari.

jueves, 2 de octubre de 2008

Miguel Fidalgo nomeado viceportavoz do PSOE na Comisión de Fomento do Senado



Dende hoxe o senador socialista pola provincia de Ourense, Miguel Fidalgo será o número 2 do PSOE na Comisión de Fomento, o viceportavoz. Esta é, posiblemente, a comisión que máis miga ten na Cámara Alta. Todo un recoñecemento á labor calada co noso senador está a desenvolver.


Miguel, ademais, é vocal na Comisión de Vivenda e secretario na Comisión de Medio Ambiente, Agricultura e Pesca.


Noraboa.

martes, 8 de julio de 2008

O Congreso da ilusión

Delegación ourensana con Emilio Pérez Touriño no 37 Congreso do PSOE
Imaxe de Baffypeess para o xornal La Región

Artigo publicado no xornal La Región no día de hoxe.
Volto do 37 Congreso Federal do PSOE. Volto do Congreso dos debates, do Congreso da ilusión, do Congreso das ideas.

Chego a Ourense cheo de ilusión e de esperanza porque acabamos de elixir unha executiva que aporta nova savia e novas ideas. Unha executiva, coa cal o mellor do socialismo está por chegar. Un grupo de dirixentes cheos de frescura e de decencia política. Nomes como os de Elena Valenciano, Carme Chacón, Edu Madina, Antonio Hernando ou Leire Pajín, por citar algúns, son todo un luxo para un partido político.

Leire Pajín, a protagonista deste Congreso e “amiga da alma” de Laura Seara, como a mesma Pajín se definiu, é un referente e un luxo para todas e todos os socialistas de España. Unha persoa que leva dende os quince anos loitando polos dereitos dos máis desfavorecidos, pola igualdade e contra a pobreza.

Pero este non foi o Congreso das persoas, este foi o Congreso das ideas. Abordamos os temas que lle interesan á sociedade, aínda que para Rajoy, estes son problemas menores e secundarios

Nas comisións falamos e debatemos sobre a laicidade do Estado, a lei de prazos do aborto, a prostitución, o dereito a votar dos inmigrantes, a cibermilitancia, o dereito a unha morte digna, o modelo autonómico, o cambio climático, o gasto social... E aínda hai quen di que xa non existe a dereita e a esquerda. Por certo, esto, sempre o din as persoas de dereitas.

Había tempo que non se recordaba un congreso dun partido onde se asumiran tantos compromisos sociais e de tanto calado. Política e máis política, pero política de esquerdas, era o que rezumaban esta fin de semana as paredes do Palacio de Congresos de Madrid.

E nos debates, os delegados e delegadas galegas participamos activamente e en primeira persoa, con novas propostas e novos avances para construír o socialismo e a España do futuro. Non podía ser doutro xeito, porque como dixo Zapatero, tennos o ollo posto ó Partido dos Socialistas de Galicia, sabedor de que podemos romper o mito da Galicia conservadora. E así, avanzar na transformación progresista, modernizadora e de esquerdas.

Persoalmente, quero destacar o papel que xoguei, xunto a outros compañeiros de diversas agrupacións de España, nos avances dun novo tipo de activismo político: a cibermilitancia. Un partido político non pode ir por detrás dos avances da tecnoloxía e da sociedade a así o asumiu, sen reparos, o PSOE.

Hai quen di que este foi un Congreso á “búlgara”, pero este foi un Congreso dos consensos e dos avances sociais, onde non se viu a ninguén enfadado, frustrado ou decepcionado.

Volto deste Congreso ilusionado e esperanzado, porque creo que estamos a escribir o que será o futuro da política do PSOE, e polo tanto o futuro da política de España. E pódovos dicir que é a outra cara da moeda desa política amarga e rancia que escribe o Partido Popular.

Eladio Osorio Montenegro

sábado, 5 de julio de 2008

Un partido moderno

Un partido moderno, que muda cousas, que avanza para adaptarse á sociedade. Neste camiño está traballando o PSOE.
É espectacular os avances en novas tecnoloxías que hai neste Congreso. Nin eu, que procuro estar ó día en todo esto, me entero de todo. Será que me fago vello e me supera xa todo esto?
Un avance moi importante é crear estructuras municipais nas grandes cidades. E outra o de crear estructuras provinciais no País Valenciano e en Galicia, onde aínda non existían. Esto non ten porque supor o fin das estructuras comarcais. Pero, é verdade, que suporá un gran avance para que a estructura do Partido se pareza máis á sociedade.
Seguireivos contando ó final da tarde ou mañá pola mañá.
Agora vou a votar para o Secretario Xeral do Partido.
Apertas dende Madrid.