lunes, 13 de octubre de 2008

Pillados "in fraganti"

Comentaba na anterior entrada sobre Prométeme a película de Kusturika que fomos a ver onte. E ahí estamos, pillados in fraganti" no cine por Miguel Ángel, un dos gráficos de La Región.

Na primeira fila, e de dereita á esquerda Belén, eu, Juan Luis e Natalia. A do lado non sei quen é.


Prométeme - Kusturika

Onte asistimos Belén, Natalia Juan Luis e eu á por primeira vez este ano o Ouff (Festival de Cine de Ourense) e fomos ver Prométeme (Zavet) de Emir Kusturika, dentro da sección de Inédito en Ourense.
Hai que lle agradecer ó Ouff que achegue xoias do cine a Ourense que non pasaron polas salas da provincias debido ós poucos cines que hai e o seu estilo de só emitir películas comerciais.
Unha advertencia: esta é unha película para amantes de Kusturika. Absténganse non iniciados. Emir Kusturika, cineasta serbio archirecoñecido e premiado nos festivais de cine europeo e archireprobado polos máis "sabios" críticos de cine é un dos directores máis "especiais" que hai hoxe en día no panorama mundial. Hai están O tempo dos xitanos, Undreground, Gato negro - gato branco, A vida é unha miragre...
Non se pode ir ó cine pensando "Ten que me gustar. Está película ten que me gustar". Kusturika é tan especial fancendo as súas películas que á saída destas podedes atopar xente que vai abraiada coma outra que sae escandalizada.
A min particularmente gustoume máis Gato negro, gato branco ou A vida é unha miragre, pero Prométeme tamén está bastante ben.
Creo que na metraxe lle sobran minutos (120 m.) xa que hai algúns momentos (como o final) que se fan excesivamente largos e repetitivos. Polo resto o seu humor irreverente e crítico pon de volta e media ó seu país, a Europa, a EEUU, ás guerras e a política.
A música (feita esta vez polo seu fillo e non por el) sigue a mover a todo o cine das súas cadeiras. En canto a novidades, que ninguén busque ningunha, o director serbio sigue na mesma liña das súas últimas películas. Nese aspecto non aporta nada novo.
Convídovos a que vos pasedes polo blog Sin pelos en la lengua onde entre outras moitas críticas de cine, Óscar Martínez fai a seguinte sobre Prométeme.
"El 11 de julio llega a nuestras pantallasZavet, traducida aquí como Prométeme, la nueva película del cineasta (y compositor) serbio Emir Kusturica.
Protagonizada por Marija Petronijevic, Uros Milovanovic, Ljiljana Blagojevic, Aleksandar Bercek, Kosanka Djekic, Miki Manojilovic, Stribor Kusturica y Vladan Milojevic, Prométeme cuenta la historia de Tsane, un joven que vive con su abuelo y su vaca, Cvetka, en la remota cima de una montaña. Exceptuando a su vecina, la profesora, ellos son los únicos habitantes del pueblo. Un día, el abuelo de Tsane le dice al chico que se está muriendo, y le hace prometer que irá al otro lado de las tres montañas, a la ciudad más próxima, y venderá su vaca en el mercado. Con el dinero tendrá que comprar un icono religioso, después algo que él realmente quiera y, finalmente, deberá encontrar una esposa para traer a casa.
Sin duda alguna, Emir Kusturika es uno de los cineastas más personales del panorama cinematográfico actual. Títulos tan maravillosos como Gato negro, gato blanco, Underground, Papá está en viaje de negocios o El tiempo de los gitanos le han valido tanto dos Palmas de Oro como un reconocimiento de carácter internacional.
Como viene siendo habitual en su filmografía, Prométeme es una fábula tremendamente positiva repleta de personajes únicos que retrata a su particular modo la vida y los diferentes cambios que han acontecido en la castigada región de los Balcanes, en un revisionismo histórico cuyo máximo exponente sería, sin duda alguna, Underground; de este modo, ese excentrico sentido del humor del serbio, además de sus folclóricas bandas sonoras y su imponente puesta en escena con una fotografía repleta de colorido, vuelven a ser capitales enProméteme, una película que, a pesar de no innovar en exceso el registro del cineasta, continúa siendo una maravillosa muestra de buen cine.
En esta ocasión, la historia de Tsane sirve de excusa a su director para ofrecernos una metáfora sobre una Serbia que se encuentra a las puertas de ingresar en la Unión Europea, donde campo y ciudad adoptan aires simbólicos para contrastar tradición y evolución. Para Kusturica, dicha evolución adopta en primera instancia un cariz gris, corrupto y descarnado, carente de escrúpulos y principios representado por una suerte de mafia de baja estopa, en clara contraposición al luminoso mundo rural, inocente y honesto, virtuoso y humilde, además de presentarse como un último baluarte en defensa de la tradición y, por ende, de la propia identidad nacional.
De este modo, el éxodo de Tsane resulta, como no podía ser de otro modo, un viaje iniciático hacia la europeización, hacia un nuevo futuro repleto de amenazas físicas y, sobretodo, éticas, en el que su protagonista se cruzará con todo tipo de estrafalarios personajes, típicos en la filmografía de Kusturika pero no por ello menos empáticos o poliédricos, en un alocado cuento a ritmo de orquesta pachanguera que inevitablemente concluirá de un modo terriblemente positivo. Por contra, puede que Prométeme sea una de las películas menos reflexivas y más abiertamente cómicas de Kusturica junto a Gato negro, gato blanco, si bien dicha ligereza contextual no desmerece en lo más mínimo a un metraje tan brillante como hilarante.
Por el camino, nos encontramos con un metraje tan largo como endiablado, situaciones surrealistas, humor por doquier a cargo de unos peculiares personajes de claros rasgos fellinianos, y una fotografía repleta de colorido, característico recurso del cineasta serbio a la hora de enfatizar el preponderante carácter folclórico de sus películas.
Le doy un 8 sobre 10."

domingo, 12 de octubre de 2008

A Xuntanza de Bloggers Socialistas ten imaxe

Hai dous días publicaba unha reseña convidándovos a que asistísedes á Xuntanza de Bloggers Socialistas. daquelas aínda non había cartel do evento.

Aquí vos deixo a imaxe da xuntanza e sigo animándovos a que asistades. Se entrades no Blog de Blas García poderedes ver quenes foron confirmando a asistencia.

Vémonos o mércores en Santiago de Compostela.

O "coñazo" de Rajoy



"Somos una nación y el 12 de octubre debemos dejar constancia de que nos alegra".

"Mañana tengo el coñazo del desfile...en fin, un plan apasionante"

Non vos rompades moito a cabeza e debanedes moito intentando saber que patriota e que anti-sistema fixeron estas declaracións.

As dúas sairon da mesma boca, e entre elas só median un ano e un día. O tempo que Rajoy tardou en pasar dr ser o patriota máis grande de España a recoñecer que a el esto do día das Forzas Armadas non lle fai tilín.

Esta é unha mostra de como o PP utilizaba a todos/as os/as que cren en España como nación para que votaran ó seu partido e non o fixeran ó PSOE nas pasadas Eleccións Xerais. O PP era o partido dos patriotas, o PSOE o partido dos rompepatria. Por eso se poñía esa máscara de nacionalista español. Hoxe, xa vedes o patriota que é...

Non son eu un gran defensor das bandeiras, dos himnos e dos desfiles; de ningúns (non creo moito na simboloxía). Pero creo que hoxe Mariano Rajoy tería que deixar de facer filigranas e pedir disculpas en toda regra.

Hoxe no desfile foi a comidilla de todos/as os presentes. Eu sólo mirarlle á cara podía estarlle lendo o pensamento: Quen me mandaría a min abrir a boca...

viernes, 10 de octubre de 2008

O PP condena o franquismo "por error"

Antonte no Parlamento de Galicia os tres partidos representados PPdeG, PSdeG e BNG condenaron a dictadura franquista. Eu cando o vin case non o podía crer. Era a primeira vez. Pero hoxe todo volveu á realidade.

González Pons, en nome do PP asegurou que o seu partido viuse "forzado" polo PSdeG e BNG a condenar a dictadura.

Aquí está a noticia sobre o tema que aparece hoxe no Faro de Vigo.

E de paso, Senén Pousa, alcalde de Beade e íntimo amigo de Rogelio Martínez, alcalde de Arnoia e portavoz do PP da Deputación de Ourense, obsequianos con outra das súas lindezas a favor do franquismo. Mirade aquí.


Pedro Zerolo en Ourense


O vindeiro día 15, mércores, ás 20 h., Pedro Zerolo, Secretario de Movementos Sociais do PSOE acompañaranos nunha charla que terá lugar no Ateneo de Ourense.

Dita conferencia estase a organizar dende a Secretaría de Igualdade do PSdeG-PSOE, na que está á fronte Laura Seara.

jueves, 9 de octubre de 2008

Xuntanza de Bloggers Socialistas

O día 15 de outubros ás 16:30 terá lugar na Sede do Pino en Santiago de Compostela unha xuntaza de Bloggers Socialistas con Mar Barcón, Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE.
Se cumpres os dous requisitos: ter un blog e ser socialista; e se queres asistir e aínda non che chegou a invitación podes poñerte en contacto conmigo ou con Blas García, que é quen está organizando esta xornada.

miércoles, 8 de octubre de 2008

O Ouff listo para comezar


Moitos/as preguntarédesvos que é esto do Ouff. Xa que soa como a cansancio ou a pinchazo dunha roda, ou algo así (a verdade que cando lle cambiaron o nome non pensaron moito en como ía a soar). O Ouff é o Festival de Cine de Ourense, que xa chega a XIII Edición.
Por segundo ano estará dirixido por un caldelao, Enrique Nicanor. Aínda que esta será a primeira vez que el estea a fronte de todo o Festival, xa que o ano pasado comezou a tomar o timón tres meses antes, co cal tivo que desenvolver o programa que fixeran os seus antecesores.
Sabendo do seu curriculum e a enorme bagaxe que ten no mundo do cine, seguro que este será o mellor festival de cine que viviu Ourense.
Aínda non me deu tempo de ver o programa detidamente, para xulgar se ten boa pinta, pero aquí vos queda por se lle queredes botar unha ollada.
Só un apuntamento máis, e sei que esto é un tanto particular (porque para gustos...), pero que para o ano cambien a liña de deseño do cartel, porque había tempo que non ollaba algo tan soso e que non transmitada nada.

martes, 7 de octubre de 2008

Momentos clave


Na Historia hai momentos clave, que dependendo do que aconteza nun pequeno marxe de tempo pode condicionar o futuro de millóns de persoas ó longo de moitos anos.
Hoxe as tres da madrugada (pola nosa hora) vaise producir un deses momentos clave: o derradeiro debate preelectoral entre McCain e Obama.
Polo noso ben, polo ben de millóns de persoas e polo ben do noso Planeta espero que Obama siga na súa liña e non cometa ningún erro que lle poda restar puntos a esa distancia que as enquisas lle dan respecto do seu rival, o republicano McCain.
Para saber máis quedanos ou trasnoitar ou esperar a mañá.

lunes, 6 de octubre de 2008

O voto electrónico

Varias veces estiven tentado a falar deste tema, que en certa medida é bastante espinoso nas zonas rurais, e hoxe vou a facelo.
Estou firmemente convencido que se queremos erradicar o voto cautivo (que aínda o segue a haber) habería que derogar o dereito que teñen os partidos políticos a repartir papeletas electorais no transcurso na campaña electoral.
Ó meu parecer o voto sería moito máis libre se un elector/a accedera a unha cabina na que nunha pantalla podera escoller e votar o seu candidato/a ou partido político.
Non creo que nas grandes cidades se dea o feito de que axentes electorais estean a repartir papeletas as portas dos colexios, ou que estean controlando as características do sobre que se trae da casa para ver se coinciden coas do seu partido, pero esto dase nalgunhas aldeas e vilas. Entón, creo que sería máis transparente non permitir que se repartiran votos na campaña electoral.
Por outra banda, creo que sería máis práctico, máis sinxelo (si, máis sinxelo tamén, aínda que haxa persoas reticentes ós avances tecnolóxicos) e máis limpo e rápido á hora do reconto se se establecera o voto electrónico.
Teño oído moitas veces que aquí non estamos prepareados para ese avance, xa que hai moita xente que non se entende cos ordenadores, que si é moi lioso, e non sei cantas cousas máis...
Este sistema está a funcionar en moitos países, un deles Brasil, que acaba de celebrar comicios locais esta pasada fin de semana. En Brasil o voto é obrigatorio (esto aínda que aquí nos soe extraño acontece en moitos países), e logo dunhas pequenas explicación todas as persoas exercen o seu dereito a sufraxio a través dun ordenador (incluso as persoas analfabetas).
O sistema é sinxelo: Nome do candidato, nome do partido, foto do candidato, logotipo do partido. Escoller, votar e confirmar. Todo elo despois de que un lector controle a nosa pegada dixital.
¿E por que aquí non se podería facer?

Que se prepare Obama


Que se prepare Obama. Primeiro foi o gran defensor do Islam fronte os valores cristiáns. Logo foi cocainómano, despois comunista, máis tarde homosexual... E agora Sarah Palin, a gobernadora de Alaska e número dous dos republicanos, acúsao de manter contactos con terroristas.
Esto é o que ten a política nos EE.UU. Alí, case todo vale para desacreditar o teu rival, incluso pequenos problemas persoais, domésticos, etc...
E esto dispárase de maneira parexa a cando se disparan as enquisas o teu favor. E este é o caso. A día de hoxe, e segundo Gallup, Obama lévalle a McCain sete puntos de ventaxa (case todas as enquisas apuntan igual). Pero en EE.UU. dase unha peculiaridade, e é que en cuestión de dous días unha tendencia pode dar a volta, por motivos tan sinxelos como que alguén dí que eres amigo dos terroristas, ou porque o teu fillo lle tirou un xoguete ó do veciño, ou porque podaches o seto da túa casa demasiado alto, ou cousas así...
Creo que estas cousas en Europa nunca as entenderemos. Pero nun País onde tradicionalmente vota menos do 50%, e cun presidente que vai marcar (en gran medida) os acontecementos mundiais dos vindeiros catro anos, un chismorreo deste tipo pode causar que nos teñemos que tragar (todos os habitantes do Mundo) outro presidente tipo Bush.
Se queredes máis información sobre a campaña, un bó sitio para informarse é o de Univision. (en castelán)

domingo, 5 de octubre de 2008

Boa mistura. A Coruña, Bunbury e W. Eugene Smith

Esta fin de semana puiden desfrutar dunha boa mistura: a cidade da Coruña, a exposición de PhotoGalicia de W. Eugene Smith e o concerto de Bunbury.

A Coruña é para min unha cidade extraña, e explícome. Paréceme unha das cidades máis fermosas de España. Unha cidade moderna, emprendedora, unha cidade que mira cara ó mar, unha cidade amante da cultura... Pero tamén algo que non me gusta, creo que é unha cidade demasiado engreida. Non me pidades que vos dea explicacións, ó mellor é só o meu parecer, pero non entendo esa teima de case todos os seus habitantes de resistirse a falar en galego. De verdade, non o entendo...

Pero imos a falar das boas cousas da Coruña. Unha cidade moderna que soubo aproveitar o mar para embelecerse. Unha cidade que soubo cambiar a súa imaxe dende os anos oitenta cara hoxe. Unha cidade que soubo subirse ó tren da cultura e facerse un referente en España con todos os seus museos. En fin, unha cidade para visitar a cada pouco.

Unha das miñas paradas programadas era visitar o edificio da Fundación de Caixa Galicia, que xunto con PhotoEspaña organizan por segundo ano PhotoGalicia e traen á cidade das galerías a excelente exposición fotográfica do gran pai do enaio fotográfico W. Eugene Smith.

Non vos quero aburrir falando de Smith. Só dicirvos, para os/as que amades a fotografía, que vos deberiades perder esta mostra porque é unha gran oportunidade de ver como un fotógrafo empeña toda a súa vida en facer que as súas fotografías falen.

O libro da mostra tédelo á venda en La Fábrica. Unha obra imprescindible para aqueles/as que nos vos fartedes de ver e volver a ver mil veces unhas ducias de obras de arte que marcan unha época na historia da fotografía.

Á noite tocoulle a Bunbury... Quen mo diría a min cando tiña dezaoito anos e non podía ver nin en pintura ós Héroes do Silencio. Que queredes que vos diga, non me vou desfacer en eloxios cara este showman porque a música e os músicos teñen que gustar. E por moito que me explique eu non van a gustarvos nin máis, nin menos.

Dúas horas largas de concerto no Coliseum nas que repasou todo o seu pasado musical e presentou o seu novo disco, que sairá á venda a próxima semana.

Todo indica que Bunbury volta ó rock and roll logo de ter experimentado con case todo no eido musical. Esta aseveración é moi particular, pero para min hoxe é o maior showman que hai no escenario musical español. Porque falar de Bunbury non é só falar dun músico, é falar dun verdadeiro show.

Se queredes máis sobre el ide aquí.

jueves, 2 de octubre de 2008

Miguel Fidalgo nomeado viceportavoz do PSOE na Comisión de Fomento do Senado



Dende hoxe o senador socialista pola provincia de Ourense, Miguel Fidalgo será o número 2 do PSOE na Comisión de Fomento, o viceportavoz. Esta é, posiblemente, a comisión que máis miga ten na Cámara Alta. Todo un recoñecemento á labor calada co noso senador está a desenvolver.


Miguel, ademais, é vocal na Comisión de Vivenda e secretario na Comisión de Medio Ambiente, Agricultura e Pesca.


Noraboa.

Volve a auga, volven os chouparros

Estes días non paro de mirar o ceo a todas horas. Non me perdo o tempo logo dos informativos, miro todos os mapiñas de metereoloxía dos xornais, non paro de entrar na páxina da AEMET par aver se vai chover ou non.

E é que senón hai auga, non hai chouparros. Eses días ahí atrás collín bastantes en compañía de Natalia e Juan Luis: boletos, chouparros, champiñóns, sendeiriñas..., pero agora levamos uns cantos días de seca.

Pero...por fin volta a auga. Parece ser que a partir desta fin de semana imos ter, de novo, chuvias por Galicia. E se as temperaturas moderadas seguen a acompañar teremos chouparros a esgalla.

Xa me estou frotando as mans.


Adiós Miguelón

Foto de Daniel Atanes para La Región
Hai persoas moi importantes, tan importantes que non necesitan apelido. Se vos parades a pensar son moi poucos neste mundo. Unha delas era Miguelón. Non xogaba ó fútbol, non era entrenador, nin directivo, pero posiblemente fose a persoa máis carismática do C.D. Ourense.

Nunca fun ver o fútbol, nunca vin a Miguelón en acción, aínda que sabía do que facía. Coñecino na Carnicería Ribeira Sacra, de Roberto, onde de cando en vez botabamos unhas risas.

Lembro cando saiu a campaña de Campofrío, cun home moi feo, polo que se pirraban as mulleres. Pois Miguelón quixo que lle fixera unhas fotos con delantán e cortando xamón, ó estilo do anuncio, para mandalas a un concurso de Camporfrío.

Era un home vondadoso. Era un neno metido nun corpo moi grande. Debía ter ese corpo tan grande para albergar o seu gran corazón. Ese mesmo que onte lle fallou.

A xente do fútbol di del que era metelo nun vestiario e levantarlle a moral a un equipo enteiro, e coñecendoo debía ser certo.

Lembro, con pena, cando o Ourense descendeu por última vez e no diario La Región saía Miguelón chorando coma un desconsolado. El era así, sentía o fútbol como se fose o pichichi do equipo.

Ata sempre Miguelón.

Aprobado o selado do vertedoiro de Castro Caldelas

Hoxe o Consello da Xunta vai aprobar o proxecto da Consellería de Medio Ambiente de selado do vertedoiro de Castro Caldelas. Por fin se vai poder levar a cabo esta obra tan demandada por todos.

A existencia deste vertedoiro incontrolado parecía máis propia do século XIX que de hoxe en día. Era un foco de infeccións e un lugar de onde se escapaba o lume, as veces, provocando algún incendio polo redor. Ademais producía moi malos olores, sobre todo no campo de fútbol.

Esperemos que a partir de agora a obra se axilice e podamos contar, en vez de cun cúmulo de lixo, cunha ampla zoa verde ó carón do Teso.


martes, 30 de septiembre de 2008

Unha merecida homenaxe "O Rizo"

Hoxe levouse a cabo en Ourense a presentación do libro Xosé Vázquez Arias. Rizo. Tres décadas de imaxes prodixiosas. 1940-1975.

Está é a maior das homenaxes que se lle podía facer a este xenial fotógrafo sumido no esquecemento. O Rizo, natural de Casasoá (Castro Caldelas) foi o fotógrafo das feiras. Un gran retratista comparable a Caamaño ou Viétez que coas súas imaxes cóntanos os aconteceres de 35 anos de historia de Ourense. O gran fotógrafo caldelao de todos os tempos. E o gran esquecido ata o de agora no mundo da fotografía de Galicia.

Lembro, hai uns dous anos, cando falei con Xulio Fernández Senra director do Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo" e lle din a idea de facer un libro sobre o Rizo, xa que sabía que había moitas familias que estarían dispostas (entre elas a del) a ceder as fotografías amablemente. Ocorreuseme esto logo de contemplar o libro de fotografía antiga de Celanova que Xulio e máis Antonio Piñeiro puxeran en marcha,, xa que alí había varios retratos do Rizo.

Logo Xulio pediume que colaborara no libro, pero teño que dicir que por mor do traballo que tiña daquela foime imposible, e deixeino un pouco na estacada. De verdade que o sinto.

O libro está moi coidado no seu deseño, presentación, contido e impresión. É unha desas obras para contemplar e gardar. Unha verdadeira xoia.

A partir de agora vaise poñer en marcha unha exposición coas fotografías. Comezará polo Cetro Cultural da Deputación de Ourense, e creo que vai seguir por varias vilas da provincia. Espero que tamén visite Castro Caldelas.

Fin de semana electoral en Europa

Esta fin de semana celebráronse dous comicios moi importantes e interesantes en Europa. Uns de índole estatal, e outros de carácter rexional (por chamarlle dalgunha maneira, ó que eles lle chaman Land). Estou a falar de Austria e de Baviera (Alemania).
Vou comezar por estes últimos. Os resultados foron CSU/CDU (socialcristianos) 88, SPD (sodialdemócratas) 38, Verdes 18, FDP (liberais) 15, FW (dereita) 21 e La Izquierda (socialistas/comunistas) 0.
A simple vista obsérvase unha victoria aplastante dos socios de Angela Merkel, pero as veces as cousas enganan. Estes son os peores resultados da dereita moderada neste gran Estado. Había 50 anos que en Munich gobernaba a CSU con maioría absoluta.
Este gran Estado, un dos máis ricos de Europa, sempre foi un símbolo para a dereita a nivel mundial. Daba igual quen gobernara Alemania, cales foran as tendencias en Europa e en todo Mundo. Baviera, sempre era leal á CSU dándolle unha vez si, e outra tamén maiorías absolutas.
Analizando os resultados, séguese a ver que a dereita é hexemónica, porque ademais os Liberais e os Conservadores obtiveron 15 e 21 escanos, respectivamente. Pero algo está a cambiar en Alemania.
O CSU terá que pactar con alguén. Agora está por ver se será cos socialdemócrtas (SPD) socios do goberno da Nación, ou se o faran con conservadores ou liberais. Por certo este partido conservador ten uns tintes moi ecoloxistas, algo inédito na política do noso País.
A cousa en Austria foi ben distinta, e moi preocupante. Ata agora á fronte do goberno había unha gran coalición de socialdemócratas e populares comandados pola SPO (centro-esquerda). Estes dous partidos levaron un gran batacazo perdendo a SPÖ 10 escanos e a ÖVP 16. Os Veredes cairon 2 e os independentes outros 2. Os grandes beneficiados foron os dous partidos de ultradereita, a BZÖ e a FPÖ que gañaron 14 e 16 escanos, respectivamente.
Se estas dúas últimas forzas (que se levan a matar) foran coaligadas quedarían en primeiro lugar empatadas con socialdemócratas. Se Hayder remexeu as conciencias de Europa hai uns anos, estes datos son para preocuparse moito máis.
E sobre todo se se analiza de onde veñen moitos dos votos da extrema-dereita. Estes proceden, nunha gran parte, de barrios de clase obreira, tradicionalmente votantes de esquerda e que estaban descontentos coa gran coalición de esquerda e dereita ( que por certo, posiblemente de reedite).
Uns datos moi preocupantes , aínda que serían máis se a dereita acaba pactando coa ultra-dereita como xa tiñan feito hai anos nalgún Land (rexión).

lunes, 29 de septiembre de 2008

Domingo "Maratoniano"

Este foi un domingo "maratoniano", non porque tivera que traballar moito, senón porque participei na II Maratón do Miño en Ourense.

Aquí nos vedes coa camiseta oficial do Ponte Louco a Natalia, Juan Luis e eu. Tamén nos acompañaron Loli e Blas (dous caldelaos de adopción). Nós participamos na modalidade de andaina e retirámonos os 18 km como tiñamos previsto ( o mellor o ano que ven facémola toda, ou por relevos).

Atopámonos a máis xente de Castro Caldelas como Xocas e José Carlos, de Montederramo a Jorge Cacharrón e moitos/as amigos/as de Ourense.

Belén non nos poido acompañar porque estivo na organización, matándose a traballar como toda a xente da CEO. Moitas gracias para ela e os/as seus compañeiros, xa que se non fóra por eles/as non poderiamos desfrutar dun domingo tan entretido.


Por certo, nesta foto vese claramente que entro dúas décimas de segundo por diante de Natalia e Juan Luis ;)

sábado, 27 de septiembre de 2008

O Caldelao de Caldelas no Galicia Confidencial

Hoxe os/as amigos/as do Galicia Confidencial fanse eco na súa web da existencia deste blog que eu administro.
Moitas gracias pola nova e ánimo para seguir adiante co, posiblemente, mellor confidencial sobre Galicia que existe na rede.

jueves, 25 de septiembre de 2008

Para os/as que non vístedes o último CQC

Que o metan na cadea... ou no psiquiátrico

Imaxe extraída do blog de Jordi Marti Font, Predre la paraula
Sabedes estes libros que se estilan agora moito de frases célebres de cativos, ou os de alumnos nas escolas, ou pacientes na consulta do médico. Pois ben, alguén debería recoller as frases que saen pola boca do locutor da COPE, a cadea dos bispos, Federico Jiménez Losantos. Seguro que quen o faga vaise facer de ouro, porque sería un éxito de vendas. Non creo que haxa persoa en toda a península ibérica que sexa capaz de dicir máis barrabasadas por minuto.

Xulgade por vós mesmos/as:

Losantos responsabiliza a Zapatero de los crímenes de ETA: “Si no hubieras negociado, a lo mejor no habría viudas”


El locutor de la cadena de los obispos Federico Jiménez Losantos criticó al Gobierno a raíz del funeral por el brigada asesinado por ETA, y tras reprochar al presidente que mandara “besos” a la viuda, aseguró que “si no hubieras negociado, a lo mejor no habría viudas”. Losantos consideró ya insoportable “ver a una ministra de Defensa llorando” cuando con su cara “tiene que inducir un sano pavor”.

Después de dar paso a varios oyentes que atacaban la actitud del Gobierno durante el funeral ayer del brigada asesinado por ETA, Losantos arremetió contra el Ejecutivo, especialmente contra la ministra de Defensa: “Aparte de lo de los besos que me parece repugnante, una tomadora de pelo de unos tíos que han estado negociando con la ETA, defendiendo la negociación con la ETA e insultando, atacando y persiguiendo a la víctimas del terrorismo y a los pocos medios que las hemos defendido… hace falta tener la cara de hormigón... ¡Pero es que ya ver a una ministra de Defensa llorando!”.

“Cómo va de mamaíta, de bebé…”

Losantos insistió en sus descalificaciones a Chacón: “cómo va de mamá, de mamaíta, de bebé… ¡No! Eres ministra de Defensa, en teoría coordinas los Ejércitos de España, de Tierra, Mar y Aire ¡No puedes llorar! Tú tienes que estar con una cara que denote determinación implacable para acabar con los asesinos, si estás lloriqueando, dicen fíjate cuando matemos a siete, ésta se va (…) Tiene que inducir un sano pavor… Pues no, ayer se echó a llorar”.

“¿Quién suelta a De Juana?”

El locutor de la cadena de los obispos incluso responsabilizó al presidente del Gobierno de los crímenes de ETA: “Y Zapatero mandándole besitos a la viuda… Si no hubieras negociado a lo mejor no habría viudas… ¿Pero quién suelta a De Juana antes de tiempo? Zapatero. ¿Pero quién dice que Otegi es un hombre de paz? Zapatero. ¿Pero quién ataca a la AVT? Zapatero…”

Y también el 11-M

En su exaltación, volvió una vez más a su intento de relacionar al Gobierno socialista y a Gallardón con el 11-M: “¿Pero quién se niega a investigar la mayor masacre terrorista de toda la historia de Europa, el 11-M? Zapatero. Eso sí con el respaldo de los jueces y del camarada Gallardón patriarca y faraón de Ambiciones, porque ha habido una parte de la derecha que ahora ya es mayoritaria dispuesta a olvidar las cosas desagradables”.

Extraído do xornal dixital El Plural

Decepción

Fun o outro día ó cine, cheo de ilusión por ver a última película de Cuerda (do cal son devoto), con moi boas recomendacións por parte de xente que xa vira Los girasoles ciegos e..... puf.... leveime un chasco impresionante.
Esto sóeme pasar, ás veces, cando vou moi predisposto a que algo me vai a gustar moito.
Eu, que son o fan número un de películas como Amanece que no es poco, El bosque animado... leveime unha gran decepción co último film do manchego.
Do pouco que me gustou foi ver unhas localizacións que conozco ó dedillo, como San Clodio de Leiro, Montederramo ou as rúas de Ourense polas que me movo día a día.
Do demais prefiro que xulguedes por vós mesmos/as indo o cine. Está visto que os gustos son moi particulares e mentres hai xente que saiu entusiasmada, eu saín cun profundo vacío. A película non me dixo nada.
De todos os xeitos, esta é a miña particular visión, espero que vexades Los girasoles ciegos e que me deades a vosa opinión.
E dende aquí animar a Cuerda a que siga facendo peliculóns como os que enchen a súa carreira cinematográfica.

jueves, 18 de septiembre de 2008

De novo pola tertulia de Telemiño

Hoxe asistín, de novo, a outra Tertulia da canle Telemiño. Durante todo o verán non fóra a ningunha por estar sempre que me invitaban fora de Ourense.

Estivemos convidados Camilo Vázquez, cabeza de lista por Ourense do Centro Democrático Liberal nas pasadas autonómicas, Xosé Manuel Fírvida, portavoz do BNG na Deputación de Ourense e no Concello de Barbadás, e máis eu.

Estivemos a falar das áreas metropolitadas, das mancomunidades de servizos e sobre todo da grave crise económica mundial. Imaxino que a tertulia comezará a emitirse a partir de mañá, así que se vos interesa o tema, mellor sintonizade Telemiño e vedes o programa (é unha mágoa que só se vexa en Ourense e nos alrededores).

A veces cando debates con outras persoas que pensan distinto ca un, pesa máis o ton e as formas que se empreguen, que as discrepancias. E a verdade é que con Camilo e Fírvida é todo un pracer conversar polo seu ton dialogante.

miércoles, 17 de septiembre de 2008

Danos colaterais do furacán "Ike"

Reproduzo artigo de Antonio Avendaño e fotografía de Eric Gay publicados no xornal Público (17-09-08)

Instintivamente, un cre sentir que lle falta o aire cando contempla a sobrecolledora imaxe dos peixes coa boca desmesuradamente aberta e atrapados nun valado metálico, que foi invadido polas augas do furacán Ike o seu paso por West Orange, en Texas. A banalidade do ditopopular "Pola boca morre o peixe" adopta á vista da imaxe un perfil inesperado, un xiro doloroso, torturado e sombrío.

¿Esto é unha festa?

Fotografía de AFP publicada no xornal El País (17-09-08)

Non dou atopado nin unha soa razón para considerar como unha Festa este evento que se realiza en Tordesillas e que se chama "El Toro de la Vega".

Ó animal, acosado por lanceiros a cabalo, dáselle morte no campo logo dunha persecución polo alrededor de Tordesillas.

Ó mellor son eu que son incapaz de entender onde está a gracia neste tipo de eventos, creo que necesitaría que alguén mo explicase.

martes, 16 de septiembre de 2008

¿Será verdade?. Para partirse coa risa

O PP pretende usar ó BNG

Hoxe o xornal La Voz de Galicia publica, a páxina enteira, un artigo referente a un informe interno do PP de Galicia no que se aposta por utilizar ó BNG para facer fronte ó ascenso do PSdeG.
O informe non ten desperdicio e fala de "ideoloxizar", de facer unha "palanca electoral", de "afastar ó PSdeG do centro político", e de "vender o producto".
Aquí vos deixo catro enlaces referentes a esta nova: 1, 2, 3, 4.

Saramago, benvido á blogosfera

Dende estes días hai unha nova bitácora na blogosfera. O gran José Saramago abre unha fiestra na que nos fala del, da súa obra, dos dereitos humanos, do medio amn¡biente... En fin, un novo espazo para explorar.

lunes, 15 de septiembre de 2008

O Caldelao de Caldelas no Ourense Dixital

Hoxe levei unha grata sorpresa. Cando estaba a ler o Ourensedixital (un dos mellores medios para enterarnos de que acontece na nosa provincia), vin que na nova sección de Confidenciais, Oído al parche, falaba do novo vídeo blog de Anxo Quintana. Pero a miña sorpresa foi maiúscula cando comparaba este co de José Manuel Baltar, deputado do PP por Ourense, e co meu, o Caldelao de Caldelas.

Non quixera parecer (como se fai moitas veces) un falso modesto, pero sinceramente creo que o meu blog está a anos luz destes dous. De todos xeitos teño que dicir que me fixo bastante ilusión. 

José Manuel Baltar foi un dos pioneiros nesto da ciberpolítica e agora Anxo Quintana únese cunha páxina cun excelente deseño e contido. Os meus parabéns para eles dous (e para outros/as moitos) por ser valentes e aproveitar as oportunidades que nos brinda a Rede para poder expresarnos e debater cos demais.

Dende aquí quixera seguir animando a todos/as aqueles que teñan inquedanzas (non só políticas) a que participen, creando o seu propio blog ou web, no desenvolvemento de internet.