Hai retretes nos que da noxo entrar polo aspecto que teñen, e a elo contribúe en gran medida o cúmulo de pintadas e grafitis que os decoran, entre outras moitas cousas.martes, 27 de mayo de 2008
As pintadas dos retretes
Hai retretes nos que da noxo entrar polo aspecto que teñen, e a elo contribúe en gran medida o cúmulo de pintadas e grafitis que os decoran, entre outras moitas cousas.lunes, 26 de mayo de 2008
Asambleas, asambleas...
O certo é que existe unha nova forma de militancia política, distinta á tradicional, compatible e complementaria dela. Temos vocación de partido líder en canto a ferramenta de participación política e á vangarda no noso proxecto político e na nosa forma de traballar. Por iso o PSdeG creará a figura do cibermilitante. Modificaremos os nosos Estatutos para recoller esta nova forma de militancia cuxas principais características son o dinamismo, a interactividade e a inmediatez. Os cibermilitantes terán no PSdeG os dereitos que se lle recoñezan a nivel federal e, en todo caso, canalizarán a súa participación na vida do noso Partido a través dunha Agrupación “virtual” de ámbito nacional con órganos propios.
O Texto da enmenda ó Comité Federal é:
viernes, 23 de mayo de 2008
O demo está en perigo

Ímpactoume o titular que sae hoxe no xornal Público, pero a nova refírese a que o diaño de Tasmania, un dos bichiños con cara máis amenazante que existe está pasando por un mal momento e está en perigo de extinción. Podedes ler o artigo no enlace anterior.
Debate en Telemiño. Unha grata experiencia
Onte contábavos que marchaba a todo correr a un debate na canle Telemiño, no programa Punto Crítico que dirixe Santiago Rodríguez.
La Iglesia, en el centro del debate
Los contertulios analizaron en Telemiño el papel de la religión en la sociedad actual y su futuro
‘¡Que Dios nos coja confesados!’. Con este título comenzó ayer un nuevo programa de Punto Crítico, para abordar el ‘debate más viejo de la humanidad’, según afirmó su moderador Santiago Rodríguez. El católico practicante Cecilio Mourille, la portavoz del Foro de la Familia Cristina Bravo y el sacerdote Eduardo Martínez, por un lado; y Alfredo Domínguez, de la Asociación de Gays y Lesbianas de Ourense, Eladio Osorio, apóstata, y Camilo Brandín, profesor de Psicología, fueron los protagonistas de un intenso debate en el que se analizó el papel de la iglesia hoy en día y su futuro, así como la nueva ley de libertad religiosa.Todos se mostraron a favor del estado laico y aconfesional, pero con matizaciones. El enfrentamiento dialéctico comenzaba. Eduardo Martínez apuntó que no hay que ‘olvidar que la religión católica es mayoritaria en España, tiene una labor social y benéfica importante y que por ello merece ser financiada. No es correcto pensar que la libertad religiosa es una concesión del Gobierno, puesto que es un derecho fundamental del hombre y los gobiernos deben respetarlo, tutelarlo y promoverlo’, aseveró.Sin embargo, en este punto discreparon los contertulios del bando contrario, pues consideraron que la iglesia ‘chupa demasiado’, según Alfredo Domínguez. Asimismo, Eladio Osorio pidió un Estado más libre y aconfesional. ‘Hoy es muy difícil darse de baja de la Iglesia. En Ourense, que es donde más fácil es, este proceso supone un año de trámites y un gasto de 300 euros como mínimo. En Madrid o Valencia es imposible’.Por su parte, Camilo Brandín reiteró durante su intervención que el 85% de los jóvenes uni versitarios no creen en la Iglesia debido a los errores que ha cometido a lo largo de la historia y se refirió en concreto ‘a los sacerdotes acusados de pedofilia en Estados Unidos y que no fueron a la cárcel’.Santiago Rodríguez dio paso en directo a las llamadas de los telespectadores. Mientras unos defendieron el papel de la Iglesia en España, un país mayoritariamente católico, otros no. ‘Aprendí mucho de pequeño porque fui monaguillo y estoy loco por apostar’, manifestó un oyente. Durante el debate, un espectador también hizo alusión al caso del sacerdote Benigno Moure.
A FAVOR:
Eduardo Martínez: Somos racionales
Cristina Bravo: Pido libertad religiosa
Cecilio Mourille: La religión es positiva
EN CONTRA:
Camilo Brandín: Ninguna es la buena
Alfredo Domínguez: Una sociedad sin símbolos
Eladio Osorio: Van con demasiado retraso
Concerto de Manu Chao. 1850 persoas nun aforo de 700

De seguido adxúntovos todo o que saía hoxe no xornal La Región referente ó caos organizativo do concerto de Manu Chao.
La Policía Local contabiliza 1.850 personas en el concierto de Manu Chao en un aforo de 700
El propietario del establecimiento niega que se hubieran vendido más entradas de las permitidas
El informe realizado por la Policía Local de Ourense sobre lo ocurrido el miércoles en el Xesteira contabiliza en torno a 1.850 personas en el concierto de Manu Chao, ‘cuando el aforo es de 700’, según explican fuentes del Cuerpo municipal. Los datos serán remitidos a la Subdelegación del Gobierno -que lo enviará a Presidenciay al Concello para que evalúen una posible sanción. Por su parte, el propietario del establecimiento explica que no se vendieron más entradas de las permitidas.
En Ourense había mucha expectación para ver a Manu Chao en directo. Tanta que las entradas se agotaron apenas unas horas después de que se pusieran a la venta. La Policía Local sabía de este interés y, según el concejal de Seguridad, Fernando Varela, ya en la mañana del miércoles (día del concierto), ‘tiña coñecemento de que se levaban vendidas máis de 1.300 entradas, cando o aforo é de 700 persoas’. Es por ello que, poco antes del concierto, se desplazaron los agentes al Xesteira. Allí vieron entradas numeradas que sobrepasaban el número 1.100 y entradas que no estaban numeradas. Recogieron algunas y decidieron entonces impedir la entrada de las personas (50 según unas fuentes, 30 según otras) que, con su entrada en la mano, esperaban para entrar. Alrededor de una hora después, con el concierto empezado, les permitieron la entrada ‘para evitar males maiores’, dice Varela.
En su informe, que remitirá a la Subdelegación del Gobierno y al Concello, la Policía Local contabiliza alrededor de 1.850 asistentes al concierto. La posible sanción al establecimiento la evaluará el Concello y la Consellería de Presidencia.
Por su parte, José María Rodríguez, propietario del Xesteira, estaba ayer preocupado por lo ocurrido. Es más, no descartaba incluso la posibilidad de presentar una denuncia. Explica que ‘los agentes entraron por el local adentro, miraron y dijeron que había 2.000 personas. Había medidas de seguridad para que no entrase nadie sin permiso. La gente que dejaron fuera estaba enfadadísima, y con toda la razón del mundo. Les pido públicamente disculpas por un hecho que es completamente ajeno a la sala y a Manu Chao’.
Según Rodríguez, se vendieron ‘700 entradas numeradas. Las que no estaban numeradas eran invitaciones’ y añade que ‘en 175 metros cuadrados útiles no se meten 1.000 personas’.
Baltar o xastre.

O prometido é débeda. Fotografías de Manu Chao
O prometido é débeda. Díxenvos nunha entrada anterior que vos ía colgar unhas boas fotos do concerto e aquí están. A pena é que non podo dicirvos quen as fixo por que así se me pediu. Senón periga o traballo.
Pois nada, xa que non podo dar máis datos sobre as mesmas, moitíiiiiiisimas gracias a este/a gran fotógrafo/a que ten Ourense.Por certo algún día terei que facer unha entrada cunha fotografía de cada un dos fotógrafos que traballan para a prensa en Ourense e cos cales teño amistade. Porque a verdade é que hai verdadeiros mestres, elas e eles.
jueves, 22 de mayo de 2008
Marcho a correr para Telemiño

Mala organización no concerto de Manu Chao
Eran as 20:45 cando Belén e máis eu entramos no recinto. Dentro só había unhas 30 persoas. Eu nesto son precavido e prefiro chegar con tempo, porque xa me esperaba o pior (non hai moito puiden ver a Serrat e Sabina en Pontevedra por 5 minutos, xa que logo pecharon as portas). Escollemos sitio, porque nos deu tempo a eso e moito máis. Puxémonos en primeira liña de platea (do que antes era a platea do Teatro Xesteira).
Aquí podedes ver xente con entrada que se quedou fóra. Creo que a estes listillos que organizan concertos vendendo entradas de máis lles tiña que cair unha multa que polo menos fóra tan grande como todo o que recaudaron. Empresarios de pacotilla, eso é o que son. Pero como a Xustiza é leve con eles, a seguir facendo máis destas que non pasa nada.miércoles, 21 de mayo de 2008
Manu Chao e Radio Bemba Sound System en Ourense
Hoxe, se non hai novidade, aistirei a un dos poucos concertos que Manu Chao ten programados de momento. Acaba de iniciar unha nova xira mundial, que pasa por Ourense. Estará acompañado da bando Radio Bemba Sound System e actuará as 22.oo no Café Xesteira. Espero poder desfrutar do concerto, porque témome polo que din os xornais que seremos 1.100 os presentes, e sen embargo na entrada do local hai unha chapiña que reza "aforo máximo 700 persoas". A ver que pasa. Xa vos contarei.Ata cando imos seguir mirando cara outro lado?
Estes días fíxose público un informe que constata o fracaso da comunidade internacional na erradicación dos nenos soldados.Esta é unha lista de países que teñen nenos soldados loitando en conflictos recentes ou progresivos. (G: forzas armadas gubernamentais, P: paramilitares, O: grupos armados de oposición)
Colombia (P,O)
México (P,O)
Perú (O)
Federación de Rusia (O)
Turquía (O)
Iugoslavia (P,O)
Arxelia (P,O)
Angola (G,O)
Burundi (G,O)
Chad (G)
República do Congo (G,O)
República Democrática do Congo (G,O)
Eritrea (G)
Etiopía (G)
Ruanda (G,O)
Serra Leoa (G,P,O)
Somalia (todos os grupos)
Sudán (G,P,O)
Uganda (G,O)
Irán (G,O)
Iraq (G,O)
Israel e os territorios ocupados (G,O)
Líbano (O)
Afganistán (todos os grupos)
India (P,O)
Indonesia (P,O)
Myanmar (G,O)
Nepal (O)
Pakistán (O)
Filipinas (O)
Islas Salomón (O)
Sri Lanka (O)
Timor Oriental(P,O)
Taxikistán (O)
Papúa Nova Guinea (O)
Uzbekistán (O)
Será Obama por fin o candidato?
Parece ser que logo de gañar nas primarias desta noite no Estado de Oregón, Barack Obama será o candidato "demócrata" á Casa Branca. Logo dunha longuísima campaña o senador demócrata lógrase impoñer á Hillary Clinton. martes, 20 de mayo de 2008
A gran pregunta
Esto cada día é máis confuso. Quen manda no PP?. O que era branco, agora é negro. O negro, agora é branco. Eu xa non sei quenes son os de centro-dereita, os de dereita-dereita, ou os de máis a dereita todavía. Os conservadores viran ó centro. Os liberais viran á dereita. En fin, un batiburrillo.domingo, 18 de mayo de 2008
Margarita quere estar á ultima
Onte foi un día completo de paz e tranquilidade para min. A mañá andiven pola feira de Castro Caldelas. E como non podía ser menos non llo perdoei ó pulpiño.A tarde andiven pola casa de Belén, a miña compañeira. E alí andiven a remexer cos animais, algo que me encanta. Estiven cos cadelos, pero sobre todo cunha cadeliña nova que é un xoguete. Unha cadeliña para o coello que aínda non ten nome. Logo andiven remexendo dun montón de "monte" onde criou unha gata, e dinlle sacado o gatiño para estar un rato con el, ata que logo apareceu a nai e houbo que volvelo poñer no seu sitio.
Belén e máis eu fomos co Selmo (pai de Belén) a darlle de comer ós becerros e cortar unha pouca herba para os coellos.
Pero o momento de maior tranquilidade foi cando saín eu só un intre ata o lameiro de debaixo da casa onde andaban a pastar as vacas. e ahí podedes ver a Margarita, unha vaca rubia moi interesada nas últimas tecnoloxía, que quería dar conta da miña Blackberry, non sei se para poder facer unha foto, navegar, ou simplemente probar se estaba tan boa como a herba que estes días non para de medrar en Torbeo.
Baltar baixa á cloacas en Calvos de Randín

Na anterior lexislatura o PSOE en Calvos de Randín só tiña un concelleiro. Celebráronse os comicios municipais e o PSOE acadou cinco concelleiros e a maioría absoluta. todo un trunfo. Un trunfo que tivo Tres pes principais: o fenomenal equipo que fomos capaces de presentar, encabezado por Aquilino Valencia; a enorme ilusión que este equipo soubo xenerar; e o nefasto traballo que fixo o anterior alcalde cun talante nespótico, chulesco e dictatorial de cae todos/as coñecido.
Aquilino foi amable e fixo un equipo moi heteroxéneo, para elo fichou moita xente de esquerdas que nunca tivera relación co PSOE. E ahí apareceu Andrade, que foi o número dous.
Os concelleiros do PP van presentar a súa renuncia como tales o luns e pasaránse o grupo dos non adscritos. este é o primeiro paso para a moción de censura. Esta moción de censura está avalada polo presidente provincial do PP, José Luis Baltar, xa que este se reuniu hai tres días en Ourense con todos/as os/as implicados (Andrade incluído).
O que non sei e se Núñez Feijóo e Rajoy lle deixaran vía libre nesta acción de piratería. Porque eles estar, están o tanto. De feito onte Baltar e Alberto Núñez Feijóo compartiron mantel en Vilanova dos Infantes. Na fotografía inferior podédelos ver nunha imaxe publicada hoxe no xornal Faro de Vigo.
Pois nada volvemos a ter o Baltar de sempre, o que lle vale todo en política, o que compra vontades con favores. Eu que xa pasei por esto debido a unha moción de censura que nos fixeron en Castro Caldelas só vos pido unha cousa: se se produxera esta mobilicémonos todos/as os/as que cremos na democracia e o día do pleno vaiamos todos/as a Calvos de Randín a respaldar a uns compañeiros que foron elexidos nas urnas e que agora o PP, con tretas chavacanas, pretende desbancar.
Que saiba Baltar, que se esto segue adiante, na provincia de Ourense, comezou a guerra do "todo vale".
viernes, 16 de mayo de 2008
Un paréntese
Un pequeno paréntese no meu blog. Este tema non ten nada que ver cos que trato por norma xeral. Pero quería falar desto. Teño algunhas afeccións, pero hai dúas polas sinto devoción, o cine e a fotografía (gustariame pode explotalas máis, peroo tempo é o que é).Outra cacicada de Baltar a unir o seu longo expediente
Hoxe compareceron en rolda de prensa Alfredo García e Eladio Fernández, deputados provinciais, para denunciar unha vez máis as cacicadas de Baltar ó fronte da Deputación de Ourense.O PSOE de Trives, Caldelas e Valdeorras intercambia opinións
Onte celebramos unha xuntanza no Pazo do Castro do Barco de Valdeorras os deputados provinciais, delegados, alcaldes, portavoces e secretarios comarcais, e unha posterior rolda de prensa.
jueves, 15 de mayo de 2008
Condea e repulsa fronte o atentado de onte
Hoxe as 12 h. reunímonos na Praza Maior de Ourense representantes de todos os partidos políticos, sindicatos, empresarios, asociacións e demais peroas anónimas que coa súa presenza quixeron condear o vil asasinato e o atentado que onte levou a cabo a banda asasina ETA en Euskadi.miércoles, 14 de mayo de 2008
Unidade
Agora mesmo que os asasinos nós volveron a atacar, levándose por diante a vida dunha persoa que o único delicto que cometeu era gardar a nosa seguridade, só nos queda a unidade. Cada día unha sorpresa

Onde está CCOO?
Dóeme bastante ter que escribir esto, xa que teño moi bos amigos en CCOO e creo que, en xeral, están a facer un importantísimo traballo en prol dos traballadores, pero hai cousas polas que non se pode pasar...A Blogosfera Socialista Galega
martes, 13 de mayo de 2008
Baltar pon atrancos á labor de oposición do PSdeG-PSOE
Aquí vós deixo a nota de prensa emitida no día de hoxe:
OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE BALTAR SE NEGA A FACER PÚBLICA UNHA RELACIÓN DO PERSOAL CONTRATADO NA DEPUTACIÓN DENDE XANEIRO DESTE ANO
- Pérez García, deputado provincial, denuncia que Baltar segue obstaculizando a labor de oposición do Partido Socialista na Deputación.
Ourense, 13 de maio de 2008. O grupo socialista na Deputación volve solicitar a Baltar unha relación do persoal contratado no ente provincial dende xaneiro deste ano e, pídelle que explique os motivos polos que se nega a facela pública.
O pasado tres de abril o deputado provincial e alcalde de Vilardevós, José Luis Pérez García, solicitaba unha relación do persoal contratado polo ente provincial dende xaneiro de 2008 ata día de hoxe coas funcións que realiza cada un deses traballadores. “Pasaron xa corenta días e os membros do grupo socialista aínda non recibimos resposta algunha ao respecto. Mes e medio é tempo máis que suficiente para recibir a petición dun grupo da oposición e darlle resposta”.
“Unha vez máis –insiste o deputado provincial- Baltar está a poñer atrancos ao grupo do PSdeG-PSOE na Deputación impedíndonos levar a cabo a labor que os cidadáns nos encomendaron nas urnas. Os socialistas esperamos que esta demora na resposta á nosa petición se deba a algunha razón de peso, do contrario veriámonos na obriga de denuncialo; non estamos dispostos a permitir que Baltar sega a limitar a nosas funcións”.
Pérez García pregúntase cales son os verdadeiros motivos polos que Baltar “garda con tanto recelo a relación de persoal contratado pola Deputación provincial dende o 24 de xaneiro de 2008. Recórdolle a Baltar que o grupo socialista ten dereito a saber quen traballa para o ente provincial e cal é a labor que realiza cada traballador”.
“Se esa lista non se fai pública é porque Baltar sabe que, unha vez máis, podería quedar descuberta a súa faceta de cacique e os criterios de amiguismo e partidismo que se empregan na selección de persoal da Deputación. Se non houbera nada que esconder, Baltar xa houbera remitido esa relación ao grupo socialista. Estamos seguros que esa lista desvela que Baltar é, como el mesmo se definiu, un cacique rancio”.
Os socialistas tamén piden, por segunda vez, a relación de persoal que rematou o seu contrato dende o 24 de xaneiro de 2008 ata hoxe e, insisten en que “faremos a mesma petición cantas veces sexa necesario”.
O cacique rancio

-“Non se entende que personas contratadas, supostamente, pola súa valía, obteñan puntuacións de cero nos procesos de selección de personal”.
Ourense, 12 de maio de 2008. O grupo socialista na Deputación provincial, presentou unha moción para o vindeiro pleno, instando a que se paralicen todos os procesos de selección de persoal que se están levando a cabo no ente provincial por ser de dubidosa legalidade e transparencia.
O deputado provincial, Carlos Montes, explica que “logo de facer un seguimento das probas de selección de persoal obsérvase que todas e cada unha destas probas, ao realizarse o primeiro exame, coincide que o número de aprobados é o mesmo que o número de prazas convocadas. Chama a atención que sempre hai unha persoa que saca unha nota moi elevada e o resto de aspirantes sacan un cero”.
Dende o Partido Socialista insisten en que “é curioso que gran parte das persoas puntuadas cun cero son traballadores en activo da Deputación, aos que Baltar mantén con contratos encadeados”.
Montes denuncia que “é sospeitoso que se estean a empregar traballadores afíns a Baltar para que se presenten ás probas de selección que convoca a Deputación, e xustificar así que a praza se dea a determinadas persoas. Senón é así, é difícil entender que persoas que, supostamente, son contratadas pola súa valía técnica obteñan puntuacións de cero”.
O pasado venres os socialistas denunciaban que Baltar estaba ‘preparando’ unha praza á medida da parella do portavoz do PP en O Carballiño. “Este non é un feito aillado –explica o deputado provincial- é un feito que se repite case a diario. En todos os procesos de selección convocados pola Deputación provincial pódense atopar centos de exemplos deste tipo. As prazas que se convocan ‘prepáranse’ a medida pero, ocorre o mesmo cos tribunais formado por técnicos que, por dubidosa casualidade son ou altos cargos do Partido Popular ou familiares destes”.
Os socialsitas aseguran que son moitas as probas que levan a desconfiar dos procesos de selección de persoal que leva a cabo a Deputación provincial, e a dubidar da súa legalidade e transparencia polo que agora solicitan que “ao igual que pasara antes das eleccións municipais do ano pasado, se paralice o proceso selectivo e se garanta a presenza durante o proceso de todos os partidos políticos e dos sindicatos con implantación na provincia”.
lunes, 12 de mayo de 2008
SALVAXADA con letras maiúsculas
Vedes este ANIMAL. Pois este ANIMAL que acaba de matar a estes gatiños e que se exhibe con eles ante un amigo que lle fai unha foto é un membro das Novas Xeracións do PP en Talavera de la Reina. Chámase Jaime Ferrero e foi candidato do PP nas pasadas municipais ó concello de Talavera de la Reina.Espero que a parte da expulsión do seu partido, a este ANIMAL a Xustiza lle caía con todo o peso (que seguramente neste caso non é moito) enriba del.
Xa coñecemos esta vella historia
Outra vez máis... e van mil. Baltar volve a facerse a víctima e fai unhas declaracións dicindo que el non quere seguir áfronte do PP provincial se non o queren as bases. Tamén afirma que cando determinen que sexa o congreso, que se debería buscar candidato. Baltar Pumar, lembra que el non quere permanecer e que leva á fronte da "nave" popular 16 anos. Di que a el ninguén o vai facer inútil á fronte de de nada". Sen embargo, pese a manifestar que cre que o que teñen que facer é ir preparando a sucesión", o Presidente do PP en Ourense non descarta totalmente a súa continuidade no cargo, xa que, admite que estaría a disposición do que queiran", que sería moi reticente a volver a presentarse, e que só se me chaman e me piden auxilio.En ano de fame, todo son piollos

Pistoletazo de saída para o XI Congreso
O sábado pola mañá celebramos en Santiago de Compostela o Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE. A orde do día xiraba en torno á convocatoria do XI Congreso do PSdeG-PSOE. Este vaise a celebrar do 25 ó 27 de xullo na capital galega.No Comité Nacional Galego debatimos sobre o calendario precongresual, o peche do censo, os criterios de asignación de delegados e o proxecto de orzamentos.
sábado, 10 de mayo de 2008
Baltar, o trileiro

facía públicas contratacións de servizos irregulares por parte de Baltar na Deputación. Eladio Fernández comparecía ante os medios para denunciar que os vehículos da Deputación se sirven de gasoil nunha estación de servizo do tenente-alcalde de San Cibrao, a razón de 16 millóns de pesetas ó ano, sen que medie ningún tipo de concurso. Carlos Montes, acompañado de Laura Seara e Miguel Fidalgo desvelaban o mapa de enchufismo do PP na Deputación.
Se queredes ampliar a información podesde facelo nas novas que recollían algúns medios: La Región, La Voz de Galicia, Ourensedixital...
jueves, 8 de mayo de 2008
Un paso adiante con valentía
Onte compareceu María Teresa Fernández de la Vega, vicepresidenta primeira do Goberno, ante a Comisión Constitucional do Gongreso e alí esbozou o que van a ser as liñas mestras do Goberno nesta lexislatura. Unha lexislatura que se albisca reformista.martes, 6 de mayo de 2008
Campaña de obxeción á financiación relixiosa. Declaración IRFP
O avisPPeiro
Ata onde chega a renovación do PP
Que se vaia Mariano....
Onte caiu unha peza máis do tableiro de xogo do PP. Foi Acebes, o gran mintirán dos días posteriores ó 11-M. O PP de Aznar comeza a diluirse. Desapareceu Rato, Trillo, logo Zaplana, agora retíraseAcebes. Xa só queda que se vaia Rajoy.viernes, 2 de mayo de 2008
Grave crise no sector lácteo

Témome unha subida inminente da factura de Telefónica
Celebración do 1º de maio
Fotografía "roubada" do blog de Lalo.Onte saímos a celebrar o día dos traballadores con unha ofrenda floral conxunta de UGT e do PSdeG-PSOE no busto de Pablo Iglesias, para logo asistir á manifestación conxunta de UGT e CCOO.
Sobre a celebración planeaba a triste nova de que onte pola mañá falecera un obreiro en Carballiño, pai dunha compañeira socialista do Concello de Maside.








