jueves, 22 de mayo de 2008

Marcho a correr para Telemiño


Marcho a correr, agora mesmo para os estudos de Telemiño. Hoxe estou invitado a participar no programa de debate Punto Crítico, baixo o título de "Que Deus nos colla confesados..." Será as 22.00 h. en directo, pero hai que estar unha hora antes por alí.
O meu carón terei o Presidente da Asociación de Gais e Lesbianas de Ourense e a un profesor da Universidade de Vigo. E fronte a min a un párroco, á presidenta do Foro da familia e a un crente confeso.
Dende hoxe a mañá que saiu anunciado este tema na prensa recibín infinidade de chamadas e correos electrónicos dándome recomendacións e aportándome datos tanto dende o punto de vista laico como relixioso.
Bueno, marcho para os estudos, e Deus dirá....... ;)

No hay comentarios: