martes, 13 de mayo de 2008

O cacique rancio


Baltar sorpréndenos moitas veces con eses ataques de sinceridade tan propios del que ten. Hai pouco afirmaba que el era un "Cacique rancio". Para os socialistas de Ourense estas declaracións non eran ningunha novidade. Só viñan a refrendar todas as denuncias que vimos facendo da súa política de amiguismo e enchufismo.
Ten que ser moi vergoñento para un militante do PP, que de verdade cre no seu partido ter por presidente do mesmo a un señor que é a antítese da modernidae na política, a antítese do futuro, a antítese do desenvolvemento.
Esta semana Carlos Montes, deputado provincial e alcalde do Carballiño ven de realizar varias denuncias sobre a política de contratación de Baltar que tiveron gran repercusión en todos os medios como: La Región, La Voz de Galicia, El País, Vieiros, A Nosa Terra, Ourensedixital,...
Aquí vos reproduzco a nota de prensa:
OS SOCIALISTAS SOLICITAN A PARALIZACIÓN DOS PROCESOS DE SELECCIÓN DE PERSOAL QUE A DEPUTACIÓN TEN EN MARCHA NESTES MOMENTOS

-“Non se entende que personas contratadas, supostamente, pola súa valía, obteñan puntuacións de cero nos procesos de selección de personal”.


Ourense, 12 de maio de 2008. O grupo socialista na Deputación provincial, presentou unha moción para o vindeiro pleno, instando a que se paralicen todos os procesos de selección de persoal que se están levando a cabo no ente provincial por ser de dubidosa legalidade e transparencia.

O deputado provincial, Carlos Montes, explica que “logo de facer un seguimento das probas de selección de persoal obsérvase que todas e cada unha destas probas, ao realizarse o primeiro exame, coincide que o número de aprobados é o mesmo que o número de prazas convocadas. Chama a atención que sempre hai unha persoa que saca unha nota moi elevada e o resto de aspirantes sacan un cero”.

Dende o Partido Socialista insisten en que “é curioso que gran parte das persoas puntuadas cun cero son traballadores en activo da Deputación, aos que Baltar mantén con contratos encadeados”.

Montes denuncia que “é sospeitoso que se estean a empregar traballadores afíns a Baltar para que se presenten ás probas de selección que convoca a Deputación, e xustificar así que a praza se dea a determinadas persoas. Senón é así, é difícil entender que persoas que, supostamente, son contratadas pola súa valía técnica obteñan puntuacións de cero”.

O pasado venres os socialistas denunciaban que Baltar estaba ‘preparando’ unha praza á medida da parella do portavoz do PP en O Carballiño. “Este non é un feito aillado –explica o deputado provincial- é un feito que se repite case a diario. En todos os procesos de selección convocados pola Deputación provincial pódense atopar centos de exemplos deste tipo. As prazas que se convocan ‘prepáranse’ a medida pero, ocorre o mesmo cos tribunais formado por técnicos que, por dubidosa casualidade son ou altos cargos do Partido Popular ou familiares destes”.

Os socialsitas aseguran que son moitas as probas que levan a desconfiar dos procesos de selección de persoal que leva a cabo a Deputación provincial, e a dubidar da súa legalidade e transparencia polo que agora solicitan que “ao igual que pasara antes das eleccións municipais do ano pasado, se paralice o proceso selectivo e se garanta a presenza durante o proceso de todos os partidos políticos e dos sindicatos con implantación na provincia”.

No hay comentarios: