Imaxino que a estas alturas xa todos/as estaredes enterados/as do último drama que acaba de acontecer no Estreito de Xibraltar. Antonte á noite arribaban ás costas almerienses 33 persoas a bordo dunha embarcación de salvamento marítimo. Había poucvo que foran rescatados dunha patera co motor avariado.viernes, 11 de julio de 2008
Sinto vergoña
Imaxino que a estas alturas xa todos/as estaredes enterados/as do último drama que acaba de acontecer no Estreito de Xibraltar. Antonte á noite arribaban ás costas almerienses 33 persoas a bordo dunha embarcación de salvamento marítimo. Había poucvo que foran rescatados dunha patera co motor avariado.martes, 8 de julio de 2008
O Congreso da ilusión
Chego a Ourense cheo de ilusión e de esperanza porque acabamos de elixir unha executiva que aporta nova savia e novas ideas. Unha executiva, coa cal o mellor do socialismo está por chegar. Un grupo de dirixentes cheos de frescura e de decencia política. Nomes como os de Elena Valenciano, Carme Chacón, Edu Madina, Antonio Hernando ou Leire Pajín, por citar algúns, son todo un luxo para un partido político.
Leire Pajín, a protagonista deste Congreso e “amiga da alma” de Laura Seara, como a mesma Pajín se definiu, é un referente e un luxo para todas e todos os socialistas de España. Unha persoa que leva dende os quince anos loitando polos dereitos dos máis desfavorecidos, pola igualdade e contra a pobreza.
Pero este non foi o Congreso das persoas, este foi o Congreso das ideas. Abordamos os temas que lle interesan á sociedade, aínda que para Rajoy, estes son problemas menores e secundarios
Nas comisións falamos e debatemos sobre a laicidade do Estado, a lei de prazos do aborto, a prostitución, o dereito a votar dos inmigrantes, a cibermilitancia, o dereito a unha morte digna, o modelo autonómico, o cambio climático, o gasto social... E aínda hai quen di que xa non existe a dereita e a esquerda. Por certo, esto, sempre o din as persoas de dereitas.
Había tempo que non se recordaba un congreso dun partido onde se asumiran tantos compromisos sociais e de tanto calado. Política e máis política, pero política de esquerdas, era o que rezumaban esta fin de semana as paredes do Palacio de Congresos de Madrid.
E nos debates, os delegados e delegadas galegas participamos activamente e en primeira persoa, con novas propostas e novos avances para construír o socialismo e a España do futuro. Non podía ser doutro xeito, porque como dixo Zapatero, tennos o ollo posto ó Partido dos Socialistas de Galicia, sabedor de que podemos romper o mito da Galicia conservadora. E así, avanzar na transformación progresista, modernizadora e de esquerdas.
Persoalmente, quero destacar o papel que xoguei, xunto a outros compañeiros de diversas agrupacións de España, nos avances dun novo tipo de activismo político: a cibermilitancia. Un partido político non pode ir por detrás dos avances da tecnoloxía e da sociedade a así o asumiu, sen reparos, o PSOE.
Hai quen di que este foi un Congreso á “búlgara”, pero este foi un Congreso dos consensos e dos avances sociais, onde non se viu a ninguén enfadado, frustrado ou decepcionado.
Volto deste Congreso ilusionado e esperanzado, porque creo que estamos a escribir o que será o futuro da política do PSOE, e polo tanto o futuro da política de España. E pódovos dicir que é a outra cara da moeda desa política amarga e rancia que escribe o Partido Popular.
Eladio Osorio Montenegro
lunes, 7 de julio de 2008
Outro xeito de ver o 37 Congreso do PSOE
Un xeito distinto de ver o 37 Congreso do PSOE que acaba de rematar. As imaxes son de Yeray e podedes atopalas no seu rincón no Flickr.A primeira delasé, supostamente Zapatero.
Esta outra é Pepe Blanco ofrecendo un discurso a todas e todos os delegados do Congreso deste pasado fin de semana.
Por último este é un ciberdelegado, coa barba mal afeitada, abrindo o seu portátil para contarlle ó Mundo o que acontece.Mañá publico un artigo no xornal La Región sobre o acontecido nestes tres últimos días no seo do PSOE, así que mañá a comprar o xornal ou lelo na súa web. Cando teña un momento tamén o colgarei eu por aquí
domingo, 6 de julio de 2008
Últimas horas no Congreso

sábado, 5 de julio de 2008
A foto do Congreso
Confirmado, o que era un segredo a voces: Pepe Blanco, Vicesecretario e Leyre Pajín, Secretaria de Organización.Un partido moderno
Un partido moderno, que muda cousas, que avanza para adaptarse á sociedade. Neste camiño está traballando o PSOE. Xiro cara a esquerda no PSOE
Cando en España parecía que si un partido político non xiraba cara o centro estaba perdido, cando tanto o PP coma o PSOE pelexaban por acaparar este espazo porque si nos facía así parecía que nunca se gañarían unhas eleccións, o PSOE xira con paso firme cara a esquerda.viernes, 4 de julio de 2008
Esto está arrancando
Pois nada, amigos/as, chegamos ben a Madrid. Eran as 12 e xa estabamos no recinto do 37 Congreso Federal (e sin perdernos).Pola Paz
Non son nada afeccionado á música de Juanes, pero creo que hoxe merecen que colgue este vídeo no meu blog como homenaxe á liberación dun grupo de reféns que levaban moitos anos presos nas mans das FARC.
Este tema está a ser moi mediático porque estre ós/ás liberados/as atopábase Ingrid Betancourt. Pero non debemos esquecer que na selva colombiana, como noutros moitos lugares do Mundo hai moita xente presa e secuestrada por mal chamados grupos de liberación ou revolucionarios.
Non hai nada neste Mundo que xustifique un asasinato nin un secuestro.
Noraboa ó exército colombiano e a todos/as aqueles/as que combaten o terrorismo en calquera lugar do planeta.
jueves, 3 de julio de 2008
Elena Espinosa nas futuras oficiñas da CH Miño-Sil
Moito traballo, esforzo e loitas lle costou o PSdeG ourensán convencer de que a sede da tan ansiada Confederación Hidrográfica Miño-Sil-Limia tiña que estar na cidade das Burgas, pero conseguiuse.Agora vou preparar a maleta para marchar cara a Madrid ó 31 Congreso Federal do PSOE.
miércoles, 2 de julio de 2008
Vídeo de benvida de Zapatero ó Congreso do PSOE
No Congreso do PSOE estase a dar un pulo ás novas tecnoloxías. Este será o vídeo que recibiremos no móbil nada máis chegar ó recinto.
Preparándose para o 37 Congreso Federal
Estes días, como podedes comprobar, estou algo máis vago que de costume para escribir. Hai quen xa me chamou para ver si era por mor da enfermidade que me diagnosticaron hai pouco, e que non levo moi ben polos seus efectos colaterais (problemas coas miñas gatiñas).jueves, 26 de junio de 2008
Un grave contratempo e un gran dilema

Algúns aínda non saberedes a que veñen estas fotos e que teñen que ver co meu contratempo e o meu dilema.
Dende hai uns meses (xa bastantes) teño problemas respiratorios (as veces agudos) e algunha alerxia. Decidín por fin ir a facer as probas e hoxe era o día.
Na nosa casa, Belén e maís eu temos dúas gatiñas siamesas (Branquiña e Mouriña), antes tivemos a Mico. Non vos podedes nin imaxinar o cariño que lle chegamos a coller a estes bichiños. Agora a médica dime que vaia pensando en deixar de convivir con elas xa que supoñen un grave risco para a miña saúde.Despois de coñecer esta nova quedeime totalmente frío. Algúns seguro que non entendedes que esto supoña un pequeno drama para min, pero é que non sabedes todo o que nos teñen dado estas dúas xoias.
Noites máxicas no Mosteiro de San Paio
Os/as que sodes asiduos lectores do blog de Bautista Sotelo seguro que estes días estabades todos/as intrigados/as polas últimas entradas que poñían "Faltan XX días".Dende aquí darlle a noraboa ós/ás organizadores deste evento, porque o merecen.
A primeira foto é unha vista bastante recente do Mosteiro de San Paio dende O Couto. A segunda fotografía é da portada tardorrománica que comunica o patio interior do mosteiro do camposanto, esta é do ano 2003.
miércoles, 25 de junio de 2008
"La Tertulia" de Telemiño
Onte fun invitado o programa "La Tertulia" de Telemiño. Dende hai un tempo téñenme en "plantilla" ;)."Los girasoles ciegos"
A película máis esperada por todas e todos os ourensáns xa ten o tráiler promocional.
O gran José Luis Cuerda rodou case toda esta película en Ourense (eu tiven a oportunidade de seguir o día a día), pero tamén na nosa comarca, e máis concretamente en Montederramo.
Aquí participaron moitos veciños/as e coñecidos/as de Castro Caldelas e do propio Montederramo.
Eu téñolle un cariño especial a Cuerda. Por unha banda por ter desfrutado enormemente coas súas películas: El bosque animado, Amanece que no es poco, A lingua das bolboretas... Por outra banda ( e como xa lle dixen un día) el tivo algo que ver na miña relación de parella, gracias a lingua das bolboretas (pero eso é outra historia, e non vola vou a contar). E para rematar, un día compartindo comida con el e duas persoas máis camiño de Santiago a Ourense foi cando se me comunicou que o PSOE contaba conmigo para as tarefas que estou realizando agora. En fin, unha chea de recordos
lunes, 23 de junio de 2008
O fútbol
Eu non son moi futboleiro, pero cando hai un bo motivo si que me gusta ver os partidos. Onte era un destes díase fómonos o Cadomoki, un gran café cunha pantalle de máis de 12 metros cadrados. Un lugar perfecto para ver a selección. Rali de Ourense
Toda a vida fun un gran amante dos Rallyes e teño feito moitos quilómetros para ver probas do nacional e do mundial. Co paso dos anos parece que se desinfla esta afección, pero este ano volvemonos a xuntar Pedro, Ricardo de Sas, Juan Luis e máis eu para ir a ver o mítico Cañón do Sil, o mellor tramo de todo o nacional.
E mirade o que aconteceu diante dos nosos ollos. Levamos todos un medo impresionante xa que o coche quedou totalmente colgado dun valado de maís de 20 metros en vertical. Se caen abaixo non quero nin pensar en que houbese pasado.
E pensar que non hai moitos anos poñíamonos todos a ver a proba onde se saiu o coche. Menuda cabeciña tiñamos. Hai que dicir que o Rali de Ourense cad ano gaña máis en seguridade.
O vídeo é de Spyneer7
100 anos de Salvador Allende
"La Historia es nuestra, y la hacen los pueblos. Estas son mis últimas palabras y tengo la certeza de que mi sacrificio no será en vano. Tengo la certeza de que, por lo menos, será una lección moral que castigará la felonía, la cobardía y la traición". Así remata o derradeiro discurso radiado de Salvador Allende antes de morrer.Con el despediuse de Chile, o país que presidiu entre 1970 e 1973. As súas palabras non tiñan amargura, senón decepción. Nese intre, unha bomba estourou no Pazo da Moeda, semidestruído polo fogo da aviación e os tanques.viernes, 20 de junio de 2008
jueves, 19 de junio de 2008
Moción de censura en Trives. Perdón, perdón, perdón...
Perdón, perdón e perdón. É o único que nos queda por pedir ós/ás socialistas ante os seus votantes de Trives. 
lunes, 16 de junio de 2008
Cando se utiliza ás persoas
Pola foto non creo que vos lembredes de quen é este rapaz, pero nos seus días saía en todos os telexornais. Trátase de Elián, aquel neno balseiro que marchou de Cuba para os EE.UU. en compañís dun familiar.Aquela historia foi unha das utilizacións de nenos para unha causa (neste caso a cubana) máis patética e torticera das que coñezo.
Aquelas frases de "Eliansito, vuelve..." do Comandante en Xefe, camarada Fidel creo que serviu para abrirlleós ollos aqueles/as que aínda non os abriran sobre o réxime comunista cubano.
Ningunha dictarura é boa, ningunha. E esta tampouco, por suposto. E menos con manipulacións como ca de Eliansito.
Por certo, a foto é un capítulo máis desta manipulación que aínda perdura. O acto é a entrega do carné de membro da Unión de Jóvenes Comunistas de Cuba (UJC).
Quintana, quen te viu e quen te ve.
Non é de extranar a que a moita xente do BNG coa que de cando en vez comparto tertulia se lle remexan as tripas ó ver fotos coma esta.Aquilino Valencia saíndo do concello de Calvos de Randín
Veciñas e veciños de Calvos de Randín, así como algúns compañeiros/as do PSdeG-PSOE aplaudindo ó alcalde á saída do Pleno.
Veciña abrazando a Aquilino Valencia e demostrándolle ó afecto de todos/as aqueles/as que non cren na tropelía que pretenden levar a cabo os/as concelleiros do PP en Calvos de Randín e Andrade, o tránsfuga.
Aquilo e maila súa dona saudando a aqueles/as que se concentraban no exterior da Casa do Concello de Calvos de Randín.Máis cousas de Calvos de Randín
Xente a rebosar no Concello de Calvos de Randín, ten que sair polos balcóns e ventanas xa que non se colle dentro. Abaixo á dereita o ex-alcalde do PP mirando cara ó notario. Este individuo é moi coñecido na zoa pola súa boa educación. Non pasa día sen que se meta nalgunha trifulca.
Catro dos que se pretenden pasar os resultados electorais polo.... De esquera á dereita: José Manuel Andrade (o vendido), Antonio Rodríguez (o anterior alcalde), Antonio López (outro concelleiro do PP e ex-alcalde que xa ten recorrido varios partidos políticos) e Sandra Rodríguez (filla do ex-alcalde, de quen tamén foi asesora para poder cobrar das arcas do concello, á actriz principal de todo esto)
José Manuel Andrade e Antonio Rodríguez, dous ex-inimigos que agoran son íntimos amigos. As voltas que dá a vida por mor dos cartos.... e de Baltar.viernes, 13 de junio de 2008
jueves, 12 de junio de 2008
Fotos da moción de censura en Calvos de Randín. Altercados
Simpatizante socialista cun dente menos debido as múltiples patadas da cuadrilla de amiguetes de Baltar contratados para mallarnos ós/ás que estabamos en Calvos de Randín.
Outro socialista de Calvos de Randín cun forte corte nunha man debido a unha arma branca dos homes de negro.
Ex-alcalde de Calvos de Randín pillado in fraganti polas cámaras intentando agredirme. Chámase Antonio e no pobo é moi coñecido por amosar cada dous por tres a pistola que leva enriba case sempre.
Os matóns de Baltar en formación. O que está xusto detras do home calvo e chaqueta marrón é policía local en Celanova e íntimo amigo do Presidente Provincial do Partido Popular.
Os amiguiños de Baltar zoupándolle a tres veciños. Mentres unha muller con cámara de vídeo que viña con eles graba todo. Debe ser para promocionar o seu traballo e logo venderse mellor. Xa o vexo.... "OS AMIGUIÑOS DE BALTAR. HOSTIAS A DOMICILIO"



