Mostrando entradas con la etiqueta San Paio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta San Paio. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de junio de 2008

Noites máxicas no Mosteiro de San Paio

Os/as que sodes asiduos lectores do blog de Bautista Sotelo seguro que estes días estabades todos/as intrigados/as polas últimas entradas que poñían "Faltan XX días".
Agora xa podedes entrar no seu blog ou no de Amigos de Caldelas e saber de que se trata. Bautista andivo polo Castro este último fin de semana e comentoume que xa tiña todo últimado. Eu estaba enterado de que el e algunha outra xente andaban tramando unha iniciativa cultural novedosa en san Paio, e por fin saiu adiante.
O tema en cuestión é que todos/as os/as caldelaos e a xente que se queira achegar ata as ruinas do Mosteiro de San Paio da Abeleda nas noites do 31 de xullo e 1 de agosto poderán disfrutar nas "Noites de Contos" de dous dos mellores contacontos mundiais: Quico Cadaval e Carlos Blanco.
Todos/as os/as que poidades asistir non vos perdades estas noites de contos porque o xa de por si máxico marco no que se desenvolven hai que unir que tanto Cadaval como Blanco aseguran que pasaredes unhas noites de conto...
Vémonos alá.

Dende aquí darlle a noraboa ós/ás organizadores deste evento, porque o merecen.

A primeira foto é unha vista bastante recente do Mosteiro de San Paio dende O Couto. A segunda fotografía é da portada tardorrománica que comunica o patio interior do mosteiro do camposanto, esta é do ano 2003.