Reflexións e cousiñas sobre Caldelas, política e moitas cousas máis que me preocupan e despertan inquedanzas...
lunes, 16 de junio de 2008
Aquilino Valencia saíndo do concello de Calvos de Randín
Veciñas e veciños de Calvos de Randín, así como algúns compañeiros/as do PSdeG-PSOE aplaudindo ó alcalde á saída do Pleno.
Veciña abrazando a Aquilino Valencia e demostrándolle ó afecto de todos/as aqueles/as que non cren na tropelía que pretenden levar a cabo os/as concelleiros do PP en Calvos de Randín e Andrade, o tránsfuga.
Aquilo e maila súa dona saudando a aqueles/as que se concentraban no exterior da Casa do Concello de Calvos de Randín.
Aquilino e máis eu saudándonos logo dun día movidiño en Calvos de Randín. Por ahí detrás anda Arcadio de Vilariño Frío, María Quintas de Ourense, Nacho de Ribadavia e Alfredo de Celanova entre os/as veciños/as e compañeiros/as de Calvos.
2 comentarios:
Anónimo
dijo...
Eladio, fálanos do acordo entre Psoe e PP en Trives para presentar xuntos unha moción de censura, e cómo se come eso?. Algo terás que decir,xa que é unha zona que coñeces ben. Gracias.
Nacín no 71, en Castro Caldelas. Alí me criei e medrei xogando entre os castiñeiros na Devesa. ¡Cantas veces alí xogamos os pistoleiros...!. Logo estudei en Trives, onde fixen moi bos amigos/as. Máis tarde fixen en Ourense Educación Social. Esta carreira marcou a miña vida, polo que aprendín e por coñecer nela a Belén, a miña parella. A mellor persoa que se cruzou na miña vida.Traballei dez anos como técnico de desenvolvemento rural para a Asoc País do Bibei-Ribeira Sacra. Dende pequeniño levo metido o PSOE no sangue, xa que meu pai é alcalde socialista e entre el e a miña nai infundíronme uns valores baseados na igualdade, na tolerancia, no respecto e en preocuparme polos temas sociais. Fun concelleiro e portavoz do PSdeG-PSOE en Castro Caldelas do 91 ó 99 e do 07 ata hoxe, tamén secretario comarcal do PSdeG-PSOE de Trives-Caldelas do 04 ó09. Traballo como asesor do Grupo Socialista na Deputación de Ourense. En novembro de 2009 constituiuse por primeira vez na historia do socialismo ourensano a Executiva do PSdeG-PSOE na provincia, os/as compañeiros de partido encomendáronme a tarefa da Secretaría de Acción Electoral. Son o maior de catro irmaos, e son un apaixoado da fotografía.
2 comentarios:
Eladio, fálanos do acordo entre Psoe e PP en Trives para presentar xuntos unha moción de censura, e cómo se come eso?. Algo terás que decir,xa que é unha zona que coñeces ben. Gracias.
Pois parece ser que de acordo nada, porque os que eran do psoe tiveron que deixar o partido ¿non si, anónimo?
Publicar un comentario