Chego a Ourense cheo de ilusión e de esperanza porque acabamos de elixir unha executiva que aporta nova savia e novas ideas. Unha executiva, coa cal o mellor do socialismo está por chegar. Un grupo de dirixentes cheos de frescura e de decencia política. Nomes como os de Elena Valenciano, Carme Chacón, Edu Madina, Antonio Hernando ou Leire Pajín, por citar algúns, son todo un luxo para un partido político.
Leire Pajín, a protagonista deste Congreso e “amiga da alma” de Laura Seara, como a mesma Pajín se definiu, é un referente e un luxo para todas e todos os socialistas de España. Unha persoa que leva dende os quince anos loitando polos dereitos dos máis desfavorecidos, pola igualdade e contra a pobreza.
Pero este non foi o Congreso das persoas, este foi o Congreso das ideas. Abordamos os temas que lle interesan á sociedade, aínda que para Rajoy, estes son problemas menores e secundarios
Nas comisións falamos e debatemos sobre a laicidade do Estado, a lei de prazos do aborto, a prostitución, o dereito a votar dos inmigrantes, a cibermilitancia, o dereito a unha morte digna, o modelo autonómico, o cambio climático, o gasto social... E aínda hai quen di que xa non existe a dereita e a esquerda. Por certo, esto, sempre o din as persoas de dereitas.
Había tempo que non se recordaba un congreso dun partido onde se asumiran tantos compromisos sociais e de tanto calado. Política e máis política, pero política de esquerdas, era o que rezumaban esta fin de semana as paredes do Palacio de Congresos de Madrid.
E nos debates, os delegados e delegadas galegas participamos activamente e en primeira persoa, con novas propostas e novos avances para construír o socialismo e a España do futuro. Non podía ser doutro xeito, porque como dixo Zapatero, tennos o ollo posto ó Partido dos Socialistas de Galicia, sabedor de que podemos romper o mito da Galicia conservadora. E así, avanzar na transformación progresista, modernizadora e de esquerdas.
Persoalmente, quero destacar o papel que xoguei, xunto a outros compañeiros de diversas agrupacións de España, nos avances dun novo tipo de activismo político: a cibermilitancia. Un partido político non pode ir por detrás dos avances da tecnoloxía e da sociedade a así o asumiu, sen reparos, o PSOE.
Hai quen di que este foi un Congreso á “búlgara”, pero este foi un Congreso dos consensos e dos avances sociais, onde non se viu a ninguén enfadado, frustrado ou decepcionado.
Volto deste Congreso ilusionado e esperanzado, porque creo que estamos a escribir o que será o futuro da política do PSOE, e polo tanto o futuro da política de España. E pódovos dicir que é a outra cara da moeda desa política amarga e rancia que escribe o Partido Popular.
Eladio Osorio Montenegro


































Os amiguiños de Baltar zoupándolle a tres veciños. Mentres unha muller con cámara de vídeo que viña con eles graba todo. Debe ser para promocionar o seu traballo e logo venderse mellor. Xa o vexo.... "OS AMIGUIÑOS DE BALTAR. HOSTIAS A DOMICILIO"


