Agora sí, agora está claro que a volta ó centro do PP xa é imposible. Rajoy rechaza o ofrecemento de Ruiz Gallardón para as vindeiras eleccións, e agora encárgalle o Pit-bull do PP (Ángel Acebes) que se cargue a Piqué, unha das cabezas máis centristas que operaban no Partido Popular.viernes, 20 de julio de 2007
Acebes cepíllase a Piqué co beneplácito de Rajoy
Agora sí, agora está claro que a volta ó centro do PP xa é imposible. Rajoy rechaza o ofrecemento de Ruiz Gallardón para as vindeiras eleccións, e agora encárgalle o Pit-bull do PP (Ángel Acebes) que se cargue a Piqué, unha das cabezas máis centristas que operaban no Partido Popular.O neno predicador
Como a Igrexa utiliza a un cativo para manipular ás masas. Dende logo case me convence, está cheo de argumentos
viernes, 13 de julio de 2007
O meu blog está censurado na China

Si, si.... como o escoitades, o meu blog está censurado na China. Eu non sei que mal cometería, xa que este blog creo que ten uns contidos que os pode ler calquera (outra cousa é que opine igual).
Lendo un post do blog de Arbillas entereime que o dela estaba censurado, e entrei eu a consultar o meu blog a través de greatfirewallofchina, cal foi a miña sorpresa ó ver que ningún chinés que resida no seu país non poderá ver nuca estes comentarios.
A verdade, e sinceiramente, non creo que a ningún chinés lle interese moito o que eu aquí escribo, pero bueno sempre che fastidia ser merecedor de tal distinción.
Dándolle voltas ó asunto, houbo un momento no que entrou a dúbida de se esta páxina fose unha web propagandística en contra do réxime chinés, pero creo que non, porque fixen varias consultas de temas relacionados co comunismo e sempre deixaba acceder.
Bueno, aquí queda esto como curiosidade.
Aznar Borracho fala do viño, a DGT e moito máis
Lebrádesvos daquelas lindezas que se lle ocurriron o soso queridísimo ex-presi "Ansar" sobre a DGT e o viño... Pois hoxe atopei este vídeo-parodia sobre aquel caso. O final non é que sexa moi bó, pero a manipulación do son que fan ó principio sobre aquela célebre frase é mítica. Pasade e disfrutade.
jueves, 12 de julio de 2007
Jiménez Losantos e a súa tropa cargan agora contra o colectivo homosexual

Se ben, en ocasións, fano por medio do humor, día a día queda máis patente o desprezo desprecio que Libertad Digital amosa cara as minorías –un dos principais eixos das medidas sociais emprendidas polo Goberno socialista-. Inimigos de todo o que teña que ver con Zapatero e coa intervención estatal para a solución de moitos problemas –da que estes críticos tamén gozan e gozaron no pasado pola forza- o búnquer mediático conducido por Federico Jiménez Losantos lanzou un novo dardo o colectivo gai. Este feito saca a relucir a contradicción na que caen diariamente os membros deste diario: onde se autoproclaman como “liberais”, amosan, no plano social, unha visión tremendamente retrógrada da sociedade, que nos retrotrae, en ocasións, ós mellores momentos do Réxime anterior.
Polémico video promocional do Getafe CF
Círculos conservadores piden a súa retirada por blasfemo. Non hai moito tempo estas mesmas persoas pediron aretirada dunha exposición en Extremadura, subvencionada pola Junta, cos mesmos argumentos.
Que o fervor que desperta o fútbol é case máis grande que o que levantan as relixións é un feito. Tal vez é esta idea a que aproveitaron os creativos que realizaron a nova campaña para atraer socios do Getafe F.C. Sen dúbida, o nuevo anuncio non deixa indiferente a ninguén: unha voz en off na que persoaxes bíblicos dicen “non” a Deus para recordar que “primeiro está o meu equipo”.
Por suposto, a polémica non tardou en xurdir. Dende a web ultraconservadora HazteOir.org xa solicitan ós responsables do clube “a retirada do seu blasfemo anuncio”. Segundo esta plataforma, o anuncio “ofende gravemente ós cristiáns”.
Creo, polas últimas novas que teño, que a Conferencia Episcopal (esta que hai uns días amparou a un cura violador de menores) pediu tamén a retirada do vídeo, que o Getafe procedeu a interrumpir a súa emisión.
"Se todos foramos ateos, o mundo sería máis pacífico". Saramago dixit.

Un momento de relax e un paseo pola historia da pintura
Magnífico vídeo que fai un repaso polo retrato feminino ó longo da historia do arte. Todo elo acompañado de un precioso tema musical que invita ó relax. Que o disfrutedes
martes, 10 de julio de 2007
Esixo que Rajoy entregue as actas.

jueves, 5 de julio de 2007
Mariano Rajoy, destrozado, sae dolorido do congreso
Pobre Marianín. Esta Eva Hache cada día é máis mala.
O vídeo que intentou censurar o PP
Este vídeo circula polo Youtube, e o PP desfaise todos os días en intentar censuralo. ¿Sabedes por que? Simplemente porque conta como foi a historia, tan só eso. Pero o PP ponse encarnado cada vez que lle lembran o seu pasado.
martes, 3 de julio de 2007
Nenos iraquís xogan a executar a outro
Fotografía de Associated Press tomada estes días en Iraq. Creo que non compre ningún cometario sobre ela. A dureza e a crudeza da imaxe díceo todo. viernes, 29 de junio de 2007
Comparativa mapa provincial logo das eleccións locais de 2007


O "top ten" da censura publicitaria
Asociación PuntoGal
Quero convidarvos a que entredes na web de PuntoGal. De seguido fágovos unha pequena reseña da súa páxina para que vexades quenes son e que é o que promoven. Animadevos a entrar e asinar na súa web.As doce entidades promotoras do PuntoGal convocaron a Asemblea Constituínte o dez de xuño de 2006, en Santiago de Compostela. A Directiva que saiu da reunión é quen avalará a candidatura galega diante da Internet Corporation for Assigned Names and Numbers, organismo internacional que se encarga de autorizar e recoñer os dominos.
Pola propia complexidade do proceso, resulta fundamental traballar dando pasos firmes, actuando con axilidade e contando cun amplo respaldo social. O ICANN valora as propostas en función da xustificación da necesidade de ter o dominio e dos apoios que ten a propia candidatura dentro do seu territorio: por iso é imprescindible facer unha candidatura sólida con presenza de importantes organismos e asociacións galegas do ámbito cultural, lingüístico e da comunicación.
A asociación asume igualmente o compromiso de realizar accións de concienciación entre a cidadanía sobre a necesidade de que Galicia dispoña dun dominio propio.
A promotora do PuntoGal estivo conformada por representantes da Asociación de Editores de Galicia, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, a Asociación Fillos de Galicia (fillos.org), o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, o Consello da Xuventude de Galicia, as Empresas Galegas Adicadas a Internet (Eganet), Galicia Hoxe, Idesga-Galego 21, ISOC-Galicia, a Mesa pola Normalización Lingüística, a Real Academia Galega (RAG) e Vieiros. Dende entón xa hai novas entidades adheridas.
Un ano máis, en Castro Caldelas.....Festival Ponte Louco
Un ano máis, no mes de Agosto celebrarase en Castro Caldelas o Festival Ponte Louco organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Irrio. martes, 26 de junio de 2007
¿Por que o PP e a Igrexa lle teñen medo á Educación para a Cidadanía?

Aquella idea de transversalidad no era ni es una manía de los Gobiernos socialistas ni una deformación profesional de un grupo de psicopedagogos, sino que deriva de la mejor tradición educativa y moral de nuestro país: la de la Institución Libre de Enseñanza (1876). Su fundador, Francisco Giner de los Ríos, Catedrático de Filosofía del Derecho en la Universidad de Madrid, tuvo siempre una idea de la educación vinculada a la ciudadanía, a los valores morales y a la regeneración cultural, política y moral de los ciudadanos españoles. Su filosofía de la educación, basada en los ideales de una ética laica, de valores como la libertad, la igualdad y la justicia sigue siendo el elemento inspirador más importante de esta novedad educativa denominada Educación para la Ciudadanía y los Derechos Humanos.
Su idea de la tolerancia positiva, de la neutralidad del Estado ante las religiones y su aprecio por todas las tradiciones morales y religiosas siguen siendo lo que ya fue en la vida y obra de los institucionistas, el mejor antídoto contra el fanatismo, la xenofobia, la intolerancia y la violencia que amenaza a las democracias modernas.
Sin embargo, la educación para la cuidadanía no es solamente una cuestión que interese a las autoridades educativas españolas. En los sistemas educativos europeos, bajo distintas denominaciones y modelos, existe desde hace años un tipo de área y materia que aborda los mismos temas que nuestra nueva área de conocimientos. En unos países como Bélgica, Suecia, Italia y Alemania esta materia es transversal (cross curricular, en inglés); y en otros, como Francia e Inglaterra, es una materia específica en la secundaria; pero en todos esos países es un tema al que las autoridades educativas prestan mucho interés. Por ello, a lo largo de 2005, se ha celebrado en toda Europa, impulsado por el Consejo de Europa, el Año Europeo de la Ciudadanía, y durante ese año se han realizado en muchos países encuentros, seminarios y actividades en los que se ha tratado sobre la educación del ciudadano europeo.
Europa, como continente y, sobre todo, la Unión Europea, se enfrentan a una serie de problemas comunes como la cohesión social, la inmigración, el pluralismo religioso y moral, etcétera, ante los cuales necesita apoyarse en el sistema educativo para crear una conciencia cívica democrática que colabore en la prevención de posibles conflictos en el seno de sus sociedades. No se trata de un asunto menor, sino que se está poniendo en juego la identidad política, jurídica y ética de los sistemas democráticos europeos. Baste recordar el problema del rechazo en algunos países de la Constitución europea que está paralizando los avances sociales y políticos de toda La Unión.
La cohesión social, la participación en la vida democrática del centro escolar, la educación en el respeto a la diversidad sexual, cultural, moral y religiosa de todos los alumnos y alumnas son elementos que exigen una educación cívica, sea de modo transversal o sea de modo específico por medio de un currículo propio. Ésos son los retos teóricos y prácticos a los que se enfrenta la educación para la ciudadanía en España y en toda Europa; por eso, tienen razón quienes señalan que los valores cívicos y las conductas democráticas no se deben aprender solamente como una teoría, sino que son ante todo una práctica, un saber hacer, un saber vivir; pero también tienen buenas razones los que afirman que es muy conveniente que exista un profesorado especialista que reflexione específicamente sobre estos temas y que informe y forme adecuadamente a los niños y adolescentes en el plano teórico sobre los fundamentos de la democracia y del civismo.
Para actuar democráticamente es muy oportuno conocer los elementos teóricos, históricos y sociales que han contribuido a la construcción de la democracia en España y en el mundo; porque la conducta democrática no es espontánea e irreflexiva, no es una actitud innata en el individuo, sino que los valores y normas democráticas necesitan un aprendizaje en el ámbito familiar y escolar para que el ejercicio de la ciudadanía sea consciente y maduro.
El modelo de la transversalidad no ha dado todos los frutos que de él se esperaban, debido a diversas causas. El fracaso ha sido más evidente en los institutos de secundaria en los que la tradición de un profesorado especialista no ha sabido o no ha podido adaptarse fácilmente a las nuevas exigencias de la educación actual. La LOE ha optado por un modelo mixto de educación para la ciudadanía que recoja lo mejor de las experiencias de transversalidad que se han producido en los últimos años, pero que también profundice en los institutos de secundaria en la reflexión sobre los fundamentos de la educación ético-cívica y de la democracia y que potencie la participación de todos en la vida escolar. La educación ético-cívica no es solamente una cuestión teórica, sino que tiene una dimensión práctica muy importante. Si se consigue que el profesorado comprenda bien la propuesta del ministerio y se forme adecuadamente para impartir la nueva materia, el sistema educativo español y la calidad democrática de nuestra sociedad mejorarán considerablemente".
miércoles, 13 de junio de 2007
Gracias pola democracia
Hoxe, día 15 de xuño, cúmprense 30 anos das primeiras eleccións democráticas en España. Dende este pequeno portelo só quero darlle as gracias a todas e todos aqueles que fixeron posible que hoxe vivamos nun país libre.Nova corporación municipal
O vindeiro día dezaséis de maio, sábado, constituirase a nova corporación municipal de Castro Caldelas. As corporacións fórmanse vinte días despois das eleccións. viernes, 8 de junio de 2007
Hesamen de jografia hexpañola
Hoxe propóñovos que lle votedes un vistazo a este examen de xeografía española dunha nena de doce anos, ou mellor dito "jografía hexpañola".miércoles, 6 de junio de 2007
A hora de rendir contas sobre a porra comarcal

Bueno, logo duns días de merecido descanso, creo eu, aquí volvo a escribir. Unha das últimas entradas que fixen antes do día das eleccións locais do 27 de maio foi unha porra comarcal na que facía pública a miña aposta sobre os resultados elecctorais da comarca.
Houbo algunhas persoas que nas súas entradas deixaron ver que non eran tan optimistas coma min, pero xa vedes ahí está os resultados.
Por certo cando fixen a aposta esquecinme de poñer o concello de Vilariño de Conso que aínda que non é da comarca de Trives propiamente dito, a efecetos meus si que o computo xa que son o secretario comarcal de Trives-Caldelas, e Vilariño de Conso entra nesta comarca.
Pero ó que ía, antes do 27-M esta bisbarra estaba gobernada por un alcalde independiente, un alcalde socialista e sete alcaldes do Partido Popular. A verdade é que parecía case imposible gobernar nalgún outro concello, pero aí están os resultados. Se todos os pactos se resolven como deberan o PSOE gobernará en catro Concellos (en dous co apoio do BLoque), os independentes en un (co apoio do PSOE), o BNG en outro (tamén co apoio do PSOE) e o PP en tres. Imos a ver de un en un.
Vilariño de Conso: Teño que pedir disculpas por esquecerme na porra del. O resultado anterior era PP 5, PSOE 1, BNG 1. Teño que ser sinceiro e dicir que a miña aposta houbese sido un 4-2-1, tendo 2 o PSOE. Pero o resultado foi 3-2-2, sendo a forza máis votada o PP e empatando en concelleiros PSOE e BNG. Se se leva a cabo un pacto de goberno o alcalde sería o número un do PSOE por ter sido máis votado co BNG. Dende aquí quero mandarlle unha aperta ó futuro alcalde de Vilariño de Conso: Arcadio, que fora meu profesor de Lingua Española no Instituto de Trives.
Manzaneda: Eu apostara pola perda da maioría do PP e que o PSOE quedaría por diante do BNG. Acertei a medias, o PP perdeu a maioría absoluta (aínda que ande intentando ganala nos despachos, pero esto dará para outra entrada) pero o Bloque superou o PSOE por 16 votos. O alcalde pasaría a ser Toño da chacinera do BNG e o tenente-alcalde Herminio da ferretería. Os meus parabéns para os dous.
Chandrexa de Queixa: Eu vaticinei que o resultado sería PP 6, BNG 1 e PSOE 0. E o resultado foi así. O PSOE ten en Chandrexa o seu talón de Aquiles comarcal. As urnas deixaron a composición do concello tal como estaba.
San Xoán de Río: Apostei por PP 3, PSOE 3, BNG 1. O resultado foi un concelleiro máis para o BNG e un menos para o PSOE, de todos os xeitos o goberno estará igualmente conformado por socialistas e nacionalistas. O alcalde será Dario da Caixa e o tenente-alcalde será Miguel de Freixo, antigo compañeiro meu de instituto. Unha aperta para os dous.
A Pobra de Trives: Eu dixera que o PP perdía a maioría absoluta e así foi, pero apostara por un PP 5, PSOE 3, ATI 2 e BNG 1 e houbo sorpresa xa que os independentes comandados por Fran acadaron catro concelleiros. Así o resultado foi PP 5, PSOE 2 e ATI 4. No goberno municipal Fran será o alcalde e Paco da Telefónica o tenente-alcalde. Noraboa ós dous por acadar un cambio de goberno en Trives logo de 20 anos do PP.
Castro Caldelas: Propuxen un 6-3 para o PSOE e así foi. Era imposible revalidar o 7-2 das elección de 2003 xa que daquela déranse unha serie de condicións que hoxe non se daban. Aínda así o PSOE conta cun dos mellores resultados de toda Galicia. Está claro que aquí o PP non levanta cabeza.
Montederramo: Para min é a espiña cravada logo do 27-M, e sinto moito por Juan Domarco o noso candidato e un incansable loitador contra as maneiras caciquís de gobernar Montederramo. Eu vaticinei a perda da maioría absoluta para o PP cun resultado de PP 4, PSOE 3 e BNG 2, pero o PSOE quedouse con dous concelleiros, e se o BNG lograse sacar 9 votos máis hoxe teriamos un alcalde nacionalista en Montederramo, pero así son as cousas.
A Teixeira: Unha sorpresa para min. O PSOE levava uns 20 anos sin representación e acadamos 2 concelleiros, un a costa do Bloque e outro a costa do PP. O resultado foi PP 5, PSOE 2. É un moi bó resultado. Parabéns para Alberto e Miguel Solla.
Parada do Sil: A xoia da coroa. PAco Magide alcalde con maioría absoluta. Cravei o resultado. PSOE 4, PP 3, TEGA 0, BNG 0. O PSOE subiu dous concelleiros a costa do PP e os scialistas van a gobernar Parada do Sil por primeira vez na historia e con maioría absoluta.
Resumindo, antes do 27-M o PP gobernaba en sete concellos, o PSOE en un e os independentes noutro. Despois do día 16, que é cando se constitúen as corporacións o PSOE terá catro alcaldías, o PP tres o BNG unha e os independentes outra. O PSOE estará formnado parte do gobeno en seis concellos: Castro Caldelas, Parada do Sil, San Xoán de Río, Vilariño de Conso, A Pobra de Trives e Manzaneda. O PP coma sempre non ten con quen pactar e só formará goberno en Chandrexa de Queixa, A Teixeira e Montederramo
domingo, 27 de mayo de 2007
Cousas da campaña

Esta é unha das fotos anecdóticas desta campaña. A instantáneasacóunala Santi M. Amil, fotógrafo de La Voz de Galicia e tena colgada no seu fotoblog friki como el di.
Na imaxe estamos Miguel Fidalgo (coordenador da campaña do PSOE en Ourense) e moi coñecido por ser unha das persoas que é capaz de blasfemar máis veces por minuto, Carlos Rodríguez (xefe de gabinete da Consellería de Medio Ambiente) e máis eu.
A verdade é que a foto é curiosa, emáis co títilo que Santi lle puxo no se u fotoblog: Tres floripondios ó sol.
Está sacada nos xadinciños de Padre Feijóo, fronte ó café da Coruñesa mentres estabamos esperando a que o ministro Jordi Sevilla rematara de falar cun grupo de xente para logo levalo a Barbadás, onde tiñamos un mitin programado. As margaridas do fondo eran dunha campaña dos comerciantes do centro de Ourense.
sábado, 26 de mayo de 2007
Porra Comarcal

Hai uns días prometín que ía publicar no blog a miña porra comarcal. Sabedes que esto é moi difícil de acertar, porque nun concello aínda podes cravar os resultados, pero cravalos nos oito das comarcas de Trives e Caldelas xa é máis complicado.
De todos os xeitos voume arriscar e aí van:
Castro Caldelas: PSOE 6 – PP 3 – BNG 0
Montederramo: PP 4 – PSOE 3 – BNG 2
A Teixeira: PP 5 – PSOE 1 – BNG 1
Parada do Sil: PSOE 4 – PP 3 – TG 0 – BNG 0
Chandrexa de Queixa: PP 6 – BNG 1 – PSOE 0
Manzaneda: PP 4 – PSOE 3 – BNG 2
San Xoán de Río: PSOE 3 – PP 3 – BNG 1
A Pobra de Trives: PP 5 – PSOE 3 – ATI 2 – BNG 1
Espero non fallar moitos. Saberémolo o 27 á noite
miércoles, 23 de mayo de 2007
A campaña máis inxeniosa destas eleccións municipais

Aznar dixit "Cada voto que no vaya al PP será un voto para que ETA esté en las instituciones"
Xulgade por vós mesmos/as. Noticia sacada do diario El País no día de hoxe. Este home cada vez que habre a boca é para dicir unha burrada máis grande.El ex presidente del Gobierno José María Aznar ha asegurado hoy en un mitin del PP en Calatayud (Zaragoza) que "nunca un cambio [de Gobierno] fue tan urgente y necesario por haberse puesto en cuestión los pactos de la Transición, el modelo territorial y por haberse destruido la política antiterrorista". A este respecto, Aznar ha advertido de que en las elecciones del 27 de mayo "cada voto que no vaya al PP será un voto para que ETA esté en las instituciones". Para el ex jefe del Ejecutivo, "no puede gobernar un señor [en referencia a Zapatero] que no sabe si existe la nación española" y que "ha conseguido que media España no acepte a la otra media, una política de exclusión que los españoles habíamos superado".
Según informa en un comunicado la Fundación para el Análisis y los Estudios Sociales (FAES), de la que Aznar es presidente, el ex mandatario ha apuntado durante su intervención que "no existe un ejemplo de deslealtad tan grande como el de Zapatero", porque "con los terroristas no hay nada que negociar excepto si les das la razón; y, si lo haces, ten el coraje de decirlo pero no mientas a tu partido, a la oposición, a la sociedad". En su opinión, "al terrorismo se le combate o se rinde. Y hoy saben que van ganando", ha indicado, al tiempo que ha asegurado que el Gobierno socialista ha permitido a los violentos volver a las instituciones. "Cada concejal que saque ANV será responsabilidad personal e intransferible de Zapatero. Es la peor noticia para los españoles", ha dicho. "Cada voto que no tenga el PP será un voto para que ETA esté en las instituciones", ha añadido el presidente de honor del PP.
"España no necesita remover huesos"
En su opinión, el Gobierno de Zapatero "ha puesto en cuestión las bases esenciales de la Transición frente al rumbo claro que llevaba el país, que miraba al futuro". En este sentido, el presidente de FAES ha indicado que "España no necesita mirar hacia atrás, remover huesos, ni mirar al pasado". Asimismo, ha manifestado que "nunca antes, hasta Zapatero, ningún presidente de España había puesto en cuestión los pactos básicos de la Transición. Él sí, y de una manera injustificada".
A juicio de Aznar, "Zapatero ha conseguido que media España no acepte a la otra media, una política de exclusión que los españoles habíamos superado". El ex jefe del Gobierno ha denunciado "el proceso de desnacionalización y debilitamiento del Estado que vive España" y que "rompe con el modelo territorial". Por ello, se ha mostrado en contra de que gobierne el país "un señor que no sabe si existe la nación española; lo menos que se le puede pedir es que crea en España", ha resaltado.
lunes, 21 de mayo de 2007
Porra Municipais 2007 Castro Caldelas

miércoles, 11 de abril de 2007
Actos, actos e máis actos
Estes días dende a organización do PSdeG-PSOE non paramos. Xa case parecemos un circo ambulante. A miña xornada laboral comeza as 8:30 da mañá e moitas veces cando chego á casa xa é o día seguinte. Reunións, actos, conferencias,charlas, etc... Todo o día colgado o teléfono, chamadas, mensaxes, etc. Non vos digo canto me ven de factura do móbil porque vos podería asustar. Dende logo se ata o de agora esto era moi estresante, a partir de agora xa non ten nome.




