Mezquinos, este é o único cafificativo que merecen Jiménez Losantos, Pablo Molina e o seu diario Libertaddigital.
Se ben, en ocasións, fano por medio do humor, día a día queda máis patente o desprezo desprecio que Libertad Digital amosa cara as minorías –un dos principais eixos das medidas sociais emprendidas polo Goberno socialista-. Inimigos de todo o que teña que ver con Zapatero e coa intervención estatal para a solución de moitos problemas –da que estes críticos tamén gozan e gozaron no pasado pola forza- o búnquer mediático conducido por Federico Jiménez Losantos lanzou un novo dardo o colectivo gai. Este feito saca a relucir a contradicción na que caen diariamente os membros deste diario: onde se autoproclaman como “liberais”, amosan, no plano social, unha visión tremendamente retrógrada da sociedade, que nos retrotrae, en ocasións, ós mellores momentos do Réxime anterior.
O columnista Pablo Molina chama a celebrar o “Día del Macho” . Libertad Digital toma agora co colectivo gai.