martes, 13 de mayo de 2008

O cacique rancio


Baltar sorpréndenos moitas veces con eses ataques de sinceridade tan propios del que ten. Hai pouco afirmaba que el era un "Cacique rancio". Para os socialistas de Ourense estas declaracións non eran ningunha novidade. Só viñan a refrendar todas as denuncias que vimos facendo da súa política de amiguismo e enchufismo.
Ten que ser moi vergoñento para un militante do PP, que de verdade cre no seu partido ter por presidente do mesmo a un señor que é a antítese da modernidae na política, a antítese do futuro, a antítese do desenvolvemento.
Esta semana Carlos Montes, deputado provincial e alcalde do Carballiño ven de realizar varias denuncias sobre a política de contratación de Baltar que tiveron gran repercusión en todos os medios como: La Región, La Voz de Galicia, El País, Vieiros, A Nosa Terra, Ourensedixital,...
Aquí vos reproduzco a nota de prensa:
OS SOCIALISTAS SOLICITAN A PARALIZACIÓN DOS PROCESOS DE SELECCIÓN DE PERSOAL QUE A DEPUTACIÓN TEN EN MARCHA NESTES MOMENTOS

-“Non se entende que personas contratadas, supostamente, pola súa valía, obteñan puntuacións de cero nos procesos de selección de personal”.


Ourense, 12 de maio de 2008. O grupo socialista na Deputación provincial, presentou unha moción para o vindeiro pleno, instando a que se paralicen todos os procesos de selección de persoal que se están levando a cabo no ente provincial por ser de dubidosa legalidade e transparencia.

O deputado provincial, Carlos Montes, explica que “logo de facer un seguimento das probas de selección de persoal obsérvase que todas e cada unha destas probas, ao realizarse o primeiro exame, coincide que o número de aprobados é o mesmo que o número de prazas convocadas. Chama a atención que sempre hai unha persoa que saca unha nota moi elevada e o resto de aspirantes sacan un cero”.

Dende o Partido Socialista insisten en que “é curioso que gran parte das persoas puntuadas cun cero son traballadores en activo da Deputación, aos que Baltar mantén con contratos encadeados”.

Montes denuncia que “é sospeitoso que se estean a empregar traballadores afíns a Baltar para que se presenten ás probas de selección que convoca a Deputación, e xustificar así que a praza se dea a determinadas persoas. Senón é así, é difícil entender que persoas que, supostamente, son contratadas pola súa valía técnica obteñan puntuacións de cero”.

O pasado venres os socialistas denunciaban que Baltar estaba ‘preparando’ unha praza á medida da parella do portavoz do PP en O Carballiño. “Este non é un feito aillado –explica o deputado provincial- é un feito que se repite case a diario. En todos os procesos de selección convocados pola Deputación provincial pódense atopar centos de exemplos deste tipo. As prazas que se convocan ‘prepáranse’ a medida pero, ocorre o mesmo cos tribunais formado por técnicos que, por dubidosa casualidade son ou altos cargos do Partido Popular ou familiares destes”.

Os socialsitas aseguran que son moitas as probas que levan a desconfiar dos procesos de selección de persoal que leva a cabo a Deputación provincial, e a dubidar da súa legalidade e transparencia polo que agora solicitan que “ao igual que pasara antes das eleccións municipais do ano pasado, se paralice o proceso selectivo e se garanta a presenza durante o proceso de todos os partidos políticos e dos sindicatos con implantación na provincia”.

lunes, 12 de mayo de 2008

SALVAXADA con letras maiúsculas

Vedes este ANIMAL. Pois este ANIMAL que acaba de matar a estes gatiños e que se exhibe con eles ante un amigo que lle fai unha foto é un membro das Novas Xeracións do PP en Talavera de la Reina. Chámase Jaime Ferrero e foi candidato do PP nas pasadas municipais ó concello de Talavera de la Reina.
Espero que a parte da expulsión do seu partido, a este ANIMAL a Xustiza lle caía con todo o peso (que seguramente neste caso non é moito) enriba del.
Unha persoa que é capaz de facerlle esto a uns gatos indefensos, de que será capaz nesta vida?

Xa coñecemos esta vella historia

Outra vez máis... e van mil. Baltar volve a facerse a víctima e fai unhas declaracións dicindo que el non quere seguir áfronte do PP provincial se non o queren as bases. Tamén afirma que cando determinen que sexa o congreso, que se debería buscar candidato. Baltar Pumar, lembra que el non quere permanecer e que leva á fronte da "nave" popular 16 anos. Di que a el ninguén o vai facer inútil á fronte de de nada". Sen embargo, pese a manifestar que cre que o que teñen que facer é ir preparando a sucesión", o Presidente do PP en Ourense non descarta totalmente a súa continuidade no cargo, xa que, admite que estaría a disposición do que queiran", que sería moi reticente a volver a presentarse, e que só se me chaman e me piden auxilio.
Esta canción xa a coñecemos doutras veces, Baltar chorando para logo dicir que todos o queren, que vai facer un esforzo, que el non abandona esto e que segue adiante co PP de Ourense.
E para máis inri hoxe sae Ruiz Rivas dicindo que Baltar é un crack e que Ourense está marabilloso, e todo grazas a el.

En ano de fame, todo son piollos


Non saio do meu asombro. No PP todos os días nos sorprende alguén con algunha saída de ton. Os cementos que sustentan a Rajoy son cada día máis endebles. Aínda que el saia reelexido como próximo presidente do PP, nunca puido imaxinar que sería tan cuestionado por case todos. Hoxe Gustavo de Arístegui fai hoxe unha declaracións no xornal Público onde afirma que "moita xente me pediu que me presente". Houbo movementos para que se presentase Zaplana e incluso Rato. Sen esquecerse de Espe. Pero a última nova sorprendente con todo este proceso é a referente a María San Gil. A dirixente "popular" vasca era unha das encargadas da redacción da ponencia política de cara o seu congreso, e onte fixo público que abandoaba a súa redacción por grandes diferencias de criterio no seo da mesma. ë dicir, outra máis que choca frontalmente coas directrices da actual dirección. Se é que exite algunha dirección, porque dende hai uns meses está totalmente desaparecida.

Pistoletazo de saída para o XI Congreso

O sábado pola mañá celebramos en Santiago de Compostela o Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE. A orde do día xiraba en torno á convocatoria do XI Congreso do PSdeG-PSOE. Este vaise a celebrar do 25 ó 27 de xullo na capital galega.
Emilio Pérez Touriño, na análise da situación política actual, avanzou que “o Congreso debe ser unha convocatoria para o futuro, para a esperanza, para mellorar a posición de Galicia en España e no Mundo”. O Secretario Xeral pediu “un Congreso de debates, de propostas, un Congreso que profundice nas políticas de cambio” e apelou “ó compromiso, á xenerosidade, ó traballo, á valentía, á lealdade, á imaxinación e á cohesión do Partido Socialista”. Para o Presidente da Xunta o Congreso “debe consolidar a marea do cambio e completar a folla de ruta, o Congreso é órgano soberano que decidirá o futuro do partido e seguramente do pais para os próximos catro anos”. Touriño matizou que “o PSdeG-PSOE debe asegurar a convivencia entre todos os cidadáns, manter unha posición de centralidade no mapa político galego e afondar no compromiso de autoidentificación coa terra”.
Ó longo da súa intervención, Pérez Touriño lembrou que o 19 de Xuño se cumplirán tres anos das últimas eleccións autonómicas galegas, e que nas pasadas xerais, o PSdeG-PSOE obtivo máis de 750.000 votos, algo máis de 68.000 votos novos, e o 40,6% do apoio electoral.
No Comité Nacional Galego debatimos sobre o calendario precongresual, o peche do censo, os criterios de asignación de delegados e o proxecto de orzamentos
.

sábado, 10 de mayo de 2008

Baltar, o trileiro


Onte foi un día de bastante traballo para o Grupo Socialista da Deputación. Alfredo García

facía públicas contratacións de servizos irregulares por parte de Baltar na Deputación. Eladio Fernández comparecía ante os medios para denunciar que os vehículos da Deputación se sirven de gasoil nunha estación de servizo do tenente-alcalde de San Cibrao, a razón de 16 millóns de pesetas ó ano, sen que medie ningún tipo de concurso. Carlos Montes, acompañado de Laura Seara e Miguel Fidalgo desvelaban o mapa de enchufismo do PP na Deputación.

Se queredes ampliar a información podesde facelo nas novas que recollían algúns medios: La Región, La Voz de Galicia, Ourensedixital...

jueves, 8 de mayo de 2008

Un paso adiante con valentía

Onte compareceu María Teresa Fernández de la Vega, vicepresidenta primeira do Goberno, ante a Comisión Constitucional do Gongreso e alí esbozou o que van a ser as liñas mestras do Goberno nesta lexislatura. Unha lexislatura que se albisca reformista.
Estou moi esperanzado porque dunha vez por todas se afronten reformas serias como a da Lei de Liberdade Relixiosa para avanzar na laicidade do Estado ou a Lei Electoral buscando o consenso e un gran acordo(que aínda que a nós non nos vai mal perxudica gravemente a outros partidos políticos).
No tocante á Lei de Liberdade Relixiosa vaise a procurar traballar na condición laica que a Constitución lle otorga a España recoñecendo os dereitos dos agnósticos. Tamén se ten a intención de non discriminar a outras confesións distinta da Católica.
Vaise abordar a reforma da Lei do aborto, tema de unha gran importancia para favorecer a liberdade das mulleres e porase a rodar a Lei Integral para a Igualdade de Trato e Contra a Discriminación.
En fin esta promete ser unha lexislatura moi valente no reformista. O cumio de todo esto sería se se dese conseguido a reforma da Constitución no tocante ó Senado, á Sucesión e as relacións coa U.E.
Creo que esto promete, xulgaremos en catro anos.



martes, 6 de mayo de 2008

Campaña de obxeción á financiación relixiosa. Declaración IRFP

Se te queres facer obxetor á financiación relixiosa na campaña da declaración do IRPF podes atopar información de interese na web de laicismo.org, porque aínda que ti non marques o X da Igrexa Católica un 0,7 % da túa declaración irá parar os seus petos.

O avisPPeiro


Creo que a Rajoy lle quedou a man presa dentro do avisPPeiro. Ó mellor Espe bótalle unha man para que non o piquen a avespas.

Ata onde chega a renovación do PP

Aquí pódese ver perfectamente a liña trazada por Mariano Rajoy de ata onde chega o límite da renovación no Partido Popular.

O futuro dos Aznaristas

Para que falar...

Que se vaia Mariano....

Onte caiu unha peza máis do tableiro de xogo do PP. Foi Acebes, o gran mintirán dos días posteriores ó 11-M. O PP de Aznar comeza a diluirse. Desapareceu Rato, Trillo, logo Zaplana, agora retíraseAcebes. Xa só queda que se vaia Rajoy.
O gran problema do PP ata o de agora é que non foi quen de facer un novo equipo sen seguir á sombra de Aznar. Nunca puiden entender como Mariano Rajoy seguiu conservando esa á tan dura e reaccionaria da dereita española ó seu carón. Creo que ó non haber sabido mover ficha neste terreo lle ten suposto un custo execsivo na súa carreira. Agora vai deixando dun en un a todos os aznaristas (porque á verdade é que non se van eles, bótanos). Pero creo que xa é damasiado tarde para o cambio de look.
Agora mesmo na cúpula do PP só queda un gran seguidor de Aznar, e este é Mariano. Tócalle o turno de retirarse se quere que no PP cambien os modos e as caras.
Mariano Rajoy foi, é e será sempre o home que designou o dedo de Aznar, por moito que agora vaia a un congreso dentro do seu partido. Xoga con ventaxa, xa que el trae catro anos de rodadura á fronte do seu partido, pero gracias a ese xeneroso dedo.
O que tamén temos claró é que se o PP quere cambiar o rumbo e ir cara á moderación o seu futuro non pasa por Espe con Pedro J. e Losantos de asesores.

viernes, 2 de mayo de 2008

Grave crise no sector lácteo


Humor gráfico de Dávila no xornal Faro de Vigo sobre a grave crise que está a sofrer o sector lácteo.

Témome unha subida inminente da factura de Telefónica


Non sei por que pero dame no corpo que en pouco tempo van subir as tarifas os de Telefónica. A vós non vos pasa o mesmo?

Celebración do 1º de maio

Fotografía "roubada" do blog de Lalo.

Onte saímos a celebrar o día dos traballadores con unha ofrenda floral conxunta de UGT e do PSdeG-PSOE no busto de Pablo Iglesias, para logo asistir á manifestación conxunta de UGT e CCOO.

Sobre a celebración planeaba a triste nova de que onte pola mañá falecera un obreiro en Carballiño, pai dunha compañeira socialista do Concello de Maside.


jueves, 1 de mayo de 2008

Barondojo xa está na rede. Benvido Nel

Xa temos na rede un novo blog dun compañeiro socialista de Ourense, trátase de Nel. Se queredes pasar a visitalo non tedes máis ca ir ó Barondojo. E non vos confundir con Barón Rojo.

miércoles, 30 de abril de 2008

Tertulia en Telemiño



Hoxe fun invitado a participar na canle local Telemiño, no programa da Tertulia. Compartín mesa con Eloina Núñez do Partido Popular e Rafael Fernández de Por un Mundo máis Xusto.

Falamos un pouco de todo, pero na maior parte sobre o cambio nas grander infraustructuras que está a desenvolver a provincia dende a chegada do PSdeG-PSOE ó goberno da Xunta de Galicia.

Foi unha experiencia moi grata.

martes, 29 de abril de 2008

Estudio informativo de impacto ambiental da conexión da OU-536 coa N-120

Hoxe o Diario Oficial de Galicia publica a asistencia técnica para a redacción do estudo informativo e impacto ambiental da obra: nova estrada de conexión da comarca de Trives coa estrada N-120 que servirá para conectar as comarcas de Caldelas e Trives coa estrada que transcorre ó carón do Sil e coa futura autovía A-76, vaia por onde vaia.
Esta é unha boa nove que significa a boa vontade da Consellería de Obras Públicas para que os nosos concellos estean ben comunicados.
Posiblemente nos próximos días haberá máis novas boas relacionadas coas estradas de Castro Caldelas, pero xa vos irei comentando todo ó seu tempo.

Obras en Castro Caldelas


Nestes próximos días comezarán as obras de renovación da rede de saneamento de Castro Caldelas. Que todo hai que dicilo, facíalle boa falta. As obras van a ter un custo de 163.000 euros e servirán para evitar as contínuas roturas das actuais tuberías de fibrocemento. Ademais, estas tuberías vellas está demostrado que non é o mellor sistema de conducción de augas para consumo humano.
Estarán as rúas da vila algún tempo levantadas para a mellora da rede, pero que todo sexa polo beneficio das veciñas e veciños de Castro Caldelas.
Esta obra intentouse, dende o Concello, poñela en marcha en varias ocasións co anterior goberno do PP na Xunta de Galicia e foi imposible. Agora, gracias a que o novo Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Pachi Vázquez, ten un especial coidado en poñer en marcha obras verdadeiramente necesarias pódese levar a cabo esta mellora.

Goodbye Edu

Vaise Zaplana. deixa a política para ir a Telefónica Europa.
Como se dí por ahí habitualmente que "Vaia con Deus". Creo que non o habemos extrañar moito. E o día en que se una a el Acebes habemos durmir todas e todos un pouquiño máis tranquilos.
Imos ver se esto serve para que o PP cambie o rumbo e se faga un pouco serio e menos barrulleiro.
A todo esto e por se non vos lembrades, este home pasará á historia da política española por aquela frase de "Estoy en política para forrarme"
¿Que será agora dos locais de Raios UVA que había preto do Congreso dos Deputados?. Esto si que é unha crise do sector ;)

viernes, 25 de abril de 2008

"Mellor ocuparse dos transportes que dos homosexuais"

Non vos espantedes polo titular. Non é unha reflexión miña como podedes imaxinar. É a última lindeza do heroe da dereita española, Silvio Berlusconi.
Cada día supérase máis. Podedes ver a noticia enteira aquí.

jueves, 24 de abril de 2008

Señor cura, señor cura, ¿xa podo morrer?

Hoxe despertei aterrorizado ó poder escoitar na SER que Esperanza Aguirre permite que os curas participen nos comités de cuidados paliativos. Despois falaba deste tema con Juan José Monedero, o noso flamante Delegado de Sanidade en Ourense e él dicíame que no Comité de Ética de Paliativos do Hospital de Ourense houbo un cura, pero non por ser cura, senón por ser un experto en biopética. Non vou eu agora a ser quen de discutir quen é experto neste tema ou non, e se Monedero me dí que este señor sabe moito do tema, "bendito" sexa.
Pero o tema de Aguirre e da sanidade en Madrid ten tela, e máis co que ven de atrás polas supostas sedacións en Leganés.
O Conselleiro de Sanidade madrileño xustifícase dicindo que os curas non poden intervir nas decisións clínicas sobre dar ou non sedación terminal a un enfermo, practicar un aborto a unha muller denunciada que non denunciou ou decidir se se reanima ou non a un bebé con malformacións na unidade de neonatoloxía. Pero, é que faltaría máis. Só faltaría que poidera decidir un cura por un médico.
O desta señora, a "lideresa", como lle gusta que lle chamen, é algo inaudito, algo esperpéntico e algo que ataca á moral de todas e todos (non só dos ateos).

miércoles, 23 de abril de 2008

¿Liberais, Conservadores, Socialdemócratas? Non, en Beade o PP é Franquista


VERGOÑA, VERGOÑA, VERGOÑA E MÁIS VERGOÑA. VERGOÑA ALLEA.

Esto foi o que sentín onte á mañá logo de asistir á celebración dun pleno no Concello de Beade. Os nosos concelleiros do PSOE neste municipio do Ribeiro levan meses e meses pedindo ante todas as instancias que obriguen ó alcalde a cumprir a Lei e a convocar as sesións plenarias. Como este se nega solicitaron un pleno extraordinario para debatir a retirada da simboloxía franquiesta das rúas de Beade e que se cumpra a Lei na convocatoria dos plenos.

Xa conseguiron algo, que é que convocara un pleno extraordinario. Nunca convocara ningún dende que accedeu á alcaldía nos anos 70.

Pero o máis patético do pleno é que Senén Pousa non se atreveu a debatir, só nun par de ocasións insultou ós concelleiros socialistas.

No pleno ocorreu algo inaudito. O secretario facía de alcalde, porque segundo dixo tiña unha delegación deste.

No tocante ás convocatorias dos plenos non lle deu a palabra á oposición porque xustificou que non había lugar e respecto o cumprimento da Lei da Memoria Histórica baseouse nun artigo dun xornal que dicía que a Lei só a tiña que cumprir o Estado, e que as demais administracións só se lle recomendaba.

Algo inaudito e esperpéntico. Pero o pior de todo foi ver a un secretario en actitude chulesca e desafiante facendo de alcalde.

Ante este feito e visto que o PP anda a escoller os compromisarios para o seu próximo congreso, os de Beade ¿serán do bando liberal, socialdemócrata ou conservador?

A resposta está clara: Son do bando Franquista. Pero non só eles senón tamén os seus dirixentes que os amparan e defenden en vez de chamalos ó orde.

De verdade, esto é de vergoña.

Acto de promesa dos cargos do Goberno. Unha decepción

Xa me ten pasado varias veces que charlando con algunha xente que lee o meu blog me tacha de ser moi condescendente co goberno do PSOE e ser moi pouco crítico. A verdade e que se non fago máis crítica e que non vexo moito que criticar. Estou moi orgulloso do meu partido e das personas que dentro del me representan e nos gobernan.
Pero desta vez vou romper a tónica reinante no meu blog. O outro día ó ver o acto de promesa de Zapatero e do grupo de ministras e ministros que nomeou leveime unha enorme decepción.
A Constitución Española di no seu artigo 16.3 que ningunha confesión terá carácter estatal, se ben é certo que tamén di que os poderes públicos tenrán en conta as crenzas relixiosas da sociedade española e manterán as consieguintes relacións de cooperación coa Igrexa Católica e as demáis confesións.
Entón tomando este artigo como base, ¿que pinta un crucifixo enriba da mesa e ó carón da Constitución para a promesa dos cargos no Goberno. Se o noso Estado é aconfesional, non ten por que estar no acto solenme unha insigna de ningunha relixión. Sei que haberá quen diga que ó mellor é que o Presidente e os/as seus ministros/as son todos católicos (que pode ser aínda que non o crea), pero é que nin así, porque este non é un acto persoal, é un acto no que están representando a un Estado, a un Estado aconfesional.
Eu son ateo e republicano, pero respecto e acto a Constitución Española que di que este é un Estado no que o Xefe de Estado é un Rei. Nunca se me ocorrería prometer pola República, nin coa bandeira tricolor, nin co hinmo de Riego, porque estou ante un acto no que se esixe respectar uns valores colectivos. Pois logo, eu esixo que se este é un Estado aconfesional no que non prima unha relixión sobre outra, ou sobre ningunha, ninguén ten por que facer alarde de sinmboloxía cristiá nun acto colectivo que nos representa a todos/as.
Onte estiven no despacho dun alcalde, que tras del colgaba un crucifixo. Díxenlle non entender que facía alí tal elemento e a resposta del foi que a xente maior lle gustaba. Creo que se poden ter argumentos de máis peso para defender unha determinación, pero dende logo ese argumento non tiña peso ningún.
Se este é un Estado aconfesional, esixo que cumpramos a Constitución ó igual que a teño que cumprir eu por ser un firme defensor dun estado republicano e ter que vivir e defender a un Rei que me é imposto pola mesma constitución.


domingo, 20 de abril de 2008

Mira ben onde pos o X

Cando vaias a facer a túa declaración da renda, mira ben onde pos o X.
Podes contribuír ós fins sociais de moitas asociacións sen ánimo de lucro

Cea Socialista con Elena e Emilio


Onte por fin foi o día. As socialistas e os socialistas da provincia de Ourense reunímonos para celebrar os asombrosos resultados que acadou o PSdeG-PSOE na nosa provincia. O ágape estivo predidido polo noso Secretario Provincial, Pachi, o noso Secretario Xeral, Emilio e pola nosa Deputada e Superministra Elena.

Antes de cear pronunciaron os tres unhas palabras de agradecemento á militancia, ós/ás simpatizantes, e sobre todo a todas aquelas persoas que sen ter nada que ver co noso partido nos deron o seu apoio nos pasados comicios.

Foi un chamamento á unidade e o traballo e un recoñecemento a todas e cada unha das agrupacións locais polo meritorio traballo levado a cabo.

Na cea non faltou, practicamente ninguén: concelleiros, alcaldes, diputados, senador, delegados, e sobre todo militantes. Eramos máis de cincocentos.

Dende Santiago tamén se achegaron Blas, Eva e Víctor para axudar na organización do evento.



Na primeira foto estamos a xente que traballamos na campaña (faltan algúns) con Elena. De esquerda a dereita: Bea, Pili, Conchi, Antía, eu (Eladio), Nel, Elena, Iria, Lalo, Isabel e Susana.

Na segunda foto estamos de charla Elena e máis eu controlados por Tito (seu irmán), Conchi e Isabel.
Por certo, no intre da foto, aínda que o poda parecer, elena non me está ofrecendo ningunha Dirección Xeral, ;).
Bueno, bromas aparte, este foi un acto de unión entres todas e todos os socialistas e un gran recoñecemento ó esforzo de toda a xente que botou unha man na campaña electoral. Agora, e aínda que pareza que non, xa estamos inmersos noutro proxecto, as eleccións autonómicas de 2009, que están ahí á volta da esquina.


viernes, 18 de abril de 2008

Unha tarde marabillosa

Hoxe non vos vou a falar de política. Vouvos a falar dunha tarde marabillosa.
Cando facía a miña vida en Castro Caldelas soía saír bastante coa bicicleta de montaña polo monte, pero dende que me trasladei a Ourense deixei a bici esquecida. Non hai moito comecei a darlle uns pequenos arranxos e estes días estiven empezando a probala de novo, saíndo sobre todo cara a zoa de Pereiro de Aguiar. Onte facía unha "mala tarde", unha desas tarde con algo de frío, bastante vento e choiva de seguido. Pero a min encántame que chova, e onte xuntei a bici coa chuvia e estiven facendo unha ruta de quince quilómetros ó carón do río Miño.
O paseo que hai ó lado do ríoé todo un luxo que xa lle gustaría a moitas cidades telo, pero soe estar ateigado de xente. Pero onte non, onte era todo para min. En toda a tarde non me crucei con máis de seis ou sete valentes. Este roteiro pasa ó carón de varias fontes e piscinas de augas minero-medicinais termais, algunhas brotan a case 70ºC. É unha pasada poder estarse bañando en auga quente mentres che chove encima, podedes apreciar nunha das fotos como hai xente metida na auga. Na outra foto vedes o río Miño moi crecido, debido as chuvias destes días. Nesta zoa, a pasarela de Outariz, o río soe ter 50 m. de ancho, pero onte tiña máis de 80m.

Se nos sodes de Ourense, recoméndovos que un día vos deades unha voltiña por esta zoa e que traiades o bañador para metervos nas pozas de Outariz, no Muiño, no Tinteiro, en Reza ou na Chavasqueira.

miércoles, 16 de abril de 2008

¡¡Viva a República!!

Memorable documental de ficción (ucronía histórica) sobre que houbese pasado en España se na Guerra Civil houbese gañado o bando republicano.
Ten momentos memorables.
Se o queredes ver completo buscade polo Youtube

Comida medioambiental


Hoxe imos celebrar unha comida en Valilongo (A Teixeira) co Conselleiro de Medio Ambiente, Pachi Vázquez, e o seu equipo. Imos asistir os secretarios comarcais de Valdeorras e Trives Caldelas, Alfredo García e eu, e ademais os alcaldes e portavoces socialistas das comarcas de Valdeorras, O Bolo, Trives e Caldelas. Imos intercambiar opinións sobre varios proxectos para a comarca e como non, tamén imos cotillear sobre que hai de certo deso de que se queren levar a Pachio para Madrid de Secretario de Estado de Medio Ambiente.

martes, 15 de abril de 2008

"Capitán, mande firmes"

"Capitán, mande firmes". Esta frase de Carme Chacón supón outro paso máis na igualdade en España entre homes e mulleres. E unha vez máis, foi Zapatero o promotor do nomeamento dunha muller á fronte do Ministerio de Defensa.
Non é moi común en Europa que unha muller estea á fronte deste ministerio, só ocorre en tres países. Pero nalgúns lugares de América e Asia esto sucede dende hai xa moitos anos.
Cando Chacón, ó carón de Alonso, pasaba revista ás tropas o facherío deste país bramaba. Que sexa muller dame iguaql, o que pasa é que.... Esta é a frase máis recurrida dos machistas recalcitrantes.
Son os mesmos que criticaban o nomeamento de Soraya Sáenz como portavoz parlamentaria do PP, os mesmos que critican a Bibiana Aído por ser nomeada Ministra de Igualdade, os mesmos que para criticar a unha muller política se fixan máis no seu pouco estilo para combinar as prendas coas que viste que a súa xestión á fronte do traballo encomendado.
O facherío está revolto, esta asustado, a onde imos a parar...
Pero o que se leva a palma é o malnacido de Jiménez Losantos. Sí, sí, malnacido. Eu non acostumo a empregar o insulto, pero hoxe estou cheo de aturar esa incontinencia verborreica que áe pola súa boca e só serve para sementar cizaña. Onte o altofalante dos bispos despachouse a gusto con Bibiana Aído chamandolle flamenquita entre outras cousas. Esta muller estivo levando con gran acerto a Axencia de Flamenco, e o sen vergonza de Losantos atízalle coa palabriña de flamenquita... Hai que ver, e aínda hai xente que segue a este paridor radiofónico de exabruptos.
Por certo, aquí vos deixo algunhas das lindezas verquidas onte polos columnistas ou periodistas dos medios de comunicación da dereita rancia española:
"¿Les parece poco que una flamenquita llegue a ministra del Batallón de Modistillas de ZP?" Antonio Burgos, columnista de ABC
"Para abastecer su gabinete de tías, Zapatero ha buscado debajo de las piedras"
Juan Manuel de Prada, columnista de ABC
"No sé qué habrá hecho Bibiana. Como no haya ganado algún torneo de peteneras"
Federico Jiménez Losantos, COPE
Nombrar a Aído parece "del Gran Hermano, no sé bien si orwelliano o televisivo"
Iñaki Ezkerra, columnista de La Razón