viernes, 18 de enero de 2008

O que dá de sí o tema de Rajoy e Gallardón (Viñetas)

Recopilación de viñetas de distintos medios de comunicación sobre a crise aberta no PP pola decisión de Rajoy (influenciado e presionado por Esperanza Aguirre e José María Aznar) de non incluir na súa candidatura por Madrid ás Cortes Xerais a Alberto Ruiz Gallardón.






































































jueves, 17 de enero de 2008

Rajoy volta da súa viaxe ó centro

Mario Rajoy chega de volta da súa curta viaxe ó centro. Xa volve a estar na casa que sempre foi súa. Aznar esperábao á porta para que se acomodase no lugar do que o ex-presidente nunca quixo que saíse: a dereita.
Agora cada quen no seu sitio.

Iván Puentes e a esquera volátil


De seguido reproduzco un artigo que o meu amigo Iván Puentes , alcalde de Fene, publica hoxe tanto no seu blog como no xornal A Nosa Terra. O título do mesmo é a esquerda volátil e está baseado nas teses do estadístico César Molina, as cales comparto totalmente, e das que xa se fixera eco o xornal El País nun artigo do día 11 de novembro do ano pasado.

Hai neste país a crenza de que o centro, ese terreo ideolóxico tan equilibrado, equidistante, equilátero, ecuánime... que se existise debería, por eslamiado, deixar de facelo, é o que decide o resultado das eleccións. En cada campaña vemos como as forzas de esquerda e dereita xogan a moderarse para captar o voto dos supostos cidadáns de centro, as estrelas vermellas desaparecen da propaganda do BNG e florecen os lemas bilingües, lexibles en galego e castelán, os do PP falan do país e do galeguismo no que non cren e o PSOE tradicionalmente ten centrado as súas campañas en temas asumibles para un amplo espectro ideolóxico.

Eu comparto a teoría do estatístico César Molina, que fala da “esquerda volátil” para referirse ó conxunto de votantes que pululan entre PSOE, IU, BNG no caso de Galicia, ou a abstención; cidadáns de esquerdas que rexeitan frontalmente ó PP, pero que teñen tamén unha actitude crítica con respecto ó PSOE. Para el, e para min tamén, son estes cidadáns, e non o centro, ós que deciden se en España goberna a esquerda ou goberna a dereita. As últimas eleccións xerais son unha boa proba, Zapatero gañou pola esquerda, falando de dereitos sociais, de igualdade de xénero e sexualidade, de non á guerra, de dereitos territoriais... O PP obtivo case os mesmos votos que nas eleccións do 2000, cando Aznar gañou por maioría absoluta, pero no 2004 perdeu, simplemente porque a esquerda se mobilizou.Polo tanto, a vitoria do PSOE nas xerais deste ano ou de calquera partido de esquerdas noutras eleccións, pasa necesariamente por elaborar e defender sen complexos un proxecto verdadeiramente progresista, que enganche a esa esquerda volátil e que cumpra co difícil obxectivo de facela votar, porque a historia nos di que cando a esquerda se mobiliza a dereita nunca gaña. O 9 de marzo eses cidadáns críticos de esquerdas terán, unha vez máis, a responsabilidade de decidir co seu voto ou a súa abstención, as dúas actitudes contan, quen goberna en España, o PSOE ou o PP, Zapatero ou Rajoy, porque máis opcións reais non hai. A esquerda, votando ou absténdose, elixirá Presidente.Mentres tanto, espero que os partidos non se dediquen a buscar o centro, porque é como o inferno, un lugar imaxinario ó que non temos noticias de que chegase nunca ninguén

"Benedetta Sapienza" (Benedicta Sabiduría)



Fágome eco dunha páxina italiana que está apoiándo ó movemento esudiantil da Universidade romana de La Sapienza.

Non sei se estaredes ó tanto de que Ratzinger pretendía visitar como Papa a Universidade máis grande de Italia para inaugurar unha capela e dar unha conferencia sobre a Igrexa e o Catolicismo. A raiz desta invitación, que fora cursada polo Rector Renato Guarini, iniciouse unha ola anticlerical comandada por estudantes e profesores, pero tamén apoiada por colectivos de gais, lesbianas, feministas, ateos, antiglobalización, secotres molestos co Vaticano, etc...

Finalmente o Papa decidiu non acudir a La Sapienza porque o movemento anticlerical, que en Italia estaba hibernado comeza a despertar con moita forza debido as posturas ultracatólicas e ultraconservadores que a Igrexa está levando a cabo. Podedes visitar a web da que vos falo, que se chama Indymedia Roma Node e aínda que está en italiano seguramente podedes comprender todo o que dí. Senón é así podedes visitar un dos múltiples traductores que hai na rede e axudaravos. Aquí vos queda o enlace a un deles worldlingo.

Para rematar só vós quería comentar que nun párrafo desta nova, de xeito moi gracioso, ven a anunciar a web italiana que Benedicto XVI logo de consultar ó Espíritu Santo declinou a invitación da Universidade. Pois nada que lle siga peíndo moitos consllos ó Espíritu Santo e que nos guíe ben neste Mundo a todos os ateos, agnósticos, apóstatas, laicos e outros bichos raros

Que animal

Pensei moito se colgar ou non este vídeo, pola brutalidade do mesmo, pero aí vós vai. Non é ningunha novidade, é o vídeo grabado polo veciño dun animal. Como animal refírome a Juan Lado, dono do can Ronny.
Este vídeo deu a volta a España hai un tempo. Nel pódese observar como o animal de Juan Lado lle dá unha malleira a Ronny, que logo morrería dunha parada cardio-respiratoria, e non da malleira (está é a versión oficial). Os veciños do animal Juan Lado saíron en defensa do seu veciño os días posteriores e apoiárono moralmente. O caso acabou na Xustiza e o animal de Juan Lado foi condeano a pagar 6000 euros.
Días despois deste caso de maltrato aun can, un grupo musical chamado Lyvon compuxo unha canción sobre este tema.
Bueno, pois a novidade é que agora o animal maltratador denuncia ó grupo por inxurias sobre a súa persoa e pide unha indemnización ó grupo de 6000 euros.
Xa vedes Juan Lado maltrata ó can, o grupo compón unha canción, todo o tema vai á Xustiza, e resulta que ó final o único que sae perxudicado pode que sexa o grupo Lyvon.
Dende aquí só me queda apoiar a este grupo por ter feito unha denuncia dos feitos mediante unha canción, mostrar a miña solidariedade coas sociedades protectoras de animais (que desenvolven un papel importantísimo para defendelos e axudalos), e por último só me queda dicir (aínda que non é moito o meu estilo): Juan Lado eres un ANIMAL.
P.D.:Agora estou a espera de que presente unha denuncia contra min pedíndome outros 6000 euros

miércoles, 16 de enero de 2008

O PP vira cara o centro



Xa o podedes ver, amigas e amigos. Imaxino que todo o Mundo estará enterado pola prensa da sorprendente nova coa que despertamos hoxe: O PP nunha gran xogada estratéxica co fin de restarlle espazo político ó PSOE entre os votantes de centro cárgase o último baluarte da extrema-dereita dentro do seo da súa organización: Alberto Ruis Gallardón.
Xa fixeran, hai un tempo, xogadas do mesmo tipo, botando a persoas como Piqué, pero agora carganse o representante da dereita máis rancia que lles quedaba.
Pola contra ganan penso dentro do Partido Populara xente máis moderada como Esperanza Aguirre, Zaplana, Acebes Pujalte...
Dende logo Rajoy non deixa de sorprendernos con estes golpes de efecto. Pero aínda falta o mellor, despois do 9 de marzo cando Gallardón presente a súa demisión como alcalde, as madrileñas e os madrileños serán gobernados pola gran científica Ana Botella. Sí, sí, ... a da teoría das peras e as mazás...
Pois nada a desfrutar todos e todas...

Carcharodon carcharias obispus


Queridos amigos e amigas, aquí podemos obervar ó temido tiburón branco, da suborden dos bispus(Carcharodon carcharias obispus) típico das nosas augas atlánticas e mediterráneas e que tan vastos van estes días.
Tamén podedes observar a un atrevido bañista ( a verdade e que me sona moito a cara del) desafiando a tan salvaxe e asasina fera.
Ata o día 9 de marzo os servizos de alerta de pragas marítimas advirten que é moi perigoso bañarse e incluso achegarse tanto as augas marítimas como as dos nosos ríos e regatos porque poderiamos ser atacado por unha destas feras que dunha dentada nos poderían matar. Pero tamén advirten que hai outra praga de bichos máis menudos, que non menos perigosos, que son os Carcharodon carcharias parrocus, dos cales hai polo menos un en cada vila ou aldea. Estes malos bichos cuspen un veneno que nos padecer a enfermidade da abortitis, a homosexualitis, a separation expres e outra clase de males moi perigosos. Así que amigas e amigos para acabar con esta praga só nos queda vacinarnos e non hai mellor vacina que a do Pesoe complex que poderemos adquirir en colexios electorais o vindeiro 9 de marzo ou días antes nas oficinas de Correos.
Tod@s a vacinarnos.
Viñeta de Gallego&Rey publicada en Inteviu

martes, 15 de enero de 2008

Festa dos Fachós. A festa das festas.



O día 19 de xaneiro celébrase en Castro Caldelas unha das festas máis chamativas e vistosas do panorama festivo de España.

Non vos vou a "matar" con explicacións das súas posibles orixes, nin cousas polo estilo. Só dicirvos que que se saiba é a súa 257 edicións (xa que hai documentación da mesma dende 1750). É unha festa que aínda que cadre pola semana reúne a milleiros de persoas vidos de todos os rincóns da xeografía galega e de moitos puntos de España.

É a festa do culto ó lume por excelencia. E unha cousa moi importante hai viño, queimada e chourizos a esgalla para todas e todos os visitantes.

Cousa moi importante: o que é a celebración dos fachós en sí, a súa queima, non dura máis de 15 minutos aínda que logo hai troula ata altas horas da madrugada, polo que é convinte estar puntuais sobre as sete do serán fronte o Santuario dos Remedios.

Quedades todos e todas convidadas a festa máis bonita do Mundo. A Festa das Festas. A Festa dos Fachós.

lunes, 14 de enero de 2008

O día 1 de febreiro Zapatero estará en Ourense


O día 1 de febreiro José Luis Rodríguez Zapatero acompañaranos a todas todos os socialistas da provincia de Ourense nun acto de precampaña que organizaremos dende o PSdeG-PSOE que organizaremos no Pavillón dos Remedios. Este é un acto moi importante xa que o Presidente do Goberno ven a respaldar a candidatura ó Congreso e ó Senado pola nosa provincia. É en Ourense onde os socialistas máis podemos contribuír a unha victoria da esquerda fronte á dereita xa que está en xogo un deputado.

Agora mesmo a correlación de forzar é de 3 a 1 a favor do PP, pero nestes comicios o PSdeG-PSOE pode acadar un deputado máis, aínda que non está tan fácil. Todo se vai a xogar por un "puñado de votos". Os que sí que non teñen nin a máis mínima posibilidade de obter representación no Congreso, pola provincia de Ourense, son BNG, IU, UPyD, etc..., polo que todo voto que sexa para estes partidos estará contribuíndo a que o PP poda obter un deputado máis e polo tanto que Rajoy teña posibilidades de ser Presidente de Goberno. Así que cada quen obre en conciencia e reflexionade sobre esto.

Dende aquí só me queda convidarvos todas e todos a que veñades escoitar en vivo e en directo a unha das persoas que máis enerxía positiva trasmiten e que de verdade cre no que dí. Estades convidados a vir a ver e escoitar a José Luis Rodríguez Zapatero, o da MIRADA POSITIVA

Presentación das candidaturas das provincias galegas

Onte asistimos no Hotel Monumento de San Francisco en santiago de Compostela á presentación das candidaturas do PSdeG-PSOE ó Congreso e ó Senado. Foi un acto para presentar as persoas que compoñen as candidaturas, pero tamén para presentar as liñas mestras das nosas propostas.

Como xa vos adiantara hai uns días contamos con dúas personas da comarca nas listas, Eva Méndez (suplente Congreso) e Paco Magide (suplente Senado).

Alí estivemos respaldando os nosos candidatos Elena Espinosa, Alberto Fidalgo e Miguel Fidalgo, pero tamén a Antón Louro (Pontevedra), Pepe Blanco (Lugo) e César Antonio Molina (A Coruña). Agora quédanos a todas e todos os socialistas explicar ben cales foron os logros que se acadaron co PSOE gobernando e cales serán os que se acadarán se Zapatero revalida o apoio maioritario dos españois e españolas, porque quen verían a España gobernada polo Acebes, Zaplana, Rajoy, Pujalte e compañía... Non o quero nin pensar

jueves, 10 de enero de 2008

Vota LAICO



Sei que non fago ben con esta entrada reclamando o voto para un partido en concreto cando aínda non comezou a campaña electoral. Pero quería darlle publicidade a este partido político de nova creación.

LAICO, Liga de Anacoretas de la Iglesia Católica de los Obispos, este é o novo partido que concurrirá as novas Eleccións Xerais de marzo de 2008. Aquí tedes a foto dos seus candidatos de retiro espiritual en Fátima para preparar o seu programa electoral.

Esto, que como podedes ver é unha broma, non o é tanto. Dende hai un tempo os bispos españois están a remexer na política española intentando segui coa súa cota de poder na sociedade e na política. Unha cota que cada día vai a menos. Hoxe desvélase nunha enquisa, que grazas a esa labor de achegamento cara a relaidade do día a día da nosa sociedade, a Igrexa Católica fai que xa non se bauticen o 43% dos cativos e cativas, que os sacramentos da comunión e da confirmación descendan en picado ano tras ano, que o 27% dos recén nados o fagan fora do matrimonio, que os matrimonios civís xa superen ós católicos en catro Comunidades, e todo esto mentres o 77% da poboación se segue a definir como católica.

Pois nada, a Igrexa xa só lle queda facer o que en Italia fai o cardenal Ruini, fundar un partido que estea en contra dos matrimoinios civís, os de parellas do mesmo sexo xa nin falr (a estes expulsalos do País), que estea en contra do aborto, do divorcio, da fecundación asistida, da eutanasia, da investigación con células estaminais, ... e ver en realidade cales son os apoios que lles brinda a sociedade española.

Eu alegraríame moito de que concorreran a uns comicios, por dúas cuestións. Primeiro, poder ver cal é en realidade a cantidade de xente que os respalda. E segundo, poder ver cal é a cantidade de votantes do PP, disfrazados de centristas, que apoiarían a un partido ultra-católico.

Dentro dun partido como o PP non poden ter cabida dende centristas e liberais a seudo fascistas e ultraconservadores. señores bispos fagan que os votantes quiten a súa máscara e acudas as urnas co seu partido ATEO xa.

Xenio e figura



José Miguel Monzón, licenciado en medicina e nacido en Madrid no ano 1955. Seguro que con este nome non sabedes de quen vós falo, pero si vós digo que se trata de "El Gran Wyoming" a inmensa maioría xa o coñecedes.
E a conto de que ven está entrada?, vós estaredes preguntando. Hai moito tempo que quería falar deste xenio e figura da comunicación e do espectáculo.
Hai moita xente que ten un libro de cabeceira na súa mesiña de noite do cal lee párrafos todas as noites. Coñezo xente que fai esto coa Biblia, co Quijote, con poemarios de Neruda ou Machado, con Sempre en Galiza ou incluso con Alicia no país das marabillas. Eu teño varios libros na miña mesiña, pero son libros que leo e logo van a estantería, nunca quedan para seguir lendo e sobrelendo. Agora mesmo por riba da miña mesiña teño a Divina Comedia, Anti-Moa e Hablemos de Dios, pero o acabar de leelos pasarán coma todos para a estantería correspondente.
Bueno pois agora acabo de decidir ter un "libro" de cabeceira. Pero máis que un libro vai a ser un conxunto de artigos que irei grapando, ou pegando, ou xuntado, ou que sei eu como facer... Os artigos do Gran Wyoming que publica, vaia a redundancia, no xornal Público.
Hoxe quero invitarvos a ler un, que creo que o pegarei cun pouco de cintacelo onde moitos de vos tendes colgado un Cristo clavado na cruz (non me tomedes esto a mal, nin como unha falta de respecto). Simplemente fago esto, porque este artigo define a miña Relixión ó pé da letra. Fago este artigo meu, porque é un reflexo fiel da miña maneira de pensar, punto por punto e coma por coma.
Agora xa só espero José Miguel Monzón funde unha nova relixión ou unha secta e irei abducido tras el ata o fin do Mundo. Aquí vós deixo un dos seus artigos e se o queredes seguir lendo mercado o xornal ou visitade o seu blog Asuntos&Cuestiones.
Se me ve el plumero
"Maldigo la poesía concebida como un lujo cultural por los neutrales, que lavándose las manos se desentienden y evaden”, decía Gabriel Celaya, poeta.
Algunos lectores me piden que sea neutral, ¿para qué? Quieren que sea otro. Pero, vamos a ver, ¿tengo cara de árbitro? Yo no soy objetivo, tengo una ideología y un sentido de la honradez que me inculcaron de niño, por eso me indignan las cosas que aquí escribo, y por eso no escribo lo que demandan mis detractores. Quieren que reparta a todo el mundo: para eso están los carteros. No, no soy igual que ellos. Es más, huyo de su bando aunque se vive mejor. ¡Ojalá tuviera una religión que me perdonara las fechorías con sólo desearlo! Es cómodo eso de que se limpie el historial de pecado con un gesto del confesor parecido al de los magos. A mí me lo hacían de pequeño y era cómodo, te dejaba nuevo, hasta que empecé a mentir en la confesión porque me daba vergüenza contarle a un señor metido en una cabina oscura si me tocaba el pito, o no, mientras me tenía abrazado. Me asustaba, en aquella circunstancia tan íntima, que el tema central de la conversación fuera, precisamente, el sexo, y los malos pensamientos que se pretendían evitar. El camino hacia el confesionario me hacía sentir como caperucita yendo a llevar la merienda a la abuela. Dejé de ir. Me forjé una moral propia, firme. En ella me mantengo. No soy neutral. No soy equidistante. Desconfío de los que declaran vivir en el centro. No existe, es un lugar de paso. Hay que insistir en ello: los que afirman que en política son todos iguales mienten. Tienen sus favoritos. Son como los que dicen que ven la telebasura casualmente, cuando hacen zapping. Se avergüenzan de ello. Les comprendo. Yo no soy neutral, así no tengo que mentir."

martes, 8 de enero de 2008

Remata a Navidade e eu póñome malo do fígado



Poís sí, remata a Navidade, época de excesos culinarios que case sempre se paga cunha visita ó médico por algún tipo de doencia. Eu xa visitei o meu médico onte, pero foi por un problema que arrastro de atrás nun xeonllo. Tamén lle pedín que me fixera unha analítica, pero esquecinme de dicirlle que me mirase haber que é o que me pasa no fígado.

Vouvos a contar. Teño unha gran inflamación no fígado. Comecei a notar unha dor cando me enterei de que a xerarquía da igrexa católica en España ía convocar unha manifestación para defender a familia tradicional porque a vían amenazada. Pensei que non era nada, que era a típica dor que sempre me ataca ó fígado cando vexo a Rouco-Varela na televisión. Pero logo fun vendo como outros bispos e arcebispos, entre eles o ultradereitista García-Gasco (ese que non permite, en contra da Lei, que ninguén se declare apóstata. Outro día falareivos deste tema que tamén me atañe e me preocupa) se posicionaba e atacaba ó Partido Socialista polos avances postos en marcha nesta lexislatura no referente a igualdade de dereitos entre todo tipo de parellas,... e ufff.... a inflamación empeoraba, xa notaba un bulto por debaixo do esternón e entre as costelas que asomaba para afora. Logo comecei a ler as declaracións de Antonio Cañizares, cardenal primado de Toledo- "La familia es la institución social más valorada, pero está siendo sacudida en sus cimientos por graves amenazas, incluso con legislaciones inicuas e injustas" e o meu fígado ía a pior. A estas alturas a bilis xa non me cabe na súa vesícula e comezame a encharcar o meu órgano hepático, pero é máis, non sei como pero á bilis xa me chegou o esófago e está facendo o camiño ó reves que fan os alimentos dentro do meu organismo. Nestes intres estame a chegar á boca e o sabor é insoportable.

Dentro do meu partido hai, segundo estudios, un 25% de católicos, un 50% de persoas que se atopan preto do católicismo pero que non son practicantes e un 25% de agnósticos. Este dibuxo corresponde de maneira moi semellante co da realidad da poboación española. Entón está claro que ningún grupo se atopa en posición de intentar impoñer nada ós demais. Tomo nota, e tamén me aplico o conto.

Pero logo desta análise, eu pregúntome: É lexítimo que un grupo fundamentalista de bispos, que non representan nin tan siquera a toda a igrexa católica intenten impoñer as súas teses retrógradas a toda a sociedade? É lexítimo que unha confesión relixiosa que se atopa en clara ventaxa e privilexios sobre as demais intente que un Estado se identifique unicamente coa súa maneira de entender á sociedade? Eu creo que a resposta rotunda e taxante é que non. Creo que un Estado debe de dictar as Leis e as Normas para todos e todas e que nunca se pode deixar levar por unha confesión relixiosa.

Estes días o arzobispo de Madrid queixouse de que en España retroceden os dereitos humanos, cando o Estado Vaticano non ten asinado moitos dos tratados das Nacións Unidas sobre o tema. O de Valencia lamentouse de que peligrara aquí a democracia, cando eles nin a admiten na súa organización, nin nunca fixeron senón obstaculizala en España. E o de Toledo sostivo que "la familia debe ser la primera prioridad mundial" porque "es lo mejor que tenemos", cando el e todos os demais bispos a eliminan de sus vidas. Seguir crendo nestes guías espirituais non é ter fe en nada, é únicamente caer nunha máis que lamentable credulidade, unha ignorancia ou menosprecio das múltiples advertencias de Xesús contra os fariseos, un grave perxuizo e unha moi perigosa ameaza fundamentalista contra a convivencia entre todos e todas as cidadanas (Fago miñas case ó pé da letra estas palabras de Luis Serrano Rubio deixadas nuns cometarios do xornal El País).

Teño que dicir que creo que o meu partido, o PSOE, non foi nesta lexislatura todo o valiente que me gustaría que fose neste sentido. Cóstame dicilo, pero é o que creo. Paréceme que se tiña que ter revisado o Concordato e que non se debería de haber feito a reforma do IRPF como se fixo, xa que creo que prima a Igrexa Católica, e unha confesión relixiosa débena de manter única e exclusivamanete os seus fieis. Pero dito esto, sigo a apoiar fielmente as posturas do PSOE, porque sei que non todo o mundo dentro dos Socialistas está dacordo cos meus plantexamentos.

De todas maneiras, e como remate, xa que me estou extendendo máis do que me gusta só me queda dicir que o PP debería abndonar a súa postura cínica e dicir se cando chegue o día en que a cidadanía española lle dea a oportunidade de gobernar vai derogar a Lei do Divorcio, a do Aborto, a da Igualdade, a do Matrimonio entre persoas do mismo sexo, etc... Se o van facer que o digan, e se non o van a facer que tamén nolo digan. Que Rajoy deixe de xogar a ser ambigüo.

Espero non tervos aburrido moito, pero este, o da relixión é un tema que me apasiona moito e fai que teña un discurso moi vehemente e cheo de paixón

domingo, 30 de diciembre de 2007

Uns días de descanso



Ídesme a permitir que me tome uns días de descanso. A verdade é que lles tiña moitas ganas. Nestes últimos días no Grupo Provincial Socialista da Deputación tivemos bastante traballo preparando o debates dos Orzamentos do 2008, e logo no Partido andivemos a preparar as candidaturas ó Congreso e o Senado para as vinceiras eleccións do 2008. Tanto nunha como na outra van ir como reservas dous caldelaos. Na da cámara alta irá Paco Magide (alcalde de Parada do Sil) e na da cámara baixa irá Eva Méndez (coñecida como a Eva de Correos). A composición das listas será a seguinte. Congreso: Elena Espinosa (Ministra), Alberto Fidalgo (actual deputado), Antía García (de Xuventudes Socialistas) e Juan Carlos Francisco (portavoz municipal en Verín. Senado: Miguel Fidalgo (Secretario Provincial de Organización e Asesor do Conselleiro de Medio Ambiente), Elvira Lama (Concelleira en Xinzo de Limia) e Alfredo Vázquez (portavos municipal en Celanova). O venres aprobamos as candidaturas por aclamación (había moito tempo que esto non sucedía) no Comité Nacional do PSdeG-PSOE do que formo parte. Pois nada, agora espanor un montón de traballo para preparar a recta final da vindeira campaña así que toca un descansiño coa miña parella polo sur. Estaremos por Córdoba, Granada, Sevilla e Málaga. Vémonos á volta, e feliz aninovo para todas e todos.

viernes, 28 de diciembre de 2007

Esto non é unha inocentada, aínda que poda parecelo


Onte quedeime atónito e estupefacto ó ler a entrevista que unha periodista do xornal La Opinión de Tenerife lle fixo ó bispo de dita illa. Entre outras lindezas obsequiounos con algunhas como que a homosexualidade perxudica ás persoas e a sociedade ou veu a xustificar a pederastia porque hai cativos que provocan.
“Se te descuidas, provócante”. Así falaba dos cativos de 13 anos (¿cantos terán pasado polas súas mans?). O bispo de Tenerife, Bernardo Álvarez, xustifica deste xeito a orixe dundelicto, os abusos sexuais a menores. Considera a pederastia unha derivada da homosexualidade. “Non hai que confundir a homosexualidade como necesidade existencial coa que é practicada como vicio. A persoa [a] practica como pode practicar o abuso de menores”, sinala. O seu xuizo, este delicto nace da busca da “novidade” e convírtese así “nunha forma de sexualidade distinta”.
Mentres tanto o Vaticano exercendo a política do avestruz, escondendo a cabeza e non dicindo nada ó respecto. O que cala otorga.
Espero que o Defensor do Menor e a Fiscalía Xeral do Estado actúen de inmediato (non sei como aínda non o fixeron) ante este atentado contra os dereitos dos menores e os dereitos dos homosexuais.
Cada día que pasa síntome máis orgullosos de ter iniciado o camiño da apostasía (aínda que teño as miñas guerras coa Igrexa, que non me quere recoñecer tal dereito) e non ser partícipe en absoluto de todo este colectivo que o único que fixo ó longo da Historia foi enganar e manipular á Humanidade para poder manterse e perpetuarse no poder.
Seguro que os do PP faran unhas declaracións na prensa estes días ó respecto, e como puiden ler nun comentario anónimo en internet: "¿A culpa? Pois da masonería, do ateísmo, do laicismo, dos roxos, dos comunistas, dos republicanos, dos socialistas, da SER, do País, do Público, dos moros, dos xudíos, dos pagáns, do secularismo, dos nacionalistas, da pérfida Albión, da Modernidade, da Ilustración, de Marx, de Nietszche, de Kant, dos homosexuais, dos ecoloxistas e sobre todo, máis que de nadie, de Zapatero".
Mentras tanto os bispos gardan silencio e van a volver a convocar unha manifestación con Rouco Varela á cabeza, e da man do PP, para facerlle a campaña á dereita baixo a tapadeira de "Concentración a favor da familia cristiana"
Menuda familia.

sábado, 22 de diciembre de 2007

O PP e a súa música


Non fai falta dicir nada máis.
Viñeta de Manel Fontdevila publicada no xornal Público.

jueves, 20 de diciembre de 2007

Cambio de chaquetas no PP lucense



Estes días víñase rumoreando nos mintideiros que Paco Cacharro Gosende, fillo de Cacharro (ex-presidente da Deputación de Lugo) acababa de fichar polo UPyD, ese novo partido que acaba de crear Rosa Díez que seica nin é de dereitas, nin de esquerdas, nin de centro, nin nacionalista, nin anti-nacionalista.... a verdade que non se sabe o que é.

Pero agora o que sí se sabe e que Cacharro Gosende acaba de romper o seu carné do PP e facer o da UPyD. A lectura que conleva esto é que Cacharro pai está detrás de todo este tinglado. É de todos sabido que o ex-caudillo do PP lucense está doido con todo o que teña que ver co seu partido, e está a facer todo o dano posible. Cacharro Gosende posiblemente sexa o cabeza de cartel do partido que non é nin de dereitas, nin de esquerdas, nin de centro, nin de nada...Ahí porase en movimento a poucaq maquinaria que lles quedas "os Cacharro" en Lugo, pero que o que é certo é que será para facerlle todo o dano posible a Barreiro (no seu día man dereita de Cacharro, e agora o seu pior inimigo).

De todos os xeitos eu dende aquí deséxolle o mellor a Caharro Gosende na súa andaina política (sempre e cando non lle faga moito dano ó PSdeG lucense, ;-) ) porque no político non sei, pero podo afirmar que no profesional e no intelectual é un bó activo.

O tempo dirá...

(Por certo a foto é do acto fundacional do UPyD en Lugo, sacada do blog de Vaqueiro, xornalista do diario El Progreso)

miércoles, 19 de diciembre de 2007

O titiriteiro



Escoitade o noso titiriteiro particular. José Luis Baltar, presidente da Deputación de Ourense e do Partido Popular na provincia. Con el, podemos escoitar a toda a súa troupe: Valladares, Baltar Jr. "El Nene" e Amparito. Un agasallo recopilatorio dos seus mellores momentos na Cadena Ser. Dende logo é patético.


Dous xeitos distintos de entender a política



Onte clausurábanse en Ourense unhas xornadas sobre "O futuro das Deputacións". Estaban invitados ó acto os catro presidentes das Deputacións ( Xosé Ramón Gómez Besteiro Presidente da Deputación de Lugo non asistiu por estar convaleciente) e poidemos escoitar os de Ourense e Pontevedra, Baltar e Louzán do PP, e o da Coruña Salvador Fernández Moreda do PSOE.
Logo eu e máis uns deputados provinciais tivemos o pracer de compartir mantel con Moreda e debater longo e tendido sobre cal ten que ser o futuro das Deputacións no século XXI. Foi unha mágoa que non poidera estar Xosé Ramón, co que hai unhas semanas compartimos un debate similar Alfredo García (alcalde do Barco de Valdeorras e portavoz do PSdeG na Deputación de Ourense) e máis eu en Lugo.
Houbo unha frase de Moreda que foi lapidaria sobre as Deputacións e o "san benito" que se lles colga sempre de que son uns entes caciquís. Moreda, sentado ó carón de Baltar, afirmou que as Deputacións non son caciquís, que caciquís poden ser as persoas que as gobernan, e nese intre xirouse e mirou para Baltar. Este acto seguido púxose colorado coma un tomate, xa que que nunha comparecencia ante os medios dous días antes acababa de recoñecer o que todos sabemos, que el sí que é un cacique.
Logo nunha intervención dunha persoa do público (unha empregada da Deputación) está dirixiuse a Moreda confundindo a institución da Deputación co partido no que militan ela e máis Baltar, o PP, e o presidente raudo e veloz espetoulle á rapaza algo así como "filliña, non me extraña que vos chamen caciques cando confundides o voso partido coa Deputación". Baltar xa non sabía onde meterse, e tanto é así que ó rematar as xornadas (que eran na súa "casa") desapareceu.
Nesta semana que ven, a ver se teño tempo, e pasa o pleno do debate dos orzamentos (que nos trae un pouco tolos estes días) e as asambleas do PSdeG para propoñer candidatos ó Senado e o Congreso e vós vou a facer unha comparativa daxestión das catro deputacións para que vexades que o que pasa nesta provincia é de órdago.

domingo, 16 de diciembre de 2007

Caciquismo igual a Baltarismo


Hai moitos anos que os socialistas da provincia de Ourense levamos denunciando as cacicadas que Baltar (presidende do PP provincial e da Deputación) comete todos os días. Levamos repetindo ata a saciedade que Baltar utiliza a Deputación no seu propio beneficio. Ten o triste récord de ter a Deputación máis endebedada de Galicia (ten máis débeda que orzamento, cerca de 80 millóns de euros). ten o triste récord de ter a Deputación que máis invirte en persoal (preto de mil persoas, case todos cargos do PP ou familiares). Ten o triste récord de ser presidente da Deputación que menos investimentos fai na provincia (menos do 10 % do orzamento e a metade do que gasta en persoal). Ten o triste récord de ser o presidente do PP máis sectarista que existe (todo aquel que non é da súa corda desaparece da política no PP ourensano).
Pois con todo este currículum e todas as tropelías que comete a diario, o PSdeG-PSOE de Ourense denunciamos día sí e día tamén quen é este personaxe. Pero Baltar sempre negaba que él era un cacique. Só o seu fillo (Xosé Manuel Baltar), que é deputado do PP no Parlamento Autonómico o recoñecía en público e dicía que o caciquismo era bo para a provincia de Ournse.
Nesta semana Baltar trocou o discurso e por fin recoñeceu o que todos sabiamos. Recoñeceu que el era un cacique ó estilo deo século XVIII (eso sí acto seguido apostillou que o BNG e PSOE máis). Como pasa co psicólogo, xa avanzamos algo, posto que o primeiro paso é recoñecer o problema. Baltar xa non nega que é un cacique. Agora xa só lle queda pedir perdón a todos os ourensanos e ourensanas e irse para a casa, porque a nosa provincia non merece que nos estea gobernando un cacique. Xa non vale a xustificación que sempre dá de que a xente o vota. En democracia non todo vale e non se pode permitir que a provincia de Ourense, unha das máis atrasadas de España estea gobernada por un especimen desta calaña.
O día seguinte ó número dous do PP galego, o Sr. Rueda saíu na defensa de Baltar, ante a chuvia de críticas que lle estaban a cair por parte do PSdeG, e xustificouno como que "A Baltar hai que entendelo". Semella o caso de cando un rapaz che sae torto e o pai dí "Claro, pobriño, hai que entendelo".
Estamos fartos de estar gobernados polo último cacique de España, por este que entre os seus alcaldes ten a franquistas, señores do PP, polo ben do seu partido, da democracia e da nosa provincia fagan que o último CACIQUE se vaia para a casa.

jueves, 13 de diciembre de 2007

Manda "güevos"


Pois sí, manda "güevos" como diría Trillo. Onte soubemos da nova de que nesta próxima campaña electoral haberá dous debates (a falta dun) entre Zapatero e Rajoy.
Paréceme moi boa idea que os dous líderes das principais forzas políticas de España aceptasen debatir entre eles.
Pero hai algo desta nova que me deixou perplexo e anonadado. Agora resulta que Rajoy non quere debatir en TVE. Polo que el di non é terreno neutral. Non recordo en toda a democracia unha televisión pública máis neutral. Non o foi así nin con Felipe nin con Aznar. Ó mellor Rajoy ten como modelo de televisión pública plural e independente á Telemadrid de Espe.
Manda "güevos" con Rajoy, el que se valeu de U.R.D.A.C.I. para intentar manipularnos a todos nas vésperas das últimas Eleccións Xerais ven a gora dicindo que el non debate na televisión pública española.
Creo que o Mundo se volveu do revés.

miércoles, 12 de diciembre de 2007

Aínda que pareza incrible, esto é verdade



Estes días ven de dimitir como deputado provincial polo PP en Ourense Senén Pousa, alcalde de Beade. O motivo da súa dimisión é deixarlle paso na institución provincial a Rogelio Martínez, alcalde de Arnoia. Este último presionou a presidenta dunha mesa (por certo muller dun concelleiro do PP e empregada na Deputación de Ourense) para que cometera irregularidadesnas nas eleccións municipais do seu concello. Como consecuencia a Xunta Electoral Central ordenou repetir as eleccións e polo tanto a Martínez non o deixaron optar a formar parte da Deputación.
Pero, ó que ía. Senén Pousa é moi coñecido por ser franquista e añorar o réxime totalitario de Franco. Non o esconde, senón todo o contrario, alardea delo. Ata hai ben pouco tiña unha misa polo dictador todos os anos en Beade (ata que se enemistou co cura). Pois o último venres de setembro tivemos na Deputación un Pleno no que el presentaba a dimisión. No apartado de rogos e preguntas o compañeiro Nacho de Ribadavia pregoulle o Presidente da Deputación que fixera o necesario para que Senén Pousa acatase a Lei de Memoria Histórica e lle cambiase o nome á rúa principal de Bede que se chama "Calle del Generalísimo". A primeira reacción de Senén Pousa foi levantarse do seu escano e espetarlle ó compañeiro do PSOE: "Paiaso, eres un paiaso". Logo cos ánimos máis calmados o Presidente da Deputación e PResidente do PP en Ourense, José Luis Baltar dixo que el non o ía instar a nada xa que a Lei aínda non entrara en vigor e que había algúns do BNG que non colocaba as bandeiras de España nos seus concellos.
Pois nada amigos, aí tedes na foto a Senén Pousa, en segunda fila á dereita, un home de centro e conciliador onde os haxa, detrás doutros dous homes de centro Alberto Núñez (presidente do PP en Galicia) e Mariano Rajoy (presidente do PP en España) que non teñen o valor suficiente xa non para instalo a que cumpra a Lei de Memoria Histórica, senón para esixirllo. Como un partido como o PP, que moitas veces se define como moderado e de centro pode consentir que nas súas filas haxa elementos coma este que se enorgullecen dos anos máis tristes e máis escuros da Historia de España.

jueves, 6 de diciembre de 2007

Varios días de inactividade (ou vagancia)



Levo varias días sin escribir nada no blog. En parte debido a actividade no traballo, que me absorve gran cantidade do meu tempo, pero en parte tamén a un pouco de vagancia.

E o certo é que estes días ocorreron cousas de gran importancia que me gustaría comentar. A primeira delas, e máis importante, o vil asasinato de dous Gardas Civís en Francia. Outra vez volve ETA a empregar "a razón" das súas balas para convencernos a todas e todos de que as súas teses son as mellores e están no certo.

Dende aquí quero mostrar toda a miña solidariedade coas familias destes dous mozos que foron branco da sinrazón dunha xente que non sabe que neste mundo xa só valen as palabras e a política para defender argumentos distintos ós demais.

Parabéns para a Xendarmería francesa e os corpos de seguridade españois polo rápido apresamento de dous dos tres presuntos asasinos.

Creo que a partires de hoxe, e despois de que ANV non condenase este vil atentado, só cabe que o Estado poña en marcha toda a súa maquinaria en marcha para iniciar o procedemento de ilegalización desta formación, o igual que a do PCTV. Hoxe, e cos acontecementos que teñen pasado nos últimos meses (negociacións con ETA, ruptura da tregua, atentados, asasinatos...), non ten cabida xa que haxa algúns que non condenen estes actos. Tampouco o Estado se pode deixar guiar pola demagoxia oportunista e electoralista do PP e ilegalizar ós partidos ó día seguinte. Temos que deixar actuar á Fiscalís e os xuíces, e se hai probas suficientes que a Xustiza dicte sentenza.

Tamén teño que falar dun tema que me parece penoso. O outro día na concentración de repulsa a ETA, un grupo de "centristas" de Falange e do PP estiveron insultando e increpando a varios dirixentes socialistas, pero especialmente a Pedro Zerolo, chamándolle entre outras lindezas maricón.

Imaxino que Zerolo tivo que pasar un moi mal momento, mentres case todos os dirixentes do PP estiveron calados sen arroupalo, tan só o vice-alcalde de Madrid tivo agallas de defendelo.

Logo nunha manifestación (moi reducida, parece que xa só saímos á rúa para protestar polos manitromios gais, pola asignatura de educación para a cidadanía, ou cousas así) enfrontáronse persoas de dereitas e de esquerdas. Esto é o último que podería acontecer nunha manifestación de repulsa contra ETA. A estes actos vaise a protestar contra ETA e non contra a política de Zapatero ou as declaracións de Rajoy. Por primeira vez en catro anos parece que o PP e o PSOE estamos dacordo en saír á rúa xuntos por algo, e hai xente que se dedica a increpar ós que pensan distinto ca eles, pero sempre dentro do marco democrático. É de vergoña.

Só espero que sexa detido, canto antes, o terceiro membro de ETA que está implicado no asasinato e caía sobre el e os seus dous compinches (un deles aparece na foto do inicio) todo o peso da Lei.